Cando chegamos a Pontevedra, o autobús deixounos na Alameda. Alí vimos o edificio da Deputación de Pontevedra, a Facultade de Belas Artes, que antigamente fora un cuartel militar. Andamos ata a Praza de Ourense e entramos na Igrexa da Peregrina. Estivemos a esperar polo guía que nos levaría polo Roteiro Castelao, mais ao final non apareceu. Entón fixemos nós mesmos un percorrido, visitando os lugares máis emblemáticos. Un deses lugares foi o café Moderno. Nel había moitos cadros e o teito era de diferentes formas. O café é tan moderno que ata tiña zona wifi.
Despois disto fomos ao Museo de Pontevedra, nel vimos moitas cousas. Empezamos o percorrido nas salas das xoias antigas, despois visitamos a sala onde recrearon o estudo do mariño Méndez Núñez. A continuación baixamos á imitación do camarote onde se reunía Núñez cos seus oficiais. Saímos do camarote e subimos onde se encontraban cadros de Castelao das súas obras máis coñecidas, como Os vellos non deben de namorarse. Terminamos a visita admirando todo tipo de xoias de ouro de máis de catro mil anos de antiguidadade.
Saímos do museo e fomos ata a Alameda, onde nos recolleu o autobús.
No hay comentarios:
Publicar un comentario