BOLETIN NADAL 2015

BOLETIN   DE ACTIVICACES DE NADAL 2015

NOVO LOOK NA NOSA BIBLIO


INAGURAMOS NOVO LOOK NA NOSA BIBLIO

Grazas á axuda económica da direción temos dúas novas estanterías que permitiron arranxar toda a nosa colección de xuvenil tanto en castelán como en galego. Facilitan moitísimo aos usuarios o acceso aos fondos.


Tamén etiquetamos os andeis alfabéticamente  reordeando os fondos dun xeito máis lóxico para lograr unha optimización do servizo.


Ademáis recuperamos a zona de lectura informal que perderamos o ano pasado e inaguramos nova sección de novela histórica.

DEREITOS HUMANOS

A NOSA BIBLIOTECA COS DEREITOS HUMANOS

O pasado 10 de decembro celebrouse o día mundial dos dereitos humanos . Co grupo de 3º ESO A tivemos a ocasión de falarlles da súa orixe. Para elo,  elaboramos unha presentación dende os seus inicios ata o mundo actual.




Despois, tivemos a oportunidade de debater en que lugares do mundo non se cumpren estes dereitos e que situacións están a atravesar moitas persoas ( guerra en Siria, refuxiados..) nas que os seus dereitos non se ven recoñedidos polos gobernos.

A Midsummer Night's Dream - Our collective work

Here's Shakespeare's most hilarious play, which we worked into three panels: Evening - Night - Morning:



We started here: the documentation post in this blog (click on the image to open):





These are our works (Click on the double-diagonal-arrows to watch the presentations in Full Screen mode):


The law of Athens
Hermia is forced by the law in Athens
but finds solutions in the wood
Mateo Orge, David Vilaboa
The wood
Love and strange couples in the wood
Alberto Núñez, David Rodríguez
The love potion
The love potion causes many changes in the play
María Lago - Ana Misa
Magic
What does magic represent? - Magic in the story
Carla Alonso, Ibtissam Moukhass
Magic
Magic and magical characters
Luis Prada, Sergio Prieto
Dreams
Dreams, Magic and Psychoanalysis
Iván Álvarez, María Rodríguez
Dreams
Magic, Fairies and Symbolism
Tatiana Cabaleiro, Manuel Rodríguez
The supernatural world
The love potion: Oberon, Titania and The Puck
Anxo Táboas, Lois Lago
Law and Order vs Instinct and Chaos
We need both: Law and Order, and Instinct and Chaos
Gabriel Lago, Miguel Mouriño
Apollonian and Dyonisian
An analysis of AMND using Nietzsche’s concepts
Sheyla González, Alba Covelo, Carla Luis
Apollonian and Dionysian
An analysis of AMND using Nietzsche’s concepts
Iván Blanco
Light and darkness
Light and darkness:
the interdependence of reason and passion
Luciano Fernández, Andrés Piñeiro
Gender issues
Shakespeare’s women are no scared wives or daughters
Alba Campos, Jesús Fernández
Roses
Shakespeare compares virgin women to flowers
Gabriela Carvalho, Saínza Fernández
Loving couples
Titania, Oberon and the four lovers’ problems
Tatiana Muíños, Paula Amil
Wrong couples
Matching Jacks and Jills
Noa Domínguez, Carla Bras
Fairies
Names explained and drawings
Irene Aguilar, Ana Carballido
Craftsmen
Names explained and drawings
Laura Rodríguez, Rosa Salvador
The play within the play
Is AMND a comedy or a tragedy?
Both - it’s a play within a play!
Patricia González, Lorena Álvarez


Encontro con Ana-Paula Oliveira e Renata Neder

Asasinatos policiais nas favelas do Brasil


Colaboran:
Grupo do IES Pedro Floriani da Rede de Escolas de AI
Vale máis acender unha candea ca maldicir a escuridade
Departamento de Filosofía
Biblioteca Escolar - Proxecto 2015, Ano da luz


Texto: Sofía Castro, 4º ESO B.


A charla do pasado xoves 26 pareceume interesante e incrible. Grazas a Ana-Paula e Renata coñecemos datos e información que ata agora descoñeciamos.
Dixeron que o Brasil é o país con maior número de homicidios cometidos pola policía, que é o que máis me impactou de todo, como a policía pode causar tantas mortes.
Elas dicían que no ano do Mundial de fútbol as cifras de número de mortes aumentaron e teñen medo de que coas Olimpíadas volva aumentar, e iso é algo que non podemos permitir e que é terrorífico.
Finalmente, Ana-Paula contounos como a policia matou o seu fillo Johnathan sen motivo ningún. Foi un relato conmovedor e escoitámolo en silencio.

Oxalá todas as vítimas, familiares sobre todo, co tempo se volvan máis e máis fortes e poidan volver á tranquilidade e oxalá teñan moita sorte coa cmpaña Tu mataste o meu filho e consigan pouco a pouco facer máis. Creo que si: que se vai facer xustiza pero como elas dicían ninguén vai poder devolverlle aos seus fillos xamais.
Nin a policía nin ninguén ten dereito a quitarnos a nosa vida, un dereito humano imprescindible, o dereito á vida.

Documentación
Esta é unha das últimas noticias e investigacións que podemos atopar na páxina de Amnistía Internacional:


Brasil - Mataste o meu fillo


Brasil: policías militares de “gatillo fácil” mataron centos de persoas na cidade que se prepara para recibir os xogos olímpicos. Río de Xaneiro é unha cidade marcada polas intervencións policiais represivas. A súa policía militar, que parece seguir a máxima de “disparar primeiro e preguntar despois”, está contribuíndo ao alarmante aumento da taxa de homicidios pero os seus axentes nunca son investigados nin comparecen ante a xustiza.
Así o afirma Amnistía Internacional nunha análise inédita de datos estatísticos publicada a un ano do comezo dos xogos olímpicos de 2016.



Materiais
Na charla empregáronse estes audiovisuais:

  


Libro de visitas
Nós fixemos estes comentarios, que lles ofrecemos para amosarlles a nosa solidariedade e o noso cariño:


Fai click nas fotos para velas ampliadas:

VIOLENCIA DE XÉNERO

EU SON FONTE…


Este foi o título da actividade que eliximos para reflexionar no día da violencia de xénero.
Os agrupamentos de 1º fixeron un cartel con todas as víctimas deste ano e tamén colaboraron os alumnos de bacharelato:Este foi o título da actividade que eliximos para reflexionar no día da violencia de xénero.



Tras unha charla impartida por Uxío do CIM do Concello de Redondela na que se visionou o video: el orden de las cosas:


 
Tras un coloquio sobre o video e o seu simbolismo os rapaces e rapazas de 4º ESO describiron cunha palabra de que son fonte as mulleres.
 
A continuación pegaron as súas cintas


O resultado é o que podedes ver nas fotos  EU SON FONTE DE ………