PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Maleta de lectura - Departamento de FOL

INTERNET, a imprenta do século XXI


VALORACIÓN

A obra é interesante en canto ás cuestións que suxire e os temas que poden suscitar unha discusión. Non tanto desde o punto de vista técnico, porque moitos dos avances que indica o libro, en referencia á evolucións de Internet, quedan moi curtos en relación ao que ocorreu, e algún dos intrumentos que indica como innovadores (webquest, blogs, etc), hoxe xa son de uso común.


DEBATE

Guión para dúas actividades de debate:

Parte II - Capítulo 6 (Computadoras e Educación)

  1. Lectura do capítulo.
  2. Debate sobre as vantaxes e inconvenientes que supuxo a introdución das TIC na escola.

Conclusións (Páxinas 175 ss: Internet faille ben ou mal á escritura?)

  1. Lectura previa.
  2. Trata sobre a nova terminoloxía que se emprega para comunicarse a través da rede e as críticas que xenera este novo vocabulario nalgúns sectores, o que pode dar lugar a que o alumnado se posicione dun ou outro lado, e defendan en grupos cada un unha postura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario