25 NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O noso centro quixo facer, como ven sendo habitual, un acto comunitario de rexeitamento a toda violencia de xénero.
Para o acto preparáronse exposicións sobre o número de vítimas na nosa Comunidade Autónoma:

O feminicidio en Galicia: 54 mulleres asesinadas de 2010 a 2017 O 61,11% dos casos coñecidos en Galicia son feminicidios íntimos (no marco da parella ou exparella)Pontevedra é a provincia galega con a tasa de prevalencia máis alta en 2015 e a terceira máis alta do Estado ese ano.As tres mulleres que presentaron denuncia e conseguiron medidas de proteción foron asesinadas durante o quebrantamento destas medidas. 


Asi mesmo, nos taboleiros mostrouse información sobre como identificar os indicios da violencia na linguaxe, actitudes e nas redes sociais.
  Os peldaños con consellos "Si a túa parella..." para informar dos comportamentos que conlevan actitudes sexistas que podan desenvolverse en violencia psicolóxica.


Repartíronse lazos que elaboramos grazas a colaboración do voluntariado da biblioteca.














O  alumnado participou na lectura do discurso de Emma Watson ante a Asamblea das Nacións Unidas.




 Ademáis todo o centro ( alumnado, profes e PPNN) participou na elaboración dun video (en galego, e inglés) baseado nun poema de Itziar Pascual titulado  ¿ Por qué? que en breve penduraemos no blog.











YOGA NO INSTI

O yoga Iyengar está recoñecido mundialmente pola súa precisión, fiabilidade e beneficios tanto para  a sáude física como mental dos seus practicantes. BKS Iyengar foi a quen debemos a renovación e expansion do yoga en occidente. 
Actualmente, existen asociacións de yoga Iyengar en todos os paises do mundo sendo a española unha das máis leais ao sistema e máis activas a nivel de seminarios e socios.
Neste link tendes acceso a páxina oficial da asociación española:


No IES Pedro Floriani apostamos por unha educación wholística do individuo e é por esta razón, que decidimos facer unha pequena introducción ao yoga para o alumnado de 4º ESO.

Traballamos as asanas (posturas) preliminares que buscan acadar unha aliñación do corpo físico, tomando consciencia dos nosas tendencias posturais para correxilas intentando equilibrar os dous lados do corpo.
                                           Tadasana Urdhva Hastasana
                                          Preparación Supta Padangusthasana
                                                Supta Padangusthasana
                                             Vrksasana
                                           Adho Mukha Svanasana
Se queredes coñecer cales son as posturas básicas tendes toda a información neste curso preeliminar de asanas de yoga iyengar publicado polo RIMYI.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2017

Estas son as nosas recomendacións para unhas boas lecturas de nadal:

GALEGO XUVENIL

 A flor da auga, Xosé Miranda e Antonio Reigosa.
Este libro recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que
a auga xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. 





Poderosa 3, Sergio Klein.
Nesta terceira entrega do seu diario, o seu segredo permítelle desfacerse das ameazas dunha solteirona tola, axudarlle a unha compañeira de clase a domar un pai autoritario,      


 4 Xinetes, Anxo Fariña. Intenta imaxinar por un momento o que habías sentir se un día descobres que vas ser o causante da morte de sete mil millóns de persoas. Imaxina que es un Xinete da Apocalipse.
  Proxecto Bolboreta, Andrea Maceiras.Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como «Efecto Bolboreta», acuñadas por cientí cos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: «o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo.»

GALEGO ADULTOS
As cousas que non queremos oir, María Reimondez
A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar.  


A nena do abrigo de astracán, Xabier P. DoCampo
A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.

CASTELÁN

Eva, Arturo Perez Reverte.
Marzo de 1937. Mientras la Guerra Civil sigue su trágico curso, una nueva misión lleva a Lorenzo Falcó hasta Tánger, turbulenta encrucijada de espías, tráficos ilícitos y conspiraciones, con el encargo de conseguir que el capitán de un barco cargado con oro del Banco de España cambie de bandera. Espías nacionales, republicanos y soviéticos, hombres y mujeres, se enfrentan en una guerra oscura y sucia en la que acabarán regresando peligrosos fantasmas del pasado.

Origen, Dan Brown.
Robert Langdon, profesor de simbología e iconografía religiosa de la universidad de Harvard, acude al Museo Guggenheim Bilbao para asistir a un trascendental anuncio que «cambiará la faz de la ciencia para siempre». El anfitrión de la velada es Edmond Kirsch, un joven multimillonario cuyos visionarios inventos tecnológicos y audaces predicciones lo han convertido en una figura de renombre mundial.


Una columna de fuego, Ken Follet
.

El próspero y convulso reinado de Isabel I de Inglaterra es la época en la que se ambientan “Los pilares de la tierra” y “Un mundo sin fin”, como también lo será la de  “Una columna de fuego”, aunque en esta ocasión el británico Ken Follet sitúa parte de la trama en la ciudad de Sevilla.

Permacultura

Carlos Soutullo, capataz agrícola de amplia experiencia no ámbito da agricultura ecolóxica, deunos unha charla sobre a utilización dos recursos naturais dun xeito respetuoso co medio ambiente.
Empezou falando de que os métodos de cultivo actuais erosionan o terreo e cando un ecosistema atópase degradado entra en competencia. Isto contraponse a un ecosistema en equilibrio no que reina a colaboración entre as especies.
Cada estación produce o que a terra precisa por exemplo en verán: nitróxeno, en outono potasio e fósforo.


A natureza busca a diversidade para que haxa máis resistencia aos axentes externos. Por exemplo a xente ten o costume de cortar as raíces das plantas pero unha terra rica en raíces crea a rizoesfera que xoga un papel fundamental para manter a humidade do terreo.
Igualmente, é mellor deixar as follas no chan porque crean un acolchado que se descompón na superficie e serve de abono para a seguinte estación. Deste xeito, o chan faise autónomo e crease unha sinerxia ou “cooperación no traballo”.
Baseándose neste método colaborativo podemos organizar a nosa horta plantando pementos, coas leitugas e estas coas espinacas de Nova Zelanda xa que son especies cooperantes.


Contounos sobre os diferentes métodos reprodutivos das plantas e de cómo está a recuperar plantas que cultivaban as nosas avoas e que agora por non ser comerciais están a desaparecer como o allo silvestre que os nosos ancestros o utilizaban como funxicida e antibiótico. Incluso tivemos ocasión de probar o doce que sabía a salvia.


Outras plantas que nos presentou foron a: orella de burro que serve para depurar o fígado, a planta de Goethe que serve para tratar a esquizofrenia, a planta topera que espanta aos ratóns, a capuchina para tratar aos pulgóns, o tanaceto ou herba lombrigueira de potente efecto fungicida e insecticida, a verrucaria ou planta da golondrina que trata os orzuelos e as cataratas, o rudo cuxos froitos dulces son comestibles e agora atópase en extinción.

Por último, fomos a horta e in situ explicounos como organizar os cultivos dentro do espazo que tiñamos dispoñible.


Foi un verdadeiro pracer escoitalo e que compartira con nós tanta sabiduría.
GRAZAS




Samaín

Este ano tivemos unha gran participación con imaxinativas e orixinais creacións por parte do noso alumnado. Aquí tedes a mostra das nosas cabazas premiadas: “Frida Kahlabaza” de Marina Collazo Couñago de 1º ESO, “ Tengo hambre, lo ves?” de Pablo Otero Alvarez de CM e o primeiro premio: “Normal pumpkin. Scare me” de Lidia Couñago, 4º B.

Obradoiro dos sentidos para FP

A biblioteca vai organizar en colaboración cos titores da FP básica unha serie de obradoiros trimestrais destiñados a espertar no alumnado a confianza,a concentración e a introspección.
Neste primeiro obradoiro, que tivo lugar o pasado 6 de novembro, aproveitamos para realizar certos exercicios en torno as sensacións: en concreto o tacto cos compañeiros e con obxectos. O alumnado puido experimentar canta información poden transmitir as nosas mans dende texturas, peso, temperatura, tamaño e de como abusamos do sentido da vista que é o predominante na nosa vida diaria.


PLANETA VERDE: O NOSO HORTO

No IES Pedro Floriani queremos activar entre o noso alumnado uhna conciencia ecolóxica e de coidado polo medio ambiente.
E por iso que xa o ano pasado empezamos cun proxecto de horta escolar. Neste curso a biblioteca vai colaborar con esa nobre labor tentando implicar ao máximo número de persoas.
o noso compañeiro Emilio organizou xa un grupo de traballo de horta  formado por profesores.
A primeira acción deste ano foi prantar grelo e facer un prantón de landras para una futura repoboación forestal nas superficies queimadas dos montes cercanos a bisbarra redondelá.
Aquí vemos ao alumnado de 2º FP Básica nas labores de rego e preparación do prantón.
                                         Regando o prantón de grelos.
Escollendo as landras verdes e rexeitando as secas

Preparando o terreo

.


 As landras antes de botarlle terra e follas para que manteñan a humidade
 

DÍA DA BIBLIOTECA: PLANETA VERDE

Tras a oleada de incendios que sufriu Galicia quixemos facer unha homenaxe a todo o verde que perdimos e decidimos convertir a nosa biblioteca nun pequeno invernadoiro temporal de prantas de todo tipo. Elaboramos un pequeno dossier cos beneficios que nos aportan algunas das prantas máis comúns e que temos nas nosas casas.



FORMACIÓN USUARIOS FP BÁSICA

Como todos os anos, no mes de outubro organizamos sesións de formación de usuarios para todo o alumnado que se incorpora novo ao noso centro.
 Neste caso organizáronse tres sesións: dúas para o alumnado de 1º ESO e unha para o alumnado de FP Básica.

Sempre tentamos adaptar as nosas formacións ao tema do proxecto da nosa B.E. neste caso : PLANETA VERDE. Para elo, inventamos un pequeno xogo de preguntas e respostas sobre os sete ecosistemas do noso planeta, só que o alumnado tiña que tirar uns dados coas fotos dos ecosistemas  e buscar as preguntas correspondentes agochadas nos fondos da nosa biblioteca.
 Para facelo un pouquiño máis doado facilitábamos ou nome do autor ou título do libro. 


Intelixencia emocional

O gran descubrimento da miña xeración é que os seres humanos poden cambiar as súas vidas ao cambiaren as súas actitudes mentais.
William James

A biblioteca de noso IES organizou un obradoiro de intelixencia emocional con psicólogo Daniel Novoa co fin de intercambiar as nosas teimas, dúbidas de cómo tratar as emocións na aula e de cómo sentar as bases para lograr un clima de entendemento en empatía dende o principio entre o noso alumnado.
Chegamos as seguintes conclusións:
- A actitude multiplica: calma, estratexia, esforzo, empatía, optimismo, coherencia, autoridade moral, interese xenuíno…
- A unión e a organización fai a forza
- A túa liberdade remata onde empeza a do outro: consecuencias dos actos: emocións e ética.
- O conflito é inevitable: ante todo moita calma, investigar os feitos, empatía e compromiso supervisado.
- Educación emocional: implicarse, non xulgar e mollarse.
Traballamos actividades de buscar entre o grupo persoas que tiveran emocións, gustos, aversións, afeccións en común. Iso deunos pé a coñecernos mellor e que o profesorado novo no centro se sentira máis integrado.
Intentamos resolver conflitos dun xeito consensuado e démonos conta que a maioría das situacións teñen solucións moi sinxelas e que somos nós as que as complicamos.

Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos posando coas cinco emocións básicas:



Grazas a todos/as por participar