Utilizamos o libro para facer unha observación da realidade do s. XX a través da temática dos libros máis significativos.
A principios de século (Belle epoque) destacan os contos, especialmente relatos de lugares fantásticos (é unha época de paz e prosperidade, o tempo do desenvolvemento do Imperialismo, polo que os relatos ambiéntanse en lugares exóticos). Exemplos: Peter Pan, Tarzán.
Durante a I Guerra Mundial publícanse novelas máis intimistas, procura do sentido da vida. Exemplos: Demian (Hermann Hesse).
Nos anos 20 (os felices 20) volvemos a temas amables, misterio, investigación, novelas de detectives como: Sherlock Holmes, Agatha Christie.
Durante a II Guerra Mundial predominan os temas bélicos ou, curiosamente, dáse voz á mocidade e a infancia. Por exemplo: Diario de Ana Frank, O principiño, O gardián entre o centeo.
Ao final da guerra e na guerra fría, visións pesimistas sobre o ser humano: O señor das moscas, de William Golding; fantasías sobre o ben e o mal: O señor dos aneis, de J.R.R. Tolkien.
En clase...
No hay comentarios:
Publicar un comentario