PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta 6 ENCONTROS CON AUTORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 6 ENCONTROS CON AUTORES. Mostrar todas las entradas

CLUB LECTURA 4º ESO. 6ª SESIÓN: ENCONTRO/OBRADOIRO CO ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO

O venres 1 de abril o Club de Lectura de 4º de ESO recibiu a visita de Abraham Carreiro. Co ilustrador de Contos que len outros nenos do mundo aprendemos técnicas para a creación de personaxes, obxectos e situación que podemos utilizar na comprensión visual dos cómics ou mesmo empregar nas nosas futuras creacións.




Asistiu tamén ao encontro Daniel Domínguez Rodríguez (2º Bach. Tecnolóxico), alumno gañador do noso Certame de Banda Deseñada (fotografía inferior esquerda); a calidade dos seus debuxos podemos apreciala na fotografía inferior dereita.


E aprendimos a reflectir as emocións a golpe de lapis (ledicia, tristura, enfado…), dar movemento ao estático papel, ou mesmo a crear os nosos personaxes.




Aí van algunhas notas que tomou a alumna Shelby Kuuipo Crespo Bush (4º A de ESO) para que vos fagades unha idea do que aprendemos no obradoiro.



Para debuxar un personaxe, hai que coller a cabeza como referencia para que teña en todo momento as mesmas medidas.


Para que sexa máis animado, dámoslle forma para que pareza ter máis velocidade e non ser tan cadrado o boneco. No caso contrario, se fose realista, non o fariamos.


Os distintos puntos de vista: PICADO (desde arriba), CONTRA-PICADO (desde abaixo, podemos utilizalo, por exemplo, para dar sensación de medo), PLANO XERAL (personaxes e situación), PLANO MEDIO (o personaxe desde a cintura), PRIMEIRO PLANO (para destacar un detalle).



As formas básicas para debuxar un animal ou calquera outro obxecto, parten sempre da estrutura. Así, podemos deseñalos partindo de figuras simples como círculos, que despois se borrarán, e conseguiremos que non nos saian desproporcionados.



Esaxerando diversas caras, expresións.


Esaxerar sen medo, con moita expresión. Pódese combinar diferentes caras e obtemos outras.



Depende da sensación e situación de ambiente na que se sitúa a imaxe, píntase con cores fríos ou cálidos. Nos debuxos fríos, para dar sensación de volume, perfílanse algunhas zonas con gris.



Para saber máis sobre o autor visita a biblio-biografía de Abraham Carreiro...

ENCONTRO CO ESCRITOR E XORNALISTA SANTIAGO JAUREGUÍZAR

O 18 de febreiro de 2011 tivemos un encontro co escritor e xornalista Santiago Jaureguizar. A súa visita facilitounos a comprensión das novelas detectivescas Corazón de chocolate e A coroa de Napoleón, lecturas obrigatorias da segunda avaliación para 1º e 2º de ESO.



Feito por José Luis Rey Lago (2º ESO A).

Jaureguizar é un escritor e xornalista que reside en Ribadeo. O seu pai era profesor na escola que el estudaba. Inspirouse nel mesmo e en Indiana Jones para escribir os dous libros.


Mediante estes libros intenta que os lectores coñezan mellor a historia das nosas cidades.


O libro
Corazón de Chocolate chámase así polas seguintes razóns:

No libro
A coroa de Napoleón a historia de Mo e Napoleón non está redactada como ocorreu de verdade.
  • Mónica dille a Tintimán que ten un corazón de chocolate porque anda con moitas rapazas.
  • Corazón sen sangue queda de cor marrón.
  • Polo biscoito.
Tintimán é un xornalista porque o escritor quería un investigador e, tamén, porque normalmente en todos os libros os investigadores son policías.

Tardou en escribir os dous libros seis meses, é dicir, tres meses aproximados para cada un.

Para saber máis sobre o autor visita a biblio-biografía de Santiago Jaureguizar...

ENCONTRO CO AUTOR XOSÉ ANTONIO PEROZO

Feito por Yasmina Ribeiro Garrido (2º B da ESO).

O 14 de decembro de 2010 recibimos a visita de Xosé Antonio Perozo, despois de que os nenos de 1º e 2º de ESO leramos O enigma de Embívicus.




Falounos un pouco da súa vida. A continuación fixémoslle preguntas sobre o seu libro.



Estas son algunhas das preguntas dos meus compañeiros:

Agustín Táboas: Haberá outro libro no que se vinguen do traidor?
Perozo: Non, déixoo cun final aberto para que cada un pense o que queira.

Agustín Táboas:
Se Cali e Susana tivesen un fillo, sería un “churriqueiro”?

Perozo:
Non sei que contestarche. Esta é unha pregunta insólita. É a primeira vez que ma fan e xa teño ido a moitos centros.


Alberto Carballido:
Por que o burato traga a Embívicus e o río a Figueiras?

Perozo:
Aínda que entre os nenos solucionasen o conflito seguía a existir moito rancor e sería imposible que continuasen a vivir xuntos.


Alberto Carballido:
En quen ten inspiraches para crear a Nani?

Perozo:
Nunha amiga da infancia que se chamaba Cayetana.


Sara González:
Por que os pais dos rapaces non os sacaban do cárcere?

Perozo:
Porque estaban de acordo cos da cidade.


Yasmina Ribeiro:
Canto tempo tardaches en escribir o libro?
Perozo: Máis ou menos 30 días en borrador e despois, cando me pareceu que xa estaba ben mandeino á editorial.

Roberto Jiménez: Por que só sobreviviron os nenos?
Perozo: Porque son o futuro.

Ana Pérez: Por que os rapaces non se preocupan pola desaparición dos seus pais?
Perozo: Porque como estaban enfrontados só pensaban nos que tiñan as mesmas ideas ca eles.

Por último asinounos os libros e tamén os dedicou.

DAVID D. VÁZQUEZ VISITA O PEDRO FLORIANI

O 10 de decembro tivemos o pracer de ter novamente connosco ao escritor de literatura infantil e xuvenil David D. Vázquez Álvarez; o encontro realizouse para o alumnado de 3º e 4º da ESO e versou sobre a súa novela Orballo da mañá (lectura da primeira avaliación). Mergullámonos na problemática da inmigración a través dos ollos de Nadia, aclarounos as dúbidas referentes ás fronteiras entre ficción e realidade, e, como sempre amablemente, asinounos os nosos exemplares.

Feito por Patricia Puertas García (4º B de ESO)

O venres 10 de decembro os alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Pedro Floriani recibiron unha agradable visita. David D. Vázquez, escritor galego, pasou unha hora con nós e algúns mestres. Os rapaces que están este ano en 4º xa o coñeciamos porque xa estivo o ano pasado connosco.

Este gran escritor estívonos falando do seu libro Orballo da mañá xa que todos os que estabamos alí o leramos.

Este libro trata dunha rapaza inmigrante, como era a súa vida no campamento de África e no noso país, España, xunto coa súa familia.

David díxonos que coñece esa rapaza na que se inspirou para escribir o libro, e que ela mesma contáralle algunhas cousas das que el escribiu; outros datos tivo que buscalos en internet, nos libros, documentais,...

Cando rematou o libro e publicouno, levoullo á rapaza que el coñece e na que nalgúns aspectos está inspirada esta historia; pero ela díxolle que non ía ler ese libro, que lle agradecía moito que escribise sobre a súa vida, pero non quería lelo.

O escritor, David, recomendounos o seu último libro xa publicado, para adolescentes e para divertirse un pouco, o libro chámase Diario dunha prostituta.

Para saber máis sobre o autor visita a biblio-biografía de David D. Vázquez...

CLUB DE LECTURA VERBUM. ENCONTRO CON X. L. MÉNDEZ FERRÍN

@s alumn@s de 2º de bacharelato participaron no Club de Lectura do VERBUM (Casa das Palabras). A actividade partiu dun traballo previo: lectura da obra Retorno a Tagen Ata e análise crítica da obra na clase; centrámonos, tendo en conta as orientacións do Museo, na análise histórica da época na que foi escrita a obra, a análise particular e o trazado de posibles paralelismos de espazos e personaxes coa realidade galega e a busca de personaxes identificatorios. Posteriormente, realizouse, no Verbum, un encontro con Xosé Luís Méndez Ferrín no que puidemos dialogar co escritor e visitar a exposición BRAIS PINTO.




Artigo realizado por Óscar Lorenzo Rodríguez (2º Bach.Tec.)

O martes 26 de outubro, o curso de 2º de bacharelato do instituto Pedro Floriani, xunto con alumnos doutros centros, participou nun obradoiro en Vigo no que tiveron a oportunidade de ver e falar con Xosé Luís Méndez Ferrín, político e escritor galego coñecido por ser un dos grandes referentes da nosa literatura e presidente da Real Academia Galega.


A finalidade desta actividade era que os alumnos puidésemos manter un contacto directo cun autor que xa estudaramos en cursos anteriores e tamén resolver as nosas dúbidas sobre o libro Retorno a Tagen Ata, obra que todos leramos con anterioridade.
Durante o tempo que durou o obradoiro o ambiente estivo moi relaxado e Ferrín mostrouse moi amable e simpático ao responder as nosas dúbidas a pesar da súa fama de home con carácter forte.
Ao comezo as nosas preguntas ían encamiñadas cara á obra Retorno a Tagen Ata e sobre a posible identidade real das personaxes ficticias que nela se encontran, ademais do porqué da súa estrutura circular. Cara ao final, as cuestións dirixíronse cara ao marco político, onde Ferrín falou sen apuro sobre a súa opinión do decreto de plurilingüismo da Xunta, que tanta polémica desatou, sobre a situación actual de galego ou sobre o seu pensamento independentista, entre outros temas.
Ao final do obradoiro, Méndez Ferrín prestouse a asinar amablemente numerosos exemplares do seu libro, que os alumnos levaramos con ese propósito, chegando a dicir as seguintes palabras: “Estou asinando máis ca un ministro”, deixando patente o seu sentido de humor.

Para saber máis sobre o autor visita a biblio-biografía de X. L. Méndez Ferrín...

Máis fotos do encontro: