Poemas do mar

O luns 30 de xaneiro e o venres 3 de febreiro o alumnado de 2º de BAC baixou á biblioteca para ler unha selección de poemas sobre o mar. Escolleron poemas de Manuel Antonio, Alberti e Whitman. Se queres ver a nosa selección e máis fotos preme aquí.

poemas do club de lectura 4º sesión

4ª SESIÓN CLUB DE LECTURA NAIS

O pasado luns 6 de febreiro realizamos unha actividade conxunta entre nais, fill@s e profes que resultou moi produtiva artisticamente. Collemos de base a lectura dos poemas e expresamos graficamente algúns deles. Para ver o resultado preme aquí.

EXPOSICIÓN BIODIVERSIDADE en REDONDELA

Na segunda semana de outubro realizouse unha actividade de busca documental a partir dunha exposición itinerante sobre Redondela e a súa contorna biolóxica. Premede aquí se queredes ver o cuestionario.

XOGO VIAXES DE ULISES

EDUCACIÓN DOCUMENTAL PARA O ALUMNADO DA ESA

O luns 28 de novembro o equipo da biblioteca en colaboración co profesorado de nocturno puxemos en marcha a primeira dunha serie de actividades de busca documental na rede. Para descargar as actividades preme aquí.

Miguel Ángel Vidal Martín (Ourense, 1969) licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, despois de 19 anos dedicado á docencia en institutos das provincias de Ávila e Pontevedra, leva os últimos 6 anos (de forma ininterrompida) no IES PEDRO FLORIANI de Redondela (Pontevedra) traballando, exclusivamente, con alumnado de PDC (Programa de Diversificación Curricular), un alumnado constituído, fundamentalmente, por adolescentes con dificultades académicas de índole diversa.
Ante a heteroxeneidade do alumnado que forman os dous grupos (un en 3º ESO e o outro en 4º ESO), urxe unha necesidade primordial de establecer lazos de vinculación entre os membros de cada grupo co obxectivo de formar unha "tribo educativa e motivadora" en que a que sintan que pertencen e poidan desenvolverse non só academicamente senón tamén como persoas.
O PDC é un programa no que se traballa con proxectos académicos e no que me corresponde impartir as materias de Matemáticas, Física e Química e Ciencias Naturais, polo que elaborar proxectos interdisciplinares me posibilita desenvolver moitos aspectos creativos para potenciar a motivación deste alumnado. Un destes proxectos é o introducir o Origami (papiroflexia) para a explicación de conceptos matemáticos e desenvolver habilidades inter e intrapersonais en todos os compoñentes da "tribo", incluído o profesor que está a interaccionar co grupo.