Charlas filosóficas - 1

1ª sesión: Pitágoras, Demócrito e Sócrates

Comezamos as presentacións na biblioteca, a cargo do alumnado de 1º de bacharelato, da obra filosófica deste ano: O mundo de Sofía (Jostein Gaarder, 1991)..


Nandi presenta aos poñentes deste xoves: Gabriel, Alba e Kevin.

Gabriel compara a filosofía de Pitágoras cos mitos como o de Thor, que provoca o trebón e a chuvia co seu martelo. Pitágoras dá explicacións lóxicas e matemáticas, un exemplo das cales é o seu teorema. Tamén outras teorías súas, como a transmigración das almas, influíron no pensamento de Platón.
 Alba descóbrenos o xoguete máis prezado do mundo: o lego. Cun número finito de pezas, como cos átomos de Demócrito, podemos facer unha infinidade de obxectos, sempre que teña a idea do que queremos facer. Esta idea provén das imaxes que temos das cousas que percibimos.
Kevin cóntanos a historia de Sócrates, un sabio que se gañou a enemizade dos políticos por criticar a súa corrupción e a súa ignorancia. En vinganza, condenárono a morte pero, aínda que puido librarse fuxindo coa axuda dos seus amigos, pero preferiu obedecer as leis da cidade e por isto a historia lémbrao a través dos tempos.

Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:


VISITA MUSEO DO MAR, VIGO

Seguimos co proxecto da biblioteca, despois da busca documental dos submarinos e a lectura de “20.000 Leagues Under the Sea” de Jules Verne,  co alumnado de 2º ESO fomos de visita ao Museo do Mar de Vigo. Para ver os vídeos preme aquí.
LECTURA XULIO VERNE
SEGUIMOS CUNHA LECTURA PARA 2º ESO DA VERSIÓN ADAPTADA EN INGLÉS SOBRE O LIBRO DE XULIO VERNE “20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO”. VER MÁIS FOTOS E INFORMACIÓN.

BUSCA DOCUMENTAL SUBMARINOS

O NOSO PROXECTO DO MAR EMPEZOU CUNHA ACTIVIDADE DE BUSCA DOCUMENTAL NA BIBLIOTECA. GUIAMOS AO ALUMNADO A BUSCAR INFORMACIÓN ESPECÍFICA SOBRE OS SUBMARINOS. PARA VER OS POWERPOINTS PREME AQUÍ.
CLUB DE LECTURA NAIS 6ª SESIÓN
A SEXTA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA FOI SOBRE O LIBRO “O ESTRANXEIRO “ DE ALBERT CAMUS. HOUBO MOITAS INTERPRETACIÓNS SOBRE A OBRA.. TODAS MOI INTERESANTES PREME AQUÍ PARA COÑECELAS…

SEMANA DO LIBRO



EMPEZAMOS CELEBRANDO A SEMANA DO LIBRO COA ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CARICATURAS DE ESCRITORES/AS ORGANIZADO POLO DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ.
 
SEGUIMOS CON LECTURAS DO VELLO E O MAR E MOBY DICK CON ALUMN@S DE 4º ESO E 1º BAC.

O MÉRCORES UN GRUPO NUMEROSO DE ALUMNOS LEU UN CONTO PRECIOSO TITULADO UN BICO DE AMOR E VIDA DE XOSÉ A. NEIRA CRUZ.

O XOVES TIVEMOS A PRESENZA DO SECRETARIO DA COFRADÍA DE PESCADORES DE REDONDELA QUE NOS INFORMOU SOBRE O ESTADO DO NOSO MAR: O DA ENSENADA DE SAN SIMÓN.

O ESTRANXEIRO

O Estranxeiro (Albert Camus, 1942) é unha novela que permite discutir sobre moitos temas: a importancia das emocións e a razón, o colonialismo, o amor e a violencia na parella, a xustiza e a pena de morte, a guerra, a verdade e a mentira... Cada quen interpreta esta historia dun xeito propio, e sempre nos proporciona o pracer de ver discutir a persoas que teñen distintas opinións coa intención de profundar nos seus propios puntos de vista máis que de convencer á outra.
Na nosa reunión do club de lectura as dúas principais posicións estaban representadas por Celeste e Flora. Celeste entende que Mersault vive a morte da nai cunha emoción contida, que estoupa cando dispara por primeira vez contra “o árabe” e que lle fai dar despois os outros catro tiros; cando ao final está esperando que se cumpra a condea recupera o desexo de vivir, comprende á nai e imaxina a súa vida con María. Pola súa banda, Flora pensa que nel todo é insensibilidade: quere a María polo pracer que ten con ela, acostúmase sen problemas a estar deitado no cárcere esperando a morte e en ningún momento ten sequera un atisbo de arrepentimento polo asasinato que cometeu.
Pilar chama a nosa atención sobre os personaxes femininos da novela: a nai, María, as mulleres “árabes” (Hajar fainos ver que “árabes” son, en realidade, as persoas de Arabia, non as do Magreb...), a rapaza que toma notas nunha revista de televisión ou a muller automática que traballa no xulgado como estenotipista. Hai unha relación entre colonialismo e machismo, que se ve no xeito en que Raimundo trata á súa noiva “árabe”.
Charlamos sobre a xustiza, sobre a guerra, sobre a pena de morte... Emilio chama a atención sobre o tema do absurdo na obra de Camus: “Un non cambia xamáis de vida”.
Noelia aporta a perspectiva clínica: Pódese curar unha persoa como Mersault? O problema é que, en moitas ocasións, esa mesma falta de sentimentos é un síntoma doutro problema psicolóxico máis grave, quizais unha esquizofrenia ou un transtorno profundo da personalidade.
Acabamos a reunión con suxestións de novas lecturas (Obras de Camus, Sartre e Simone de Beauvoir que hai na biblioteca, comics sobre o existencialismo, Camus e Sartre, etc.), repartimos os libros para a próxima sesión... e levamos unha rosa para casa, para celebrar o día do libro. Parabéns a todas/os as/os lectoras/es!

 
Pica na imaxe para descargar a nosa
presentación multimedia sobre O estranxeiro

Seccións dun periódico

Previa a charla cos periodistas invitados os rapaces de 1º e 2º de ESO elaboraron murais coas diferentes seccións dos periódicos. A casualidade quixo que dúas das noticias elexidas polo noso alumnado foran redactadas pola periodista invitada do Atlántico Diario.

 

CLUB LECTOR 5ª SESIÓN



Esta quinta sesión foi dedicada á lectura e posta en común sobre libros que nos acercan á relación humana en canto as súas repercusións psicolóxicas para o individuo e para o grupo. A continuación comentamos debaixo do título de cada libro algunhas das reflexións que alí xurdiron. Preme aquí para lelas.

AS PREGUNTAS DA SEMANA .....

1. Que elemento vermello, denso, volátil, líquido a temperatura ambiente extráese das salmoiras do mar? 
2. Quen foi o primeiro navegante en dar a volta ao mundo?

MAR TRIVIAL FLORIANI PDF

VOLTAR

MAR TRIVIAL FLORIANI

Este trimestre puxemos en marcha un concurso cultural coa temática do proxecto da Bilioteca deste ano: o mar. Está dirixido a toda a comunidade educativa coa participación da maioría dos Departamentos Didácticos. Se queres saber en que consiste preme aquí.
As preguntas da próxima semana son.

ENCONTRO CON NEIRA VILAS

O alumnado de 2º de Bacharelato foi visitar a Fundación Xosé Neira Vilas onde foron recibidos polo entrañable escritor. Para saber máis preme aquí.