PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

XA ANDAN VIAXANDO AS MOCHILAS VIAXEIRAS POLO IES PEDRO FLORIANI !!!


Este ano, o noso centro acordou incorporarse ao programa “Mochilas Viaxeiras” de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia. Decidimos comezar polo primeiro ciclo da ESO, pensando na importancia de incentivar o alumnado de menor idade.

A iniciativa partiu do Equipo de Biblioteca do IES Pedro Floriani porque cremos na importancia do fomento de lectura desde a casa e na colaboración entre pais/nais e profesor@s para que o noso alumnado descubra a afección lectora e adquira moi boas capacidades comprensivas e expresivas.

Desde a Biblioteca, agardamos que vos guste esta actividade e de que participedes, a través do Caderno da Mochila Viaxeira anotando suxestións para mellorala e as vosas experiencias lectoras.