CLUB DE LECTURA VERBUM. ENCONTRO CON X. L. MÉNDEZ FERRÍN

@s alumn@s de 2º de bacharelato participaron no Club de Lectura do VERBUM (Casa das Palabras). A actividade partiu dun traballo previo: lectura da obra Retorno a Tagen Ata e análise crítica da obra na clase. Posteriormente, realizouse, no Verbum, un encontro con Xosé Luís Méndez Ferrín no que puidemos dialogar co escritor e visitar a exposición BRAIS PINTO.

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

CLUB DE LECTURA VERBUM. ENCONTRO CON X. L. MÉNDEZ FERRÍN

@s alumn@s de 2º de bacharelato participaron no Club de Lectura do VERBUM (Casa das Palabras). A actividade partiu dun traballo previo: lectura da obra Retorno a Tagen Ata e análise crítica da obra na clase; centrámonos, tendo en conta as orientacións do Museo, na análise histórica da época na que foi escrita a obra, a análise particular e o trazado de posibles paralelismos de espazos e personaxes coa realidade galega e a busca de personaxes identificatorios. Posteriormente, realizouse, no Verbum, un encontro con Xosé Luís Méndez Ferrín no que puidemos dialogar co escritor e visitar a exposición BRAIS PINTO.




Artigo realizado por Óscar Lorenzo Rodríguez (2º Bach.Tec.)

O martes 26 de outubro, o curso de 2º de bacharelato do instituto Pedro Floriani, xunto con alumnos doutros centros, participou nun obradoiro en Vigo no que tiveron a oportunidade de ver e falar con Xosé Luís Méndez Ferrín, político e escritor galego coñecido por ser un dos grandes referentes da nosa literatura e presidente da Real Academia Galega.


A finalidade desta actividade era que os alumnos puidésemos manter un contacto directo cun autor que xa estudaramos en cursos anteriores e tamén resolver as nosas dúbidas sobre o libro Retorno a Tagen Ata, obra que todos leramos con anterioridade.
Durante o tempo que durou o obradoiro o ambiente estivo moi relaxado e Ferrín mostrouse moi amable e simpático ao responder as nosas dúbidas a pesar da súa fama de home con carácter forte.
Ao comezo as nosas preguntas ían encamiñadas cara á obra Retorno a Tagen Ata e sobre a posible identidade real das personaxes ficticias que nela se encontran, ademais do porqué da súa estrutura circular. Cara ao final, as cuestións dirixíronse cara ao marco político, onde Ferrín falou sen apuro sobre a súa opinión do decreto de plurilingüismo da Xunta, que tanta polémica desatou, sobre a situación actual de galego ou sobre o seu pensamento independentista, entre outros temas.
Ao final do obradoiro, Méndez Ferrín prestouse a asinar amablemente numerosos exemplares do seu libro, que os alumnos levaramos con ese propósito, chegando a dicir as seguintes palabras: “Estou asinando máis ca un ministro”, deixando patente o seu sentido de humor.

Para saber máis sobre o autor visita a biblio-biografía de X. L. Méndez Ferrín...

Máis fotos do encontro:




O Premio Planeta concédese a Eduardo Mendoza

O fascículo anual de literatura para o gran público trae nesta ocasión unha auténtica alfaia.


O escritor Eduardo Mendoza Garriga, nado en 1943, coa que a editorial decidiu agasallarse na edición 2010, é un dos máis prestixiosos, posuidor dunha técnica novelística que foi de estudo obrigado para o alumnado de bacharelato (La verdad sobre el caso Savolta, 1975; La isla inaudita, 1969), creador de personaxes innomeables aos que malchamamos polo nome dalgún outro (“Pepito Sugrañes” en El misterio de la cripta embrujada, 1979 e El laberinto de las aceitunas, 1982; “Gurb” en Sin noticias de Gurb, 1991), explorador dunha Barcelona procelosa e de parte do Espazo Exterior (La ciudad de los prodigios, 1986; El último trayecto de Horacio Dos, 2002)... Recentemente acadaron soa tamén outras obras que recollen temáticas anteriores (La aventura del tocador de señoras , 2001) ou que tensan o pastiche e a parodia ata o límite da ruptura (El asombroso viaje de Pomponio Flato, 2008).

O autor dá así o salto ao interior da propia trama narrativa, chea de misterios descifrados (Miguel Delibes e Ernesto Sabato rexeitaron o premio porque se lles ofreceu gañar a edición de 1994) ou sen descifrar (Finalmente esa edición gañouna Camilo José Cela, que foi acusado de plaxio) e súmase a unha lista de escritoras/es que impresiona pola súa calidade: desde Ana María Matue (1954) e Carmen Kurtz (1956) nos primeiros tempos ata Alfredo Bryce Echenique (2002) e o propio Eduardo Mendoza (2010) xa no século XX, pasando por unha serie na que toda omisión é imperdoable.


Obras de Eduardo Mendoza na nosa biblioteca:

Vargas Llosa, premio Nobel de literatura

As letras hispánicas están de noraboa xa que o premio Nobel de literatura foi concedido este ano, 2010, a Mario Vargas Llosa, que se une así a unha longa lista de persoeiros latinoamericanos gañadores do premio pola súa contribución á literatura (Octavio Paz, Gabriela Mistral, García Márquez e outros), á loita pola paz e os dereitos humanos (Rigoberta Menchú ou Adolfo P. Esquivel, etc.) e ao desenvolvemento das ciencias (como A. Houssay).

Mario Vargas Llosa, escritor peruano nacionalizado español, foi quen de escribir cunha voz propia en castelán servíndose de distintos subxéneros (novela, teatro, ensaio, artigos xornalísticos…), botando unha mirada directa e mostrando sen pexas esa abrupta realidade que nos rodea, facéndonos partícipes do que acontece, evitando que pasemos sen decatarnos ollando cara a outro lado. Comprometido e compromentendo co noso mundo. Noraboa.

Picando na fotografía podedes acceder á súa páxina persoal en internet, e máis abaixo podedes ver algunhas fotografías de portadas das obras súas que temos na biblioteca do noso centro.

SESIÓN DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA PARA ESA (FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN DOCUMENTAL)

O alumnado do Módulo 3 asistiu a unha sesión de formación de usuarios na que se trataron temas como horario e normas da biblioteca escolar, préstamos, organización do espazo, clasificación dos fondos e educación documental.

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

SESIÓN DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA PARA ESA (FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN DOCUMENTAL)

O alumnado do Módulo 3 asistiu a unha sesión de formación de usuarios na que se trataron os seguintes temas:

* Horario e normas da biblioteca escolar

* Préstamo

* Organización do espazo: zona de estudo, lectura informal, ordenadores, expositor de novidades

* Clasificación dos fondos e explicación do término CDU

* Educación documental: búsqueda de fondos a traves do MEIGA









Despois da presentación teórica fixemos grupos de tres e buscamos na rede os fondos en varias materias e varios xéneros literarios e os localizamos nos andeis:

Narrativa en galego: Un millón de vacas, Manuel Rivas.

Narrativa en castelán: Ensayo sobre la ceguera, J. Saramago.

Poesía: A voz a tí debida, Pedro Salinas

Cultura Clásica: Eneida e Iliada

Películas: MATRIX, MAR ADENTRO.

Cómics: Persépolis, Quotidanía Delirante, Miguelanxo Prado

Filosofía: Un mundo feliz, Aldous Huxley.

SESIÓN DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA PARA 1º ESO (FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN DOCUMENTAL)

SUCANDO OS SETE MARES

A presentación da biblioteca para o alumnado de 1º da ESO, novo este ano no centro, fixémola coa axuda de SIMBAD, O MARIÑEIRO, que nos acompañou nesta aventura, Sucando os sete mares.
Ven con nós e participa tamén. Pica nas fotos se queres velas ampliadas, ou no cofre:

se queres descargar materiais (Ao final hai un resumo para o profesorado).


1. Presentación da biblioteca

Ao chegarmos, recibimos un agasallo: o marcapáxinas da biblioteca. Despois sentámonos.




A continuación, limos con Pilar as normas da biblioteca e comentámolas.

A biblioteca está dividida en seccións e cada unha ten un número da Clasificación Decimal Universal (CDU):





2. Os enigmas do cofre do pirata

(Formación de usuarios / Educación documental)

Agora comeza a aventura! Nun recanto hai un cofre cheo de enigmas, abandoado por un vello pirata.


Achegámonos a ver que contén: Un rolo de pergamiño e sete cartas con enigmas que prometen viaxes e emocións!




Lemos o pergamiño.


Cada un dos sete grupos, cos nomes dos sete mares, nos que onte dividimos a clase deberá resolver un enigma, buscando as obras nos andeis ou buscando a información en fontes fiables de internet.


Cando o consigamos dirémoslle a resposta a Pilar e se é correcta daranos un dos nosos barcos.

Pegaremos o barco no noso mar e iremos coller outro enigma no cofre.



Á abordaxe!!!

Comeza a busca. Quen creou o persoaxe Corto Maltés? Cales son as últimas palabras do capitán en Trazo de Tiza? Termos que lembrar onde estaba a banda deseñada.


Álvaro Cunqueiro
sobre Simbad? Vázquez Montalbán sobre os mares do sur? Acolá resopran as seccións de Literatura Galega e Literatura Castelá. Coidado, corsaria, detrás de ti!


- Por que non aparecen os libros de Francisco Castro?
- Estará na sección de Literatura Xuvenil?
- Aquí! A resposta é Chamádeme Simbad!
- Xa temos o primeiro barco!


- "Cantos cantos"?
- Si. É que os capítulos da Ilíada chámanse "Cantos".



- Moncho, a Galipedia é unha fonte fiable?
- Normalmente si, pero sempre con coidado.
- A ver se poñendo Simbad o mariñeiro...
- Mira, As mil e unha noites! Pica aquí!
- Pero tamén pregunta quen é a narradora.
- Douvos unha pista: Fixádevos no pé da foto.


Vamos contar os barcos!

- Nós somos quen máis temos! Seremos as primeiras en facernos fotos cos chapeus!

- Xa se acabou?
- Son sempre así as actividades da biblioteca?
-Cando hai máis?



3. Materiais para o profesorado

Todos os materiais tomados de internet utilízanse soamente con finalidade educativa e, para solicitar que se retiren deste blog, basta con indicárnolo nun "comentario" na caixa de diálogo.