CHARLAS "Unha viaxe arredor do mundo das lecturas filosóficas" - 3

3ª Sesión: Unha viaxe á ultraviolencia: A laranxa mecánica
Ten que someterse a un experimento para “quitarlle a violencia”.

A laranxa mecánica, de Anthony Burguess, é unha das novelas de sociología-ficción máis coñecidas, e a versión cinematográfica de Stanley Kubrik proporcionounos imaxes que están moi vivas na nosa conciencia colectiva.
En relación co tema que estudamos en clase, esta obra sérvenos para preguntarnos se a psicoloxía debe utilizar o método das ciencias naturais ou o das ciencias sociais.
Sobre esta novela e esta película fálannos hoxe Carmen, María, Naír e Gabriela.


Carmen preséntanos o tema e ao grupo. Van describir os dous tratamentos cos que se pretende curar a Alex, o protagonista: un deles é de tipo condutista e o outro de tipo psicanalítico.


María analiza os personaxes: Alex e os seus tres drugos ultraviolentos, os políticos, os policías e o persoal da prisión e as/os doutoras/es que tratan de “curar” a Alex.

O primeiro tratamento chámase na novela a Técnica Ludovico. Naír explica que é un condicionamento operante polo que se pretende que Alex faga unha asociación entre a violencia e unha droga que lle administran mentres ve unhas películas violentas.
Despois do tratamento, Alex reacciona á violencia e a sexualidade como ante a droga: prodúcenlle vómitos e náuseas.

Está Alex curado? Agora non é capaz de enfrontarse á xente que quere abusar del. Nin sequera pode escoitar a música de Beethoven: o tratamento condutista quítalle, coa agresividade e a sexualidade, a posibilidade de gozar da vida social e a arte.
Alex tenta suicidarse e, no hospital, recibe o segundo tratamento, que nos explica Gabriela. Agora ten que facer libre asociación, unha técnica psicanalítica baseada na interpretación: debe poñer textos para uns debuxos, e así vai aprendendo a elaborar a súa violencia e a convivir con ela.
Finalmente charlamos sobre se Alex está curado. Evidentemente, co tratamento condutista queda peor do que estaba, pero temos tamén moitas dúbidas de que unha persoa como Alex sexa recuperable. En todo caso, o tratamento psicanalítico non sería unha cousa dunhas poucas sesións, como se ve na película (e aínda máis no libro), senón un traballo moito máis longo e profundo.



Materiais para descargar

Coma sempre, deixámosvos aquí o cartaz e a presentación multimedia que fixemos para acompañar a nosa charla.



A presentación multimedia coa que acompañamos a nosa charla é esta (podes descargala ao final):