Encontro con Ahmed Alí, xornalista gráfico exipcio

Encontro con Ahmed Ali Abdelhamid Ahmed Darraz, reporteiro gráfico exipcio protexido por Amnistía Internacional.
Colaboran: Departamento de Filosofía e Proxecto de Biblioteca 2016-17, O corpo humano - O dereito a non sufrir tortura. Post realizado a partir das contribucións de todo o alumnado de 1º Bach. e a materia de Psicoloxía de 2º Bach. 


O encontro con Ahmed Alí tivo dúas partes. En primeiro lugar informou sobre a primavera árabe e os principais nomes e sucesos que e sucesos que debemos coñecer para comprender esta historia. Despois contou a súa historia sobre como foi detido e torturado e tivo que abandonar o país.

 1. A primavera árabe 

En Exipto en 2004 gobernaba o xefe militar Hosni Mubarak. Os primeiros anos do seu mandato foran bos pero a partir de aí convertiuse nun dictador. En 2005 houbo unhas eleccións que gañou con case un 99% de votos favorables... pero despois de investigar descubriuse que as persoas que estaban nos colexios electorais estaban a favor do réxime militar e que moitos dos votos obtidos por eles eran de persoas que estaban mortas!
En 2011 houbo grandes mobilizacións de mozos do 6 de abril, movemento que xunta diferentes ideas. Houbo unha manifestación no Cairo na que trouxeron un cadaleito coa bandeira de Exipto con imaxes de Mubarak e a palabra “ilegal”; este foi o primeiro parafuso no cadaleito do dictador.
Outra manifestación tivo lugar na ponte de Alexandría. os mozos miraban ao mar, de costas á estrada. Foron todos detidos e torturados cruelmente: apagaban cigarros contra a súa pel e electrocutábanos nas súas partes íntimas. Uns saíron do cárcere logo de tres noites e outros tras 13 horas.
Chegaron con isto á morte dun dos mozos Despois manipularon as probas e metéronlle droga na boca para que parecese unha sobredose.
Tamén, en Túnez, un home plantaouse lume a si mesmo diante do Parlamento polo descontento ante as inxustizas.


 2. A súa detención e tortura 

Conta Ahmed Alí que o 31 de agosto de 2014 estaba facendo unha reportaxe á unha nai dun periodista morto. Ao chegar á rúa da súa casa detéñenme e rómpenme o carné de periodista; ao chegar ao cuartel non me deixan nin facer unha chamada.
Decidiu non contestar ás preguntas e foi trasladado a un campamento das forzas de seguridade. Outros reporteiros que se daban por mortos ou desaparecidos estaban nese campamento. Ao día seguinte contou ao avogado o que sucedía e metérono nunha celda de 1 x 0’5 m onde estivo 5 días cos ollos vendados e as mans esposadas ás costas. A prisión estaba debaixo da terra.
Cando me vendaron os ollos só me preguntaba se ía vivir ou se ía morrer.
Para ser liberado tivo que pagar unha fianza de 1000 libras. Volvín traballar, quería facer un seguimento do meu caso pero dixéronme que estaba pechado. Un día un amigo seu avogado escoitou o seu nome nunha sentenza e pescudou que se lle condenara a 25 anos de prisión. Ahmed Alí fuxiu a Uganda onde pasou 30 meses e logo foise a Kenia, onde coñeceu a un activista de Amnistía Internacional empezou a colaborar coa organización.
Foi así como veu a España para compartir a súa historia. Gustaríame volver ao meu país pero non podo.


 3. O coloquio 

Moitas das preguntas foron sobre os seus sentimentos durante o encarceramento e a tortura xa que, como comentou Gabriel Pérez, ao ser xornalista narra cousas que poñen os pelos de punta tal e como sucederon.
Sheila Figueroa preguntou se a súa familia lle axudara. Contestou que a súa familia hai moitos cargos da administración e do exército. Poderían axudalo en casos de drogas, roubos, asasinatos, etc., pero non nun caso de oposición ao réxime porque se volverían sospeitosas/os. María Outerelo recolle unhas frases: mentres non toques o ámbito político non terías ningún problema en Exipto. Por exemplo, un estudante italiano decidiu facer o seu doutoramento en Exipto; levou unha vida normal durante o seu estudo pero cando saíu a rúa para realizar o seu traballo, que tiña que ver coa situación política do momento, matárono.
Outras frases de Ahmed Alí amosan o carácter da xuventude exipcia e como loita contra a ditadura:
Aínda que os teus soños se rompan hai que seguir intentándoos.
Ti, cando naces, non deberías estar atado a unha dictadura.

Ao final da charla sacamos unha foto con el para apoialo e animalo xa que el tivo que sufrir moito.



O canon de beleza

         

Dentro do proxecto multidisciplinar da Biblioteca Escolar deste curso (O corpo humano) o alumnado de 1º BAC empezou traballando sobre as proporcións corporais, medíndose as extremidades, a falanxes dos dedos e a cara co profesor de Filosofía Ramón Soler.

Posteriormente, coa profesora de Historia do Arte, Celia Sacasa, investigaron sobre os canóns de beleza a través das épocas. Aquí tendes unha mostra das súas presentacións.









A visit from Canada


Last Tuesday Christian e Noemi, who have been living in Toronto, Canada, for four years, came to visit us at school.

We talked about a lot of things: How did you do to make friends when you arrived there and you couldn’t speak any English? Were people kind to you? What Canadian cities have you lived in? What’s the weather like in Canada? Did you study in English from the moment you arrived? AND THE MOST IMPORTANT: Do you like Galicia or Canada better?

Do you want to know the answers to these questions? Well, then you must come to the library the next time they come around!!!

HAIKUS

            HAIKUS GALEGO-XAPONESES

No Floriani temos uns poetas moi especiais.  Aproveitando a lectura de Haikus, fixose unha actividade coa  versión dos rapaces e rapazas de 1º ESO. 
 



A NIGHT AT FREDDY'S

O alumnado de 3º ESO fíxonos unha versión teatral do videoxogo A night's at Feeddy's. Escribiron o guión e con algunha axudiña escénica mostramos o traballo aos grupos de 1º ESO e 2º FP.


A NIGHT AT FREDDY’S


(Iñaki viste unha camisa de cadros , cun peto onde leva 2 bolígrafos, uns pantalóns vaqueiros azuis e un cinto negro. Iñaki sentado no seu salón lendo ofertas de traballo no xornal. Tacha 2 ofertas de traballo. Mira outra, moi de preto e le). 

Mike: Vaia, traballo de 6 horas... Pola noite... Na pizzería de Freddy... Non está moi lonxe... Bo salario... Bingo! Chamarei a esta.

(Iñaki colle o teléfono e marca o número que aparece no anuncio: Na chamada).

Mike: Desculpe, chamo polo traballo de vixiante, si, o que está no xornal.

Pizzeiro (voz de persoa fraca, aguda): S... se, é... é aquí, necesitamos un vixiante de seguridade nocturno... Véñase ás 12, ten a chave debaixo do felpudo da porta de atrás da pizzaría.

Mike: (Euforico): Xenial, grazas! Alí estarei.

TRANSICIÓN 1. (IÑAKI SAE DE CASA, VAI POLO PARQUE E CHEGA Á PIZZARÍA, VAISE Á PARTE DE ATRÁS.
Mike colle as chaves que están debaixo do felpudo abre a porta, fai que se garda a chave. Mira todo de xeito estraño en busca da sala de vixilancia).

Mike: Vaia, parece ser aquí! (Mira estrañado e diríxese ao escritorio Pasa un dedo pola mesa e exclama:) Carai, que suxo está isto.

(Sopra na mesa e todo o po vaise polo aire. Mete os bolis que leva na camisa no portabolis: cunca, etc... que hai na mesa. Abre o computador. Soa o móbil).

Roi (Voz grave, de xefe rouco): "Eh, ola, ola? Eh, ola e benvido ao teu novo traballo nocturno na renovada pizzaria Freddy Fazbear's Pizza. Chámote para falarche sobre o que che pode agardar aquí durante a túa primeira semana de traballo e axudarche a empezar este novo e emociante camiño na túa carreira. Eh, agora, quero que esquezas calqueira cousa que teñas escoitado sobre o antiga pizzaría, vale? Moita xente aínda ten unha impresión negativa sobre a empresa. Os propietarios deixaron que o vello restaurante se fose ao tacho. Pero asegúroche, que a nosa empresa está adicada por riba de todo á seguridade. Levamos gastados moitos cartos nos nosos animatronics: Recoñecemento facial, mobilidade avanzada , ata déixanlles andar por aí durante o día como o ves? (Aclara a gorxa) Pero o mais importante é que están todos ligados a un tipo de base de datos criminal, así que poden detectar a un inimigo a centos de kilómetros de distancia. Coido que deberiamos pagarlles a eles para vixiarche a tí. ja, ja, ja. É devandito isto, sen as súas... cousiñas. Eh... só es o segundo garda que traballa aquí. O primeiro mozo terminou a súa semana, pero queixouse sobre... as condicións. Eh, cambiámolo á garda diúrna, así que, ei, tiveches sorte, non? O garda anterior queixouse sobre certos personaxes que parece que se moven pola noite, e até tentaron chegar á súa oficina. Agora, polo que sabemos, iso é imposible. Eh, este restaurante debería ser o lugar mais seguro na terra. Así que aínda que os nosos enxeñeiros non teñen unha explicación para isto, a teoría mais probable é que... os robots nunca tiveron un "modo noite". Así que cando hai silencio, cren que están na habitación equivocada, e entón tentan atopar onde está a xente, e neste caso, iso é a túa oficina. A nosa solución temporal é esta: hai unha caixa de música no Recuncho dos Premios, e podes darlle corda a distancia. Así que, cada certo tempo acende a cámara do Recuncho dos Premios e dálle corda uns segundos. Non parece que afecte a todos os animatronics, pero afecta... a un deles.(Aclara a súa garganta) Eh, e para o resto deles, temos unha solución aínda mais fácil aínda que podería haber un pequeno fallo no sistema, é dicir os robots poden verte como un endoesqueleto sen o seu traxe, e queren meterche nun, así que non te preocupes hemos de darche unha cabeza de Freddy Fazbear baleira, problema solucionado! Podes poñela en calquera momento, e deixarcha posta tanto tempo como queiras. Nalgún momento calquera cousa que entrase, volverá saír. Eh, algo máis que vale a pena mencionar é o tipo de deseño moderno do edificio. Deberías notar que non hai portas que poidas pechar, heh. Pero ai!, tes unha lanterna! E aínda que a túa lanterna pódese quedar sen enerxía, o edificio non. Así que, non te preocupes polo lugar queixándose ás escuras. Bo, creo que iso é todo. Eh, deberías bordarlo. Eh, mira as luces, ponte a cabeza de Freddy se o necesitas e mantén a caixa de música acendida. Pan comido. Que teñas unha boa noite, e falareiche mañá.".

(Iñaki está tranquilo no computador. Iñaki escoita o primeiro ruído, procedente da esquerda e levántase para ver que é. Aparece Rebeca. Iñaki ponse a máscara e dálle coa lanterna. Rebeca corre alén e métese á zona non visible do teatro).

Mike (exclama atemorizado): Pero, que é iso? ….., Imaxinacións miñas, supoño. (Senta na cadeira outra vez. Mira o reloxo e ve que son as 4). As catro!!!. Só me quédan 2 horas. (Aparece Elvira e repite o proceso do animatronico anterior, só que polo lado contrario a Rebeca. Repetición do suceso Mike ponse a máscara e dálle coa lanterna. Rebeca corre alén e métese á zona non visible do teatro').

(Transición de volta a casa de Mike polo paseo que foi. Chega a casa, pon unha alarma para as 6 da tarde e senta na cadeira. Dórmese. Soa o espertador. Mike espértase e volve á pizzaría sen ducharse.
Repetición do acto ''TRANSICIÓN 1, IÑAKI SAE DE CASA, VAI POLO PARQUE E CHEGA Á PIZZARÍA, VAISE Á PARTE DE ATRÁS Iñaki abre a porta, fai que se garda a chave, senta. Aparece Aarón, pero Aarón é mais rapido que o e dálle unha poutada e ábrelle a camisa. Iñaki abróchase a camisa e dálle coa lanterna a Aarón e este vaise por onde volveu, pero asustando aos nenos da primeira fila. Iñaki fai que está tenso e fai que chora dicindo:)

Mike: Estarei tolo? (Segue alí sentado vixiando todo). A última noite (Iñaki está sentado na cadeira e de súpeto aparecen TODOS os animatronicos e tírano ao chan e fan que o golpean, etc... Hai unha chamada, o son espántaos e Iñaki colle o teléfono:)

Roi (Voz grave de xefe rouco): Ola, empregado... Non me lembro do teu nome, pero non importa moito agora mesmo, xa que estás despedido.

Mike (indignado): P... pero por que?

Roi: En Fazzbear Entertainment, comunicáronnos que manipulaches os animatronicos, que non cumpres ben o teu traballo e o peor de todo , QUE LEVAS UNHA SEMANA SEN DUCHARTE! Deixa a chave baixo o felpudo, lévate ese repugnante uniforme e non aparezas máis por aquí... E por certo LÁVATE!

FIN

Cartazas en galego

En colaboración co Departamento de Normalización Lingüística  o equipo de voluntarios da nosa B.E. diseñou esta cartaza para ilustrarnos sobre a compaña. Como son unhas forofas do manga relacionaron a nosa tradición coa dos espíritus errantes xaponeses.



Resumo de actividades 2015-16

Nesta páxina resumimos o traballo da Biblioteca Escolar do IES Pedro Floriani no curso 2015-16. Na súa maior parte dedícase ao Proxecto de Biblioteca, que este ano é A LUZ, pero recollemos tamén outros conceptos:


Proxecto biblioteca: A LUZ
Actividades xerais 2015-16
Colaboracións con outras entidades
Formación de usuarias/os

Boletíns
Pica nas imaxes da columna da esquerda para acceder aos posts





      PROXECTO DE BIBLIOTECA: A LUZ      






/dia-da-biblioteca


Libros que que deron luz ao mundo, estudio sobre obras maestras da literatura universal





taller-de-cuentos-de-terror




Taller de Cuentos de Terror, utilizado para facer unha serie de actividades




      ACTIVIDADES XERAIS 2015-16      





 



http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2015/11/congreso-iberoamericano-de-bibliotecas_4.html




Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares - CIBES 2015




http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2015/11/celebrando-o-samain.html


Celebrando o Samaín con unha historia sobre Gabriel Couñago, un exalumno.








http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2015/12/violencia-de-xenero.html


Actividade que eleximos para reflexionar sobre a violencia de xénero






DEREITOS_HUMANOS




Actividade que se realizou na BIBLIOTECA sobre a historia dos DEREITOS HUMANOS








Novo Look


Con axuda económica do centro e o traballo de moita xente, conseguimos cambiar a imaxe da biblioteca.








Actividades_Nadal






Cadro resumo das actividades feitas no mes de nadal de 2015.








Á LUZ DO ISLAM




Actividade feita para dar a coñer ao alumnado outras relixión, cas suas costumes e así pódelas respetar.










Día da Paz


Actividade feita para conmemorar e resaltar a importancia de convivir en PAZ.






Solidaridade cos refuxiados






Solidaridade cos Refixiados.

A crise dos refuxiados está sendo unha das traxedas humanirarias máis dramáticas deste século.







a-luz-na-pintura






Traballo feito polo departamento de ciencias Sociais, para estudar a influencia que ten a luz sobre a pintura.









O CÓMIC MANGA




Este traballo sobre o cómic MANGA, foi presentado por uns alumn@s moi afeccionados a este tipo de literatura.







SOS SIRIA






Dada a precaria situación que están pasando os refuxiados sirios, organizamos esta actividade de recollida de roupa.







INTERPRETACIÓN DOS SOÑOS




A nosa compañeira Concha Pazos, antiga orientadora do noso centro, duenos una charla sobre a interpretación  don nosos soños.








A LUZ DA RAZÓN




Nesta charla filosófica, relacionada coa luz, tratamos sobre a luz da razón.







CHARLAS FILOSÓFICAS




Nesta segunda charla filosófica, relacionada coa luz, tratamos sobre a utopía e distopía.








Cajitas de Luz






O obxectivo buscado foi fortalecer o compañerismo e a dinámica de grupo, a empatía co outro e mellorar a autoestima.










http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2016/05/heroes-e-antiheroes.html








O obxectivo foi buscar as luces e as sombras a través dos ollos dos/as alumnos/as de 1º ESO








http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2016/05/a-biblioteca-como-espazo-de-xestion-de.html






O obxectivo foi buscar un bo equilibrio emocional, e para iso utilizamos o baile como medio de comunicación 
















http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2016/06/somos-o-que-consumimos-ou-consumimos-e.html












O Consumir non é só mercar. Para ter un 
consumo responsable deberiamos preguntarnos que historia hai detrás dos
produtos que mercamos?









http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2016/06/charla-de-fancisco-miguez-sobre.html






O alumno de Ciclo Medio, Francisco Míguez Portela, viu darnos unha charla sobre a electricidade e a luz a  1º ESO.









http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2016/06/holovision-unha-novedosa-tecnoloxia.html








A nosa compañeira Lidia Collazo de 2º 
ESO A presentounos a holovisión, unha novedosa tecnoloxía que será o
futuro da nosa vida cotidiá.






  http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2016/06/imos-ao-teatro.html






O texto traballado foi O mozo Quixote, unha peza de teatro de Tomás Afán Muñoz, autor que gusta moito da comedia.


















http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2016/06/o-dia-da-poesia.html












O Día da Poesía decidimos celebralo  primeiro pedindo ao profesorado qu e nos  mandara os seus poemas preferidos.










http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2016/06/diccionario-de-franco-grande.html






O pasado 6 de xuño tivo lugar un acto de
 homenaxe ao diccionario de Franco Grande organizado polo Fundación Peña
 Novo de Redondela.






  COLABORACIÓNS CON OUTRAS ENTIDADES      




 



































      FORMACIÓN DE USUARIAS/OS      





 



http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2015/11/formacion-usuarios-esa.html





Formación de usuarios para os alumnos que cursan a Eduación para Adultos





1º ESO


Formación de usuarios para os alumnos que cursan 1º da ESO







      BOLETÍNS