Semana do libro

Para celebrar o día do libro tivemos unha semana cargadiña de actividades.
Dous autores visitaron o centro Fran Alonso e Nuñez Singala

Manuel Nuñez Singala naceu en lugo no 1963,veu ao Predo Floriani o luns 22 de abril, para falar sobre o seu libro do Achado do Castro.

 
Contounos que na súa presentación por primeira vez desa obra teatral foi no seu instituto cando el era un pouco maior ca nos,e tamén díxonos que deulle o premio Xiria no ano 1987 uns anos despois editaron o seu libro pero el non decatouse ata que o viu nunha librería.

Tamén nos falou sobre que seus personaxes estaban presentados en parella (Arpexia e o Emperador César ,Soldado 1 e Soldado 2 o primeiro era unha muller ,Carmiñae e Manolitua, Citrón e o Escravo de África ,Catulo e Caleno o llisto e o tonto) e fixo un xogo cos nosos compañeiros cun texto para que visemos o difícil que era interpretar e dende unha diferente interpretación se pode interpretar de diferente forma.
 
Tamén nos conta e mostra unhas fotos das diferentes interpretación da súa obra e nos fala sobre os escenario, que eran moi prácticos para representar,porque so tiña dous escenarios un no bosque cun tronco de arbore no medio e dous arbustos atrás ao lado do tronco e o outro era o Pazo Imperial na Cámara Imperial a rúa dos Gladiadores na esquina con Telefónica en Roma

OLIMPIADAS NO FLORIANI

A biblioteca organizou en colaboración co profesor do Proxecto Interdisciplinar unhas olimpiadas onde se recolleron as principais disciplinas deportivas: ping-pong, carreiras de velocidade, de relevos, saltos, baloncesto, balonmano .. Ademais os grupos tiveron que contestar a un cuestionario sobre a historia das olimpiadas na biblioteca. Para saber máis preme aquí.

Ginkana olímpica



GINKANA OLIMPICA-       LISTA DE PREGUNTAS

1.-  ¿En qué año se cantó por 1ª vez el himno olímpico ?

2.-   ¿Quién pronunció por primera vez la frase "lo importante es participar"?
     

3.-    Cita 5 de los 9 deportes de los  primeros Juegos Olímpicos modernos

4.-  En qué anos do S.XX suspenderonse os Xogos Olímpicos?  


5.-  En que ano en en qué cidade celebráronse unhas Olimpiadas en España?  


6.-  En qué Xogos Olímpicos basase a película    “Carros de Fuego”?   


7.-  Quen foi o atleta que acabou a maratón descalzo?  


8.-  En Grecia celebrabanse catro festivais  ou Xogos Panhelénicos e  un deles eran os  Xogos
       Olímpicos de Olímpia, en honor do deus Zeus. Outro eran os Xogos Píticos?. Donde e en
       honor a qué deus celebrábanse?
           

9.-  Nos Xogos antigos as modalidades deportivas eran: Pentatlón, Carreiras, Boxeo, Carreiras
       de carro, Equitación e  ……………………. .

10.- Nos Xogos da Antiguedade , que 5 probas constituían o Pentatlon?
.

11.-  Cál era e sigue sendo o Lema Olímpico?

12.-  Cómo é a Bandera Olímpica?
         

13.-  Qué representan os aros na bandeira olímpica?
         

14.-  Cál é o Lema do Movemento Parímpico?
         

15.- En qué século prohibironse as olimpiadas e que as prohibiu?
         

16.- En qué ano e en donde celebráronse os primeiros Xogos Olímpicos modernos?

17.-  Qué modalidades ou Armas hai no deporte da Esgrima?
           

18.-  Cánto dura un combate de esgrima?
           

19.-  En que país creouse o Taekwondo?
             

20.-  De cántos asaltos componse un combate de Taekwondo?
           

21.- Cómo se llama el uniforme de Taekwondo?
          

22.- En qué olimpiada foi deporte Olímpico por primeira vez  o Taekwondo?
           

23.- En que ano empezouse a xogar o balonmán nos xogos olímpicos?


24.- En Balonman, qué significa a tarxeta amarela?
          

25.- En que ano  incluíuse o Voleibol no programa das olimpiadas?
           

26.- A qué puntuación hai que chegar para ganar un set en Voleibol?
           

27.- Dí o nome dun saltador de pértiga que foi campeón mundial durante moitos anos.
           

28.- Na proba de 110 mts balados, cantas vallas hai que pasar?
           

29.- Desde qué olimpiadas forma parte do programa olímpico o Salto de Lonxitude?
            .

30.- Que tres disciplinas reúne o triatlón?
         

31.- A partir de qué Olimpiada incluíuse o triatlón no programa de competicions?
         

32.- Como se chama o corredor de triatlón, que ademais de ser galego, gañou a medalla de
       prata en Londres 2012?


33.- Donde e cándo celebraronse as primeiras olimpiadas co deporte de vela incluido?
          

34.- Cáles son os dous tipos de competicions no deporte da vela?

35.- Cómo se chaman as competicions de vela?
           

36.-  No  Baloncesto americano dos anos 80 oubo varios xogadores que lle deron fama
         internacional a  NBACita un deles.
                                                                                        

37.-  A qué altura está situado o aro da canastra no baloncesto olímpico?


38.-  Cómo se chamaba a mascota do Mundial de Fútbol  do  82?


39.-  En qué pais  creóuse o fútbol?  
           

40.-  Quién hizo por primera vez una “chilena” ?      


41.-  En qué olimpiadas foi olímpica a loitaa libre por primeira vez?
           

42.-  Cántos períodos  ten un combate de loita libre olímpica e cánto dura cada un?
           

43.- Cantas medallas gañou España en natación nos xogos Olímpicos de Londres?

44.- Canto mide a piscina Olimpica de largo?
           
45.-  En que ano empezouse a xogar o balonmán nos xogos olímpicos?


46.-  Canto dura un partido de balonmán?


47.-  Cando se pita unha exclusión en Balonman, en que consiste esa sanción?
           

48.-  Cando foi olímpico o badminton por primeira vez?

49.- No badminton, se ao efectuar un saque, o volante toca a rede, considerase falta?
           

50.-  Cántos puntos son necesarios alcanzar para gañar un Set en Badminton?
           

51.-  Que diferencia hai entre a Halterofilia  en modalidade olímpica e paralímpica?


52.-  Cómo se chama o Galego que gañou unha medalla de plata en Piraguismo nas
        Olimpiadas de Londres?

           
53.- Cantas cordas ten un ring de boxeo reglamentario?


54.-  Cal é o apelido do gran boxeador italoamericano de nome Rocky?

55.-  En Atletismo, cáles son as cinco probas do pentatlón?


56.- Cáles son as modalidades da proba feminina de ximnasia artistica?

57.-  .A que altura estan os aneis de ximnasia artística?

58.-  Qué elementos utilizanse na ximnasia rítmica?

59.-  Con qué outro nome se coñece a ximnasia acrobática?

XOGOS

ESCRITURA CREATIVA

Os símbolos de "O nome da rosa"


Por Lidia Figueroa García
1º Bach. Ciencias e Tecnoloxía, 2012-13

O nome da rosa é unha obra de Umberto Eco. Nela pódese ver a outra cara da Igrexa e a forma de vida das persoas da época medieval.
O fío do relato está nunha serie de asasinatos que se producen nun mosteiro. Ao longo de toda a obra pódense observar varios símbolos.

Símbolos relixiosos
atopamos en primeiro lugar o mosteiro, que está (significativamente) apartado da sociedade xa que ten que estar nun lugar sagrado, e orientada cara ao leste, posto que o sol se pon por aí e é símbolo de luz.
Tamén hai cruces, símbolo evidente do cristianismo.
Os frades danse a benvida á abadía bicándose nos beizos, no nome de toda a congregación.

Animais
Aparecen en varias ocasións varios corvos, que fan referencia á morte, e un gato negro, que fai referencia á bruxería, tema moi sensible na Idade Media, cando moitas mulleres foron queimadas en fogueiras por seren declaradas bruxas.
Os frades tiñan fama de vivir moi ben e comer moito, o que se mostra coa matanza do porco.

Lugares, palabras e números
A biblioteca da abadía é un símbolo moi claro xa que o coñecemento das persoas está presente en toda a obra.
O labirinto que contén a biblioteca tamén é moi importante xa que é signo do mundo. O labirinto réxese por unha serie numérica e por frases en latín.
Unha das curiosidades desta obra é que xira en torno ao número sete:
As salas da biblioteca están organizadas a partir deste número,
sete son tamén os asasinatos que se producen na abadía,
os capítulos do libro,
as horas de traballo dun monxe e
o tempo no que transcorren os sucesos.
Fóra dos libros, sete son os planetas,
os sacramentos e
os pecados capitais.
Nesta biblioteca preséntase unha fusión entre o libro bíblico da “Apocalipse” e o mapa xeográfico do mundo.

O título
“O nome da rosa” pode ter varias interpretacións. A rosa é unha flor que pode ter moitos significados. Asóciase coa biblioteca onde se produce o misterio; tamén é relacionada co labirinto, figura moi usada para a xeometría e os misterios e frecuentemente utilizada nos pavimentos de moitas igrexias góticas.
Por último, a rosa está asociada á figura da Virxe María. Penso que a rapaza, a quen condenan por bruxería, fai en parte referencia á virxe posto que é moi humilde. O rapaz namórase dela e ao final da obra di que nunca soubo o nome daquela rapaza. Por isto creo que o título é debido a que el non sabía o nome da rosa, da súa Rosa.

A muller
Pero o símbolo da virxe non aparece nesta obra de forma positiva xa que deixa de lado a realidade da época. As mulleres dedicábanse á prostitución e eran utilizadas. Mantiñan relacións cos curas do mosteiro para conseguir un corazón de animal. Eran un “obxecto”. Elas conseguían o corazón de vaca pero non os dos cregos. Socialmente eran bastante rexeitadas. Esa figura da virxe, polo tanto, é unha imaxe ideal que os relixiosos utilizan para poderen ignorar a inxustiza do trato que dan ás mulleres reais.



A esquizofrenia en "Unha mente marabillosa"


Por Ángela Hernández Bouzón
1º Bach. Humanidades e Ciencias Sociais, 2012-13

Da esquizofrenia tense escrito e falado moito, pero a realidade é que no fondo é a gran descoñecida, ou mellor dito, sono as persoas que a padecen. Na película Unha mente marabillosa cóntase a vida de John Nash, un matemático que padeceu este transtorno.


A esquizofrenia
A esquizofrenia caracterízase pola aparición brusca tras un período de síntomas específicos: un deterioro predominantemente do pensamento, a linguaxe, o afecto e as habilidades sociais.
Na maioría dos casos aparece no contexto dunha síndrome psicótica caracterizado por alucinacións, delirios e comportamentos extravagantes.


Un estudante de matemáticas
Nash é o personaxe principal de Unha mente marabillosa. Ao principio da súa vida todo ocorre con total normalidade ata que lle é diagnosticada esquizofrenia; entón é cando se descobre que todo o que se fora vendo como argumento da película era creado pola súa mente. Cando comeza o relato é un estudante de posgrao; ao facer unha revolucionaria teoría consegue unha praza de profesor e nese momento é cando coñece a Alicia, unha das súas alumnas, quen o deixa fascinado demostrándolle que as leis do amor están por riba das matemáticas.

O brote psicótico
Entón comeza un novo tema: é recrutado por William Parcher para que axude aos EEUU na Guerra Fría contra a Unión Soviética. Pero pouco a pouco descubrimos que esta historia é creada pola mente de Nash debido á esquizofrenia. É levado a un psiquiatra, quen lle diagnostica a enfermidade e infórmanlle de que vai ser tratado mediante unha terapia electroconvulvisa durante varios meses para poder ser reinsertado na sociedade. Despois disto volve á casa pero mantendo unha medicación que o dorme mentalmente, non podendo desta forma traballar nas súas teorías ni ter relacións coa súa muller.
Nash tómase a súa enfermidade dun xeito divertido, por exemplo, na escena na que o seu amigo Sol o visita e pregúntalle si coñece a Harvey, outro amigo que está sentado na cadeira (onde en realidade non hai ninguén!); Sol preocúpase pero Nash ri e recoñece que era unha broma. Despois dun tempo, Nash deixa de tomar a medicación debido aos problemas que lle causaba. Pero de novo volve caer nas alucinacións e delirios que antes tiña. A súa muller, que deixara ao seu cargo o bebé que tiveran, decátase e preocúpase. Moi asustada decide irse co neno ao medio da estrada pero, cando xa vai marchar, Nash ponse diante do coche e dille que sabe que eles, os personaxes das súas alucinacións, non son reais, porque eles non crecen e ela, porén, si o fai. Nese momento reflexiona e desde ese acontecemento aprende a diferenciar entre o real e a súa imaxinación.

O premio Nobel
Xa ao final da película, Nash é galardoado co premio Nobel de economía pola gran calidade das súas teorías. No seu discurso dá as grazas á súa muller xa que esta foi un apoio imprescindible para a superación da súa enfermidade, e di textualmente:
Sempre crin nos números, nas ecuacións e na lóxica, que levan á razón. Pero despois dunha vida de busca dígome: Que é a lóxica? Quen decide a razón? Busquei a través do físico e do metafísico e fixen o descubrimento da miña vida: só nas misteriosas ecuacións do amor pode atoparse algunha lóxica.

A miña opinión
Na miña opinión, a película explica moi ben o que é a esquizofrenia e axuda a "entender" como se sente quen a padece, aínda que para iso o director tivo que esaxerar esta enfermidade. Por exemplo: na realidade estes trastornos e alucinacións soamente se escoitan e o director quixo escenificalos con imaxes para que se vise máis clara a historia e que as alucinacións do protagonista parecesen máis reais e comprensibles nunha linguaxe cinematográfica.
Desde o meu punto de vista, o xeito divertido en que Nash trata a enfermidade é o que fai que poida convivir con ela. O máis importante é o papel que teñen tanto Alicia, na película, como na realidade os familiares; é moi importante e moi difícil, como se representa na escena en que ela, farta das consecuencias da medicación, estoupa e guinda un vaso contra a parede. Non creo que na realidade haxa moitos esquizofrénicos como Nash e que poidan convivir con esa enfermidade, que é o que el acaba logrando cando se decata de que as súas alucinacións nunca crecen e a súa muller si.
Finalmente, o que podo engadir é que Unha mente marabillosa é unha película que todo o mundo debería ver para así ter outra visión desta enfermidade.

Materiais para descargar
Pica nas imaxes para ir ás páxinas indicadas:
Unha biografía de John Forbes Nash, o matemático en quen se inspira o personaxe principal desta película (Na Wikipedia)
A ficha da película en IMDb (Internet Movie Data base)

Unha discusión sobre a película desde o punto de vista psiquiátrico (Documento do Centre d'assistència terapèutica de Barcelona)