PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Club de Lectura




                         O Moucho Azul 2016-17                           


 

     Este curso, o noso Club de Lectura seguiu felizmente a súa andaina. O día 25 de outubro tivo lugar a súa presentación para o novo curso.

Refundíronse os catro clubes do curso anterior en tres:

- O club Hedwig (1º e 2º de ESO e FP Básica) foi coordinado pola profesora Carmen García Campos.

- O club Laurión (3º e 4º de ESO), pola profesora Rosa Ligero Valladares.

- O club Atenea (adultos e bacharelato) pola profesora Sonia Casar.

As obras elexidas este ano foron:



CLUB HEDWIG



Empezou a nosa andaina, o 14 de novembro,  con este libro. Para consultar o seu argumento, preme en 1ª OBRA   











Na sesión do 16 de xaneiro, comezamos con esta emocionante historia.  Este é o seu 
argumento: 2ª OBRA    











Queriamos facer un cambio de rumbo, e o 20 de febreiro propuxemos esta novela distópica. Se queres saber de que vai, preme 3ª OBRA         











O 3 de abril, atacamos esta 1ª novela dunha saga histórico-fantástica: Aprendiz de guardián.Esta é a súa sinopse:  4ª OBRA  











E, por último, unha novela realista, que trata sobre a problemática adolescente. Resumo: 5ª OBRA  









CLUB LAURIÓN 



 Esta primeira obra representa en estado puro a novela de aventuras . Tamén exploramos a evolución que tivo a adaptación desta novela no cinema, a través de versións dende o ano 1934 ata o 2012, sen contar diferentes series de televisión. A súa sinopse é esta:  1º OBRA                                                                                                                 







                                                                                       
Para non deixar atrás os personaxes de A illa do tesouro, mergullámonos nesta obra que volve usar aos tripulantes da goleta inglesa que voltaba para Bristol. Non puidemos deixar de facer un percorrido pola xeografía e paisaxes da costa galega de Fisterra que nos fai o autor. Foi un libro longo, pero cheo de acción. Resumo: 2º OBRA




De remate fíxonos rir, e con ela aprendemos outro xeito de ver a vida: fronte a adversidade, hai que actuar con humor. Descubrimos que se pode facer unha lectura lineal ou podemos centrarnos en distintos textos xa que, o contarmos con distintos materiais o libro se presta a iso.
O seu argumento é este: 3ª OBRA 












                                                   
Esta obra de Carlos Negro conecta excepcionalmente con toda unha xeración, e ensínalles que a poesía pode ser algo próximo a eles. Tras a lectura puidemos ver na rede unha lectura que fai o autor nun instituto e a versión coral, cos rapaces, da súa lectura. 
Sinopse: 4ª OBRA





Tres días antes do noso encontro no Clube de Lectura, mantivemos un encontro coa autora desta triloxía, que veu presentala nunha libraría da zona. Aí puidemos preguntarlle todas as dúbidas que xurdiron na lectura, e aínda quedamos con ganas de ler os seguintes volumes. Resume do contido: 5ª OBRA






CLUB ATENEA 






A primeira obra proposta foi esta marabillosa obra mestra da literatura universal, e unha das cimas do Realismo ruso do XIX.
Debido a súa extensión, precisáronse varias reunións para mergullarse nela. Vimos as diferentes adaptacións cinematográficas desta novela, así como o paralelismo con outras dúas obras do século XIX: La Regenta, e Madame Bovary
Sinopse: 1ª OBRA





El ocho é un best-seller entretido e moi ben fiado. Ambientado no século XVIII (en plena Revolución Francesa), e no século XX, narra, a través das súas protagonistas (Mireille y Cat Vellis), a procura dun xogo de axedrez mítico cun enorme poder. Ademáis de encantarnos, buscouse información sobre as numerosas personaxes históricas da obra. Resumo do contido: 2ª OBRA









































O club de lectura
O MOUCHO AZUL, da Biblioteca do IES Pedro Floriani de Redondela, comezó a funcionar no ano 2009-10 con dous clubes, un 
formado por alumnas/os de 4º ESO e outro mixto, con lectoras/es de conserxería, secretaría, alumnado e profes. Desde entón pasou por moitas formas: Un club  de nais, un club de profes e algunhas nais, varios clubes de 1º e 2º de ESO...
Podes acceder ao blog do Moucho Azul picando nesta ligazón ou ver aquí un resumo das súas actividades.


                       O Moucho Azul 2015-16                       


Club LAURIÓN Club HEDWIG Club ATENEA Club BUBO

2º libro
  






  


  



  

111111111 11111111111
5º libro
  
1111111111111111111111
5  libro

111111111111111111111
5º libro



  

11111 
111111
5º l





                       O Moucho Azul 2014-15                        

Club LAURIÓN Club HEDWIG Club ATENEA Club BUBO