O día xoves 16 de decembro os alumnos de 4º da ESO fomos ata o multiusos de Redondela para ver a obra de teatro Os catro da Xunqueira.
Estaba formada por catro actores que representaban a un gato, un galo, un can e unha gatiña que, a medida que transcorre a historia, vanse coñecendo ata formar un grupo de música, mediante o cal xorde o amor entre o galo e a gatiña. Así, deciden entre todos facer un concerto para evitar que as escavadoras poidan destruír a vila natal da gatiña e o boi, a Xunqueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario