PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

LA CHANDELEUR

 Eva, a nosa profe de Francés, tivo a fantástica idea de celebrar a Candelaria (La Chandeleur) co seu alumnado... e a nós pareceunos xenial! 

Así pois, preparamos e decoramos a biblioteca para acoller as crêpes elaboradas polas alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO e acollemos ao flamante xurado que as degustou. Cando o xurado acabou o seu labor,   demos boa conta do que nos deixaron e podemos asegurar que estaban boísimas 😋, escoller as persoas gañadoras non vai ser nada fácil!!  

Os premios, no próximo capítulo... 








FORMACIÓN DE USUARIOS E ELBE 2

Nas últimas semanas da avaliación, desde a apertura da biblioteca a mediados de novembro, estivemos levando a cabo sesións de formación de usuarios co noso alumnado de secundaria, ao que lle ensinamos as novidades en canto á organización e xestión da biblioteca despois das reformas.  Co alumnado de 1º fixemos unha sesión un pouco máis longa para, por medio dun xogo, ensinarlles como atopar os libros e outros materiais na biblioteca. Ao final, entregámoslles os seus carnés e un pequeno agasallo. 

Ademais, aproveitamos tamén estas semanas para presentar a plataforma ELBE 2 e darlle ao alumnado de secundaria as súas credenciais. Á volta das vacacións continuaremos co alumnado de Bacharelato e ciclos. 







"SCAR OF BELEM" (Alumnado de Oratoria)

 O alumnado de Oratoria de 3ºA, coa súa profe Sonia Casar, agasallounos na mañá do 21 de decembro coa representación na biblioteca dun belén inspirado na obra "Scar of Belem", do artista Banksy. 

Parabéns polo voso traballo!! 👏👏👏






BELÉN

 Este é o noso belén solidario co pobo palestino, co desexo de que cese  pronto tanto sufrimento. 






CARTA AOS REIS MAGOS

 Na biblioteca estamos escribindo a nosa carta para os Reis Magos, ¿axúdasnos? 





EXPOSICIÓN NA BIBLIO

Inauguramos a biblioteca cunha exposición moi especial. Estes preciosos traballos foron realizados polo noso alumnado de 1ºESO para darlles unha nova vida a algúns dos libros retirados da biblioteca.

Parabéns a tod@s el@s e moitas grazas ao seu profe de Plástica, Eusebio Rivero, por ter esta fantástica idea e levala a cabo. 













APERTURA DA BIBLIOTECA

 Por fin chegou o día!!

Despois de varios meses coa biblioteca pechada por reformas, a partir deste luns día 13 de novembro a biblioteca está aberta a tempo completo para uso e disfrute de toda a comunidade do Floriani. 

Aquí temos ao dire, Ander, cortando a cinta inaugural... 

Xa podedes pasar pola biblioteca no recreo ou en calquera outro momento da xornada no que vos acompañe algun/ha profe. 






CONCURSO DE SOBREMESAS DE OUTONO E SAMAÍN

 Tal e como vén sendo habitual no no Floriani, este ano tamén celebramos un concurso de sobremesas de Outono e Samaín, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística coa colaboración da biblioteca. Aínda que de momento non está aberta ao público porque seguimos de reformas, fixemos unha excepción e reunímonos alí para celebrar o concurso. 



Houbo premios en varias categorías:

- "Padal de ouro" para a sobremesa máis saborosa. 

- "Entra polos ollos" para a mellor presentada. 

- "Dá medo" para a máis terrorífica. 

- "Man experta" á máis orixinal. 

O nivel foi moi alto e o noso xurado tívoo moi difícil para elixir as persoas gañadoras. 


Mentres eles deliberaban, os demais demos boa conta das sobremesas... 




ESTABAN DE MORTE!!


EXPOFLORIANI

 ¡Por fin chegou EXPOFLORIANI 2023, o resultado dun arduo traballo por parte do profesorado do grupo de Novas Pedagoxías do noso centro e, sobre todo, do noso fantástico alumnado, do que non podemos estar máis orgullosas e orgullosos.

 Foi unha mañá moi intensa, pero pagou a pena poder dar a coñecer o resultado do noso traballo e tratar de mellorar un chisquiño as vidas da xente do noso entorno. 

Parabéns ao alumnado e profesorado participante, foi todo un éxito!!