PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta Actividades xerais 18-19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades xerais 18-19. Mostrar todas las entradas

CONTOS, MITOS E LENDAS DA CONTORNA ANGLOSAXONA

Para rematar o primeiro trimestre en 1º Bach. fixemos un traballo nas materias de Inglés e Filosofía sobre a literatura de orixe popular das Illas Británicas, Dinamarca, a conca do Rhin, Canadá e Estados Unidos. O traballo encadrábase dentro do Proxecto de Biblioteca deste ano: Os contos.
Buscamos datos históricos e xeográficos sobre os relatos (zona da que proceden, época na que se escribiron…) e unha interpretación dos símbolos: que sentido teñen os animais, obxectos, forzas da natureza, etc. que aparecen no texto? Pero hai dous temas aos que lles demos especial importancia, a estrutura do relato e a imaxe da muller.
Sobre a estrutura estudamos os sete argumentos básicos que describe Thomas Booker: Vencer ao monstro, Da pobreza á riqueza, A busca, Viaxe e retorno, Comedia, Traxedia e Renacemento. Tomamos esta clasificación como punto de partida para ver a cal dos sete se axusta mellor cada relato.
En canto ao papel da muller, estudamos as características das personaxes femininas e, en particular, se o relato pasa o test de Bechdel, isto é: se hai polo menos dúas personaxes femininas relevantes e charlan entre si nalgún momento sobre algún tema que non é un varón.

Contos folclóricos das nacións nativas americanas
Adoitan tratar sobre temas relacionados cos ciclos da natureza: as estacións e as colleitas, a caza e a pesca… O protagonista é habitualmente un varón e frecuentemente ten que realizar unha viaxe, que ten o valor simbólico do cambio ou a adquisición da madureza. Hai elementos máxicos relacionados cos animais terrestres e as aves. Os argumentos máis característicos, na clasificación de Booker, son Da probreza á riqueza, A busca e Viaxe e retorno.
Frecuentemente as mulleres son un obxectivo a acadar, p.ex. no matrimonio, ou axudantes máxicas pero tamén perigosas: o mundo feminino sempre ten algún perigo para os guerreiros. Porén, en ocasións vemos a dúas mulleres falando das cousas que lles gustan ou interesan, polo que algúns destes relatos pasan o Test de Bechdel .

Lendas e contos das Illas Británicas.
Adoitan estar vinculadas a un punto xeográfico determinado, como unha montaña, unha praia, un mercado, etc. nos arredores dunha cidade. Aparecen seres máxicos como fadas, elfos, sereas, xigantes e outros (frecuentemente de xénero indiferenciado: palabras como fairy ou elf non son masculinas nin femininas en inglés, e hai fadas varóns e femias, igual que elfos ou sereas). A presenza da maxia é frecuentemente negativa xa que, ao final da historia, os efectos prexudiciais son máis poderosos cós benéficos.
Os personaxes son indistintamente masculinos ou femininos pero viven nun mundo no que rexen as normas heteropatriarcais: os lugares altos das xerarquías ocúpanas os varóns, a finalidade de vida e casar e establecer unha familia, etc. Aínda que hai personaxes femininos importantes, rara vez falan entre si e ocúpanse de temas que sempre teñen que ver cun varón polo que non adoitan pasar o test de Bechdel.
As estruturas de Booker máis habituais son Da pobreza á riqueza, Viaxe e retorno, Traxedia e Renacemento. Frecuentemente recoñécense estereotipos da tradición indoeuropea como Cincenta, Jack o das fabas máxicas, etc.

Beowulf, o Cantar do Nibelungo e o Ciclo Artúrico.
Tamén analizamos estes poemas épicos, o primeiro nunha versión abreviada e os outros a través de resumos das óperas de Wagner O anel do Nibelungo e Parsifal.
Beowulf ten a estrutura básica de Vencer ao monstro e as óperas de Wagner as de A busca e Viaxe e retorno.
Entre as mulleres destacan a nai de Grendel, tan monstrosa e terrorífica coma o seu fillo (pero ela nin sequera chega a ter nome) e Kundry, un complexísimo personaxe de Parsifal, que xunta en si todas as características do personaxe salvaxe ao principio da obra, a muller sensual no desenvolvemento e a pecadora arrepentida ao final: Unha colección completa de prexuízos e estereotipos sobre a muller nun mundo de deuses, heroes e cabaleiros.
(Pica nas imaxes para ampliar)

HISTORIAS INSPIRADORAS

EXPERIENCIAS DE VIDA QUE NOS CAMBIAN...

As historias inspiradoras foi unha nova aposta da biblioteca por dar voz a mulleres cercanas a nós que viviron circumstancias adversas e souberon superalas. As ensinanzas que  nos aportaron a súa presencia e as súas charlas foron dunha gran emotividade e aprendizaxe de vida.

CHARLA : MARTHA KATERINA IGLESIAS

Katerina foi alumna do noso centro fai 16 anos pero a enfermidade truncou a súa aposta de vida. Cunha gran entereza emocional, valentía e sabiduría, fruto das circumstancias vividas, compartiu a súa experiencia animándonos a todos a agradecer cada minuto da nosa vida. Podedes acceder a súa historia premendo aquí





2ª CHARLA:A POETISA LUCÍA NOVAS. Con varios premios a nivel rexional a poetisa e profesora de Lingua Castelán Lucía Novas compartiu con nós os seus inicios como escritora de poesía. Reivindicou a poesía erótica e o dereito das mulleres a falar da súa sexualidade. Deleitounos coa lectura dalgúns dos seus poemas. E animou as nosas futuras escritoras a perseverar no seu soño de chegar a escribir.




3ª CHARLA INSPIRADORA: IRENE MOREIRA . DIRECTORA ESCÉNICA. Irene chegou ao noso centro nun día complicado: acabábamos de recibir a terrible noticia do accidente de tráfico que sesgaba a vida de dúas alumnas e un alumno do IES Mendiño .Amigo e amigas de moitos de nosos alumnos e alumnas. Irene soubo gañarse a atención e conseguiu consola aos rapaces e rapazas afcetados. Comenzou falando da importancia do fracasao e como no seu caso os fracasos conducironna ata a súa verdadeira vocación: a dirección escénica.
Informou sobre os estudos de artes escénicas e fixo unha loubanza a todas as grandes directoras escénicas galegas que están a acadar premios a nivel nacional e internacional:
Marta Pazos, Genna Baamonde, Avelina Pérez, Ana Vallés; como dramaturga destacou a Esther Carrodeguas.



EXPEDICIÓN Á ANTÁRTIDA.

 A nosa profesora de Bioloxía Cristina participou no ano 2002-3 na campaña BREDDIES , unha expedición ciéntifica a Antártida.
Falounos da viaxe, das temperaturas extremas e das investigacións que se estaban a realizar daquela: estudio de acoplamiento larvario con remolinos.
Grazas por compartir co alumnado de 2º ESO a túa experiencia.


debate sobre consumo consciente

FORMANDO CONSUMIDORES CONSCIENTES


Como ven sendo habitual, o compromiso da nosa biblioteca coa formación de consumidores conscientes segue firme.

Este ano quixemos facer un debate sobre certas cuestións que preocupaban as/ aos mozas/os de 1º de BAC:

DEBATE CONSUMO CONSCIENTE

1. Que diferencia hai entre os produtos locais e os que veñen de fora?


2. É posible facer unha compra sostible indo a un supermercado convencional?

3.  Por que se utilizan tantos plásticos? Que alternativas hai?

4. Como facer unha compra sostible?

5. Por que non hai granel nos supermercados?

6. Se aos alimentos se lles engade sustitutos de sustancias " naturais" como o azúcre son peores para a nosa saúde?

7. Hai algunha compañía de tecnoloxía que especifique de onde proveñen os seus compoñentes?

8. Quen é o responsable de que non se pague ben aos traballadores/as?

9. Cómo podemos saber si os traballadores do téxtil son explotados ou non?

10. Pagamos nu prezo xusto por todo o que compramos?

11. Hai algunha medida contra a obsolescencia programada?

12. A onde van a parar todos os plásticos dos empaquetados dos nosos alimentos?

ENTREGA DOS PREMIOS

OUR AWARDS......

O pasado venres día 3 de maio fixemos entrega dos premios aos/ás gañadores/as do concurso literario do día do libro.



Ademais tamén fixemos entrega dun agasallo aos mellores diarios da viaxe a Londres.
congartulations to you all!!!

EXPOSICIÓN LIBROS PROHIBIDOS



LIBROS PROHIBIDOS: 

O Quixote, O Diario de Anna Frank, Persépole, O Proceso de Kafka,   Rebelión en la granxa,  incluso Harry Potter..estos son algúns dos títulos da exposición que organizaron o alumnado da materia de Literatura Universal.

Algúns títulos sorpréndennos:
Tintín no Congo, considerado racista por describir aos congoleños como perguiceiros. Foi prohibido no Reino unido en 2007.
D. Quijote de la Mancha, foi unha obra censurada pola igrexa. Para moitos a queima de libros por parte do cura e o barbeiro viuse como unha clara alusión á quiema de libros que realizaba regularmente a Inquisición.
A Biblia, en 1234 o rei Xaime I de Aragón ordenou queimar as Biblias escritas en linguas vernáculas. Algúns países prohibiron partes da Biblia, Corea do Norte é o único país que a prohibiu na súa totalidade.

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

1. Xogando coas palabras.

Agochamos definicións entre as páxinas de diversos libros da B.E. . O dogo consistía en atopar os fondos por autor e emparellar as definicións coas palabras.





"Aprendimos vocabulario e lembramos como ator os libros na biblio"


2. Adivina o título e o autor. 

Propuxemos este xogo con doce libros xuvenís e adultos populares: facilitamos o título e o alumnado participante debe de escribir o nome e apellidos do autor ou autora.





CUMPRIMOS 12 ANOS

A biblioteca ven colaborando na organización da viaxe cultural a Londres dende 2007 para o alumnado de 1º Bacharelato. Incluindo sempre fondos de interese educativo en idioma inglés.
Aquí publicamos algunha das imaxes dos momentos máis emotivos así como os diarios elaborados polo noso alumnado e os fondos comprados para diferentes departamentos.




   THE GLOBE                                                                                   ST, PAUL'S CATHEDRAL

                                                          
   
THE LONDON EYE
BUCKINGHAM PALACE



DÍA DA POESIA

OS VERSOS QUE CHEGAN .... AO CORAZÓN

Celebramos o día da poesía recopilando os versos que máis significado emotivo tiñan entre todo o profesorado. 

O verso gañador nos falaba do amor e a profesora gañadora recibiu o premio (un ramo de flores) no día do seu aniversario de boda. 



CHARLA COGAMI

Incluimos outra charla dos compañeiros da asociación galega de COGAMI para os grupos de CM de administrativo e electrónica. Tivo lugar na nosa B.E. o pasado 26 de marzo e inclúese dentro dun programa de concienciazión das causas das lesións modulares dirixidas a escolares.

GRAZAS por compartir a súa experiencia con todos nós.