Diccionario de Franco Grande

O pasado 6 de xuño tivo lugar un acto de homenaxe ao diccionario de Franco Grande organizado polo Fundación Peña Novo de Redondela. O noso alumnado asistiu ao acto e a inauguración do monolito en honor ao seu autor.










O presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero felicitou ó noso alumno José Barros polo seu texto.

“Para min, un dicionario é moitas cousas. Por un lado, e atendendo só ao mundo material, un dicionario é un obxecto, un libro para ser exactos, máis ou menos groso. Pero tamén, neste actual mundo tecnolóxico no que vivimos, pode ser unha inxente base de datos colgada na rede. Sexa da primeira ou da segunda maneira, ambas gozan dun mesmo significado: “recompilación das palabras da linguaxe estándar dun determinado idioma”. se ben é verdade que tamén existen dicionarios especializados (de sinónimos e antónimos, centrados nun tema específico…).
Por outra banda, un dicionario é unha bolsa salvavidas. Cada ano, desde que se bota a andar, un dicionario percorere os distintos territorios do idioma do que trate, na procura de novas palabras, nacidas da oralidade e do seu uso coitán. Aínda así, non nos podemos olvidar desas outras palabras, aquelas que non son capaces de subirse a ese bote e afunden lentamente, cambian, distorsiónanse, até perderse na memoria; ou que con sorte, conseguen recalar nalgunha illa, nalgún oasis, e perdurar, xeración tras xeración, na memoria colectiva dun pobo, dunha familia… Porque estas palabras, orfas dun guía que as protexa, forman igual parte do idioma en cuestión que aqueloutras que si se atopan recollidas no dicionario.
En definitiva, un diccionario é o elemento de unión dun pobo. Dá igual que sexas de aldea ou de cidade, de costa ou de interior. Non importan as túas condicións ideolóxicas, culturais, económicas ou sociais. O dicionario, o idioma recollido nel, danos o noso significado completo, o noso nexo común como colectivo. E  no noso caso non é outro que ser galegos e amar a Galiza, terra de rumorosos e de costas verdescentes.”

O Día da Poesía

O Día da Poesía decidimos celebralo primeiro pedindo ao profesorado qu e nos mandara os seus poemas preferidos.




Despois o alumnado de 2º ESO elexiu os poemas máis sxgerentes e  léronnos nun recital  no patio do centro.






IMOS AO TEATRO

O texto traballado foi O mozo Quixote, unha peza de teatro de Tomás Afán Muñoz, autor que gusta moito da comedia. A obra foi adaptada ao galego pola Escola Municipal de Teatro de Vigo.
Non realizamos a representación da obra completa, pero si dos catro primeiros actos. Contribuíu a integrar  a unha parte do alumnado, algúns non realizaron representación, mais axudaron coa elaboración do vestiario.




Conseguimos:
-    Actitude de interese, de cooperación e de respecto ante as intervencións orais de quen fala diante de nós, sobre todo no traballo colaborativo.
-    Coherencia entre comunicación verbal e non verbal na produción de discursos orais.
-    Lectura dramatizada e comprensiva e mais visionamento de pezas teatrais, recoñecendo os compoñentes e procedementos que caracterizan o xénero.





GRAZAS A TODOS/AS OS/AS PARTICIPANTES

Holovisión, unha Novedosa Tecnoloxía

A nosa compañeira Lidia Collazo de 2º ESO A presentounos a holovisión, unha novedosa tecnoloxía que será o futuro da nosa vida cotidiá. As hololens  sustituirán aos teléfonos móbiles, aos ordenadores e inclusive pode que aos docentes. Na NASA fai tempo que traballan con ela e nalgunhas facultades de Mediciña xa a están a utilizar para estudar a anatomía.



Agora é moi cara pero o prezo farase mais asequible.


Aquí temos un ejemplo de unha holografía.


Charla de Fancisco Míguez sobre Electricidad

O alumno de Ciclo Medio, Francisco Míguez Portela, viu darnos unha charla sobre a electricidade e a luz a  1º ESO.
Primeiro presentounos como foron evolucionando os videoxogos a partir os componentes dos ordenadores e explicounos como os procesadores se fixeron máis potentes permitindo crear xogos máis realistas.










Despois falounos da fibra óptica e dos diferentes tipos de luz e bombillas.
Resultou unha charla moi práctica e todos disfrutamos do gran comunicador que é Fran.
Grazas

Acende a antorcha dos Dereitos Humanos!

Asasinatos policiais en Rio de Janeiro.
Colaboran o Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional
e o Departamento de Educación Física.


Tan só uns meses despois do encontro con Ana Paula Oliveira e Renata Neder chéganos esta campaña de Amnistía Internacional sobre violencia policial en Rio de Janeiro: NON PASES OLIMPICAMENTE.
No Brasil, un de cada cinco asasinatos é cometido pola policía; desde que Rio foi elixida sé olímpica cometéronse xa 2.469 homicidios policiais (Datos de AI: xaneiro 2009 – decembro 2015).

Aínda que xa quedan poucos días para fin de curso, e todas/os estamos en plena época de exames, David e Cati buscaron un minutiño para pendurar estes cartaces na entrada do instituto e na cafetería.
Mercé e Alejandro, profes de Educación Física, poñen o cartaz tamén no pabellón e explican en clase que os xogos olímpicos teñen que ser para que disfrutemos todas e todos.
Podes ver a campaña en internet, onde atoparás moitos máis datos e poderás asinar para pedir
que se adestre á policía para manter a orde de xeito non violento,
que se retiren as leis que restrinxen dereitos fundamentais como o de reunión e de manifestación
e que se investiguen os asasinatos, se xulgue ás persoas responsables e se cumpran as condenas:



SOMOS O QUE CONSUMIMOS OU CONSUMIMOS E LOGO SOMOS?

Consumir non é só mercar. Para ter un consumo responsable deberiamos preguntarnos que historia hai detrás dos produtos que mercamos?
Por exemplo, o 80% das laranxas do mundo son brasileiras, iso quere dicir que 3 de cada 4 zumes son de laranxas producidas no Brasil.
Do estado de São Paulo a Galicia hai unha distancia de uns 8.300km. O traslado ten un custe enerxético importante e o seu procedemento é o seguinte:
o zume transfórmase en concentrado que se conxela e se transporta en bidóns e unha vez no lugar de destino envásase. Esto repercute obviamente na calidade do produto final que consumimos.
Que criterios deberiamos seguir para lograr un consumo consciente ?
Buscando alternativas que
- Fomenten a produción local frente a produción monocultivo procedente de longas distancias onde se eliminou a biodiversidade.
- Respecten os dereitos dos traballadores/as
- Non traten os alimentos con produtos agroquímicos como fertilizantes e/ou pesticidas.
- Implementen fórmulas de economía social tipo cooperativas para evitar beneficios esaxerados dos intermediarios.



ROUPA:
En canto as prendas que compramos é interesante analizar onde van parte dos 29€ que pagamos por exemplo por unha camiseta. Os beneficios para os comercios son por término medio de 90% chegando incluso ata un 200% . Esto explicaría as condicións de semiesclavitude na que viven os/as traballadores/as asiáticos/as que confeccionan o que levamos posto.
Hai alternativas: Si. En Moaña, na península de o Morrazo existe unha inicativa de roupa vaqueira elaborado según principios de sostenibilidade e con materia prima ecolóxica.
Aquí esta a súa páxina




Outro producto de consumo masivo son os smartphones ou simplemente os móviles. Estimase que no mundo hai 1000 millóns de móviles cuxa vida é dun máximo de dous anos. Imaxinades canta materia prima se malgasta? Todos sabemos como se extrae o coltán que precisamos para as pantallas táctiles, sen mencionar as filiais de certas marcas moi coñecidas que explotan os traballadores .
A alternativa, visitade a páxina de esta empresa sueca

Cartas para nenas/os refuxiadas/os

A nosa solidariedade: Unha luz na noite.
Colabora o Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional.

Que tal se che dá o inglés? Tanto se non dás xuntado catro palabras como se les a Shakespeare de corrido, é probable que haxa nenas e nenos refuxiadas/os que o fagan tan ben (ou tan mal) coma ti e coma nós. Por iso decidimos pasar por riba das nosas dificultades e tratar de poñer os nosos desexos e emocións na lingua máis asequible para todas/os e envialos por WhatsApp ata onde poida facer falta a luz da nosa solidariedade.

Para esta actividade, primeiro escribimos as cartas en 3º ESO coa axuda das nosas profesoras, Xemma (de galego) e Pilar (de inglés). Despois, Gabriela creou este grupo de WhatsApp e toda a xente do Grupo da Rede de Escolas de AI do centro fixeron fotos das cartas e mandáronas ao grupo. Finalmente, Pilar renviou as cartas ao grupo de Refugees Welcome Galicia, que as volveron renviar aos seus destinos.


Reproducimos algunhas das cartas:

Letter for the Refugee

I don’t know you but I know your situation and I know it’s very serious. I want to help you by giving you hope.

Hello, I’m Yahia.

I’m 16 years old, I’m studyng in IES Pedro Floriani Redondela (of Spain). I’m African and I live in Spain. My parents emigrated for a similar situation but it was not that serious. Never lose the hope because that is what keeps us alive and you will get what you are looking for. I hope that no one else will become refugee of war in Syria and the country returns to normality and you can recover what is yours. Good Luck.

Follow me on Twitter: @yahi_pg
   
      


Hello!

My name is María I’m from Spain an little town in Redondela (Galicia), but my mother is Colombian. In Colombia the situation is very difficult. I hope that once you can go back to your country so that you could be happy again. I think that the situation which you are going through, but you have to be very strong.

There are lot of people that are helping.

My school is collecting clothes for you, because we want to give you an respost and I hope this situation will end soon.

I hope the best for you out of this situation

Good luck 💗
   
      


Dear friend:

Hi, my name is X_____, but my friends call me X_. I’m a Spanish teenager. I’m 16 years old. I live in Galicia, a beautiful place, but... Who doesn’t consider their own birthplace beautiful? In this moment, my sister and my father live too far from me. Everything started six years ago, when was 10 years old. Since I can remember, my sister cared for me when my parents were working. She educated me, played with me and took to parks and other funny placer... I sheltered beautiful memories. But everything changed one day. My sister went to anogher country for work reasons. At the same time, my parent separated and I was very sad. My exams qualifications went down severely and my mother decided to change me to other school. In this school I made friends, friends today are brothers and sisters for me. With the time, my bad situation much better and I advanced in my life. Today, I learn some what, and this is that life goes on... People come back in our life, but somebody is near all the moments, althought you think the contrary. And other lesson: even in the worst situations, there is always something good. And with this history, best wishes.

X____
   
      




CHARLAS FILOSÓFICAS "A luz" 5: Cine

4ª Sesión: A laranxa mecánica
É mellor unha persoa cando elixe o mal que cando se lle impón o ben?

Unha película é coma un texto escrito en luz e son. Con esta idea comezamos a nosa última charla do curso. Para falar sobre a luz no cine escollemos unha novela, A laranxa mecánica, de A. Burgess, levada á pantalla por S. Kubrick. Tratamos de ver que novos significados aparecen nesa tradución e cómo se utilizan para expresar as ideas psicolóxicas e morais que forman o contido da obra. Xa veredes que trataremos o noso tema desde moitos puntos de vista, así que hoxe o grupo é moi grande: Carla Alonso, Ibtissam, Álex, Yaiza, Saínza, Alba, Carla Luis, Mateo e David.

Presentación
Carla Alonso e Ibtissam abren a charla amosándonos varios fotogramas da película. Neles sempre se ve a luz como algo case sólido e identificable. Moitas veces o foco do que sae está ao fondo da imaxe, apuntando cara a nós. Outras veces está detrás dalgún personaxe, que vemos como entre sombras. Noutras ocasións hai un reflector que proxecta un feixe cónico que aparece na imaxe coma un obxecto máis dos que rodean aos personaxes. Nalgunhasescenas o director traballa o retrato utilizando o claroscuro como na pintura, noutras a imaxe está dividida entre unha zona de luz e outra de sombra.
Tamén nos dan varias explicacións do título. A expresión laranxa mecánica era popular en Londres na época en que se fixo a película para referirse a algo que resulta estraño, pero tamén invita a pensar na violencia sutil dun sistema que manexa ás persoas tomando por elas decisións morais e vitais.

Luces e sombras
Alex Domínguez, homónimo do protagonista, ensínanos a ler as imaxes. O claroscuro recolle o conflito dos personaxes: É sincero o desexo de Álex de curarse ou é un ser amoral, sen remordementos? Cal é peor, a súa violencia ou a que o estado e a sociedade exercen contra el?
As figuras que non vemos porque están a contraluz transmiten a incertidume: que pasará cando Álex tente achegarse á muller que lle aparece espida? As sombras alongadas cara adiante suxiren un sufrimento que está a punto de comezar.
Igual que un texto escrito, lemos as imaxes de esquerda a dereita. Cando Álex salta pola fiestra está fuxindo da escuridade da súa esquerda cara a única esperanza, a luz que vén do baleiro, á súa dereita.
Finalmente, vemos que todos os personaxes e obxectos que representan a intrusión da sociedade (o ministro, o fármaco, o escritor, a doutora) levan prendas ou obxectos de cor laranxa, como cando o ministro lle dá de comer no hospital.

Un condicionamento respondente
Vemos a parte psicolóxica da película. Saínza e Yaiza analizan o Tratamento Ludovico, un condicionamento respondente mediante o cal queren quitarlle a agresividade a Álex.
Producindo unha asociación das imaxes violentas e sexuais (e a música de Beethoven) cun medicamento que produce náuseas conséguese que Álex non sexa quen de reaccionar agresivamente.
Pero... está curado? Non, porque non é quen de vivir unha vida normal. Non pode relacionarse con ninguén, é incapaz de reaccionar ás agresións doutras persoas e perde a súa paixón pola arte, como nos explicarán Mateo e David.

Asociación libre
Alba e Carla Luis analizan agora o segundo tratamento, practicado por unha doutora cara ao final da película. Álex ten que completar uns debuxos nos que faltan os diálogos dos personaxes. Así vai recuperando a capacidade de reaccionar agresivamente pero dun xeito controlado e socialmente aceptable.
A escena final poderíase interpretar dese xeito: Álex imaxínase gozando dun sexo bastante salvaxe, algo que parece característico del, pero a muller goza con el, libremente e sen agresións, mentres o público arredor aplaude (en sinal de aceptación social) e volve soar a música de Beethoven.
Este tratamento ten algo, por tanto, da asociación libre e o método psicanalítico. Pero a doutora ten tamén algo de inquietante xa que a súa roupa de cor laranxa parece suxerir que traballa para o goberno e para o ministro, quen quedara nunha posición política difícil tras o intento de suicido de Álex.
Está finalmente curado? 
Ou todo isto é só un xeito máis de utilizalo, anulando violentamente a súa intimidade e a súa capacidade de actuar libremente?

A 9ª sinfonía de Ludwig van
Prestamos atención agora ao son, o outro elemento do que, xunto coa luz, está feito o cine. David e Mateo proxectan tres escenas para que vexamos o que xa nos dixeran Saínza e Yaiza: como Álex perde, xunto coa agresividade, a capacidade para gozar da música e da arte.


Fotos da charla
Estas son as fotos de hoxe:

Materiais para descargar
Picando nas imáxes podedes descargar o cartaz da charla e ver as cinco presentacións de hoxe.
A última imaxe é unha ligazón para descargar todos os materiais deste ano (os cartaces e presentacións das cinco charlas).
A quinta presentación de hoxe, sobre a música de A laranxa mecánica, non funciona ben en internet e non se reproducen os vídeos que contén, pero baixando todos os materiais podedes ver a presentación directamente nos vosos ordenadores.
Ata o ano que vén!!!

Cartaz

Presentacións

Todos os materiais das charlas filosóficas deste curso