Xosé Antonio Perozo Ruíz (Llerena, Badaxoz, 1951), escritor e xornalista, que reside en Galicia dende o ano 1970, cando se instalou en Vigo. Axiña se converteu nun convencido defensor do galego, chegando a ser un dos pioneiros da información nesta lingua. Destaca como articulista, crítico de teatro e promotor de iniciativas culturais desde os seus postos de responsabilidade na prensa.
Traballou en diversos medios de comunicación. Destaca o seu traballo en Faro de Vigo, neste foi o motor do seu cambio e modernización nos anos 1985 ao 1987.
Traballou en diversos medios de comunicación. Destaca o seu traballo en Faro de Vigo, neste foi o motor do seu cambio e modernización nos anos 1985 ao 1987.
En 1988 foi nomeado director da Área de Cultura da TVG onde chegou a dirixir simultaneamente cinco programas semanais. Tiveron gran impacto televisivo os seus programas A noite das badaladas (sobre ciencias ocultas 1988), Ás de ouros (cultura, 1989) e O son dun pobo (música), Asemade dirixe e presenta os magazines nocturnos da Radio Autonómica Galega durante dous anos. Na radio acadaron grandes cotas de audiencia Tras do silencio (ciencias ocultas) e os magazines Para Elisa, O expreso das oito, Tápame, tápame e A Reoca.
É director da Enciclopedia Galega Universal da editorial Ir Indo.
Ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen:
É director da Enciclopedia Galega Universal da editorial Ir Indo.
Ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen:
Teatro: Tal vez Francisco de Zurbarán.
Literatura xuvenil: O enigma de Embívicus (1992), Contos máxicos (1997), O vento de Antón (2004).
Libros de divulgación: Quen é quen no primeiro Parlamento Galego (1982).
Libros de relatos Segunda convocatoria (2004) e Bailables (1994).
Novelas: Martazul (Premio Blanco Amor 2001); Caderno de Riparia (Premio de Novelas por Entregas de La Voz de Galicia 2003), Rosas para Gabriela (2004), 5 de agosto de 1936 (2005) e Espérame (2006).
No hay comentarios:
Publicar un comentario