Feito por Breogán Álvarez Ballesteros 1ºA
No mes de decembro fomos ao museo de Pontevedra e a dar unha volta guiada polo roteiro Castelao.
Ao entrar no museo o primeiro que encontramos foi unha guía. Ela levounos á seguinte sala, un cuarto no que había pezas prehistóricas, algunhas facilmente recoñecibles e outras non tanto. De seguido chegamos ao cuarto no que se exhibían pezas de ouro, moitas das cales parecían accesorios como pulsos e colares. Despois entramos nunha estancia na que se recompilaran impresionantes obxectos de prata, dende utensilios para xantar ata armas; a min foi a parte que máis me gustou. Logo saímos do edificio para ir ao seguinte. Nel, o primeiro que fixemos ao entrar foi baixar por unas escaleiras estreitiñas e empinadas que había no medio da sala. Alí atopámonos unha estancia que era igual á sala de reunión da Santa María, a caravela de Cristovo Colón. Nese despacho había unha parede móbil que daba a un corredor que nos levaba a un cuarto no que había unha maqueta da Santa María, un canón cun emblema e un sofá con símbolos gravados na madeira. De aí pasamos ao despacho de Méndez Núñez no que se encontraban as súas pertenzas máis prezadas. E, para rematar a visita, chegamos a unha sala enorme onde se homenaxeaba a Castelao. Alí había moitos dos seus cadros e os seus accesorios máis característicos aparecían expostos nunha vitrina.
Ao rematar a visita, saímos do museo e liscamos cara á Praza da Ferrería. De aí fomos á Praza da Luz, onde se encontra a fábrica da luz. Despois chegamos á Praza da Herba.. De seguido, fomos á Praza dos Toneis, onde se comerciaba con viño, á Praza do Pan, onde se facía a fariña e á Rúa da Oliva, onde se vendía o aceite.Finalmente chegamos ao Café Moderno, onde nos explicaron por que o chamaron así, pois naquela época todo o que alí se encontraba era moi moderno, dende o proxector de cine ao xardín de palmeiras. Ao rematar a visita fomos cara ao autobús.
Esta excursión foi divertida e interesante, aínda que houbo partes aburridas. Era case todo novo para min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario