PROXECTO INTERDISCIPLINAR

A bilbioteca colaborou co proxecto interdiscipinar organizando sesións de busca documental na rede e sesións de busca documental na biblioteca coa seguinte bibliografía:
1. 365 juegos de todo el mundo, Carlos Velázquez.
2. 100 juegos y deportes populares y tradicionales, Pere Lavega, Salvador Olaso.
3. Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, Antón Cortizas.
4. Os xoguetes esquecidos, Xosé López González.

Edición orixinal: Rides FR

Fecha de edición: Novembro 2007
Guión e dibuxo: Paco Roca
Enrugas inscríbese no denominado “cómic social”. Nel atopamos valores coma o compañeirismo, o amor de toda unha vida e a protección dunha familia, a fantasía como vía de escape dunha realidade que non nos gusta, a soidade, a rutina, a paciencia dos coidadores.
Chamounos a atención como o autor utiliza as páxinas en Branco para simular que o alzheimer comeza a devorar as neuronas e que na película Miguel tivese acento arxentino.

Sobre os personaxes:
Emilio, cuxa profesión (director dunha sucursal) fai que se acentúe máis a sensación de “persoa non útil” que teñen os avós que ingresan nunha residencia. Cando a enfermidade se fai inevitable, intenta enmascarala con artimañas e usar o seu gusto pola lectura para atrasar o máximo posible a hora fatídica de subir ao piso superior.
Miguel, un despreocupado home, sen familia, ao que non lle preocupa que veña ninguén a visitalo para non caer na decepción do resto de anciáns da residencia.
Miguel é retratado como un extorsionador. Está ao tanto de quen move cartos na residencia, está por encima do resto ao atoparse mellor. Quizais se cre o rei da residencia e isto tamén pode ser un tipo de demencia.
A súa “cura” consistirá en axudar a Emilio sen recibir nada a cambio, polo menos material, xa que por fin atopou a alguén de quen preocuparse.

Antonia, aínda que precisa un andador, sempre quere bailar e cre que la vellez non é sinónimo de ensimesmarse, senón de gozar do teu tempo e darlle alegría ao corpo.
Miguel e Antonia personifican os dous antagonistas: ela propón continuar activos para beneficiar ao corpo e á mente, el considera que non hai nada que facer dentro da residencia.

Dolores e Modesto son unha parella de anciáns que estiveron xuntos toda a vida, desde que se fixeron noivos. El padece de Alzheimer en estado avanzado, non di nada e é atendido pola súa muller, pacientemente, cada día. A dura situación serve para que Emilio decida loitar e non estar coma el.
O flashback no que se nos explica porque lle murmura certa palabra ao oído pareceunos precioso e serve de contrapunto ao que predica Miguel, sentirse sen ataduras nin preocuparse por sentirse abandonado pola familia.

Algunhas das preguntas que xurdiron foron:

• Que facer cos nosos anciáns nesta sociedade que cada día vai máis rápido?
• É esta a mellor solución para esta situación?
• Quero pasar os 10 ou 15 últimos anos da miña vida nunha residencia xeriátrica?
Evidentemente a resposta foi que non queremos pasar os nosos últimos anos nun lugar así. A opción a esta situación dos nosos contertulios foi optar polas residencias de día como mellor solución.

Cartas gañadoras obradoiro expresión escrita

RELATOS GAÑADORES DO OBRADOIRO DE EXPRESIÓN ESCRITA

Carta de amor sen a letra “e” 
“Ola amor, cada día imaxino os amados ollos azuis tan profundosna túa mirada. Cando miro cara ao sol imaxino os rizos roubados dun botín con xoias coma ti. O amor tan aloucado hacia ti inspira ao corazón diminuto na miña caixa torácica. Vou palmar coas túas curvas, cos músculos da boca, namoras cando bicas. Provocas cando pasan pola praia.
I love you baby”

Mensaxe dun naufrago sen a letra “s” 
 “ Para o que encontre a carta do meu naufragio: onte foi o naufragio do barco Bradbury cerca da illa Fahrenheit. Non hai ningún material para comer, beber, ou facer lume. O único alimento é cangrexo e moito peixe. Axuda por favor.”
Peter Hoccon.

Finalista 
 "Ola , son admirador das túas zarzas. No son un acosador, son un namorado. Sinto moita admiración polo voso coco, contas cos ollos máis horrorosos do país. Cando miro a túa cara sinto chorar os ollos da miña cachada. A miña piña chora coa túa cara. Ata logo. “

Obradoiro de expresión escrita

Seguimos cos obradoiros: esta vez de expresión escrita. Co curso 1º A escribimos unha mensaxe dun naúfrago e unha carta de amor. Para ler as cartas gañadoras preme aquí.

HABILIDADES SOCIAIS

7ª SESIÓN CLUB DE LECTURA CON NAIS

Nesta ocasión léronse dúas novelas gráficas moi galardonadas: María y yo de Miguel Gallardo e Arrugas de Paco Roca. Para ver María y yo preme aquí. Para Enrugas preme aquí.

pdf arte na biblio

2 VÍDEOS DOS SUBMARINOS

IMAXES CONTAMINACIÓN DA RÍA

CHARLA CON ANGEL LUSQUIÑOS SECRETARIO DA COFRADÍA DE PESCADORES DE CESANTES (REDONDELA)

Empezou a charla falando da contaminación da ría de Vigo:

- supera un 15 % os índices permitidos de chumbo - é a ría máis contaminada de Galicia

- toda a ría de Vigo é zona B incluso arredor das Cíes que antes era zona A agora é tamén B

- na ensenada de Baiona é todo zona C.
Precisounos que os pescadores dividen as zonas das rías en A,B ou C segundo a calidade do producto que se pesca:

- nas zonas A pódese comercializar o peixe ou marisco directamente desde a lonxa ao consumidor

- nas zonas B o proceso de depuración é imprescindible antes da comercialización

- nas zonas C o nivel de contaminación é moi grande e o producto non pode ser comercializado.

Falounos concretamente do caso da ensenada de San Simón a que inspirou os primeiros versos da nosa lingua e incluso a autores da literatura universal como Xulio Venre coas 20.000 leguas de viaxe submarino.

Desgraciadamente este cachiño da ría de Vigo está a sufrir unha degradación ambiental importante:

- hai verquidos permanentesno peirao de Cesantes de orixe industrial
- hai un alto grado de metais pesados que non son depurados e que afectan as ventas na lonxa porque a xente non quere compralos
- existe contaminación bacterolóxica procedente de verquidos fecais
- os recheos das instalacións deportivas afectan o equilibrio ambiental da ensenada.

Como consecuencia de todo esto prodúcese un aumento da salinidadeunha disminución do aporte de auga doce deterioro da saúde privatización do medio natural. Ángel engade que a ensenada de San Simón e unha zona de protección ambiental e que forma parte da REDE Natura 2000. Para mellorar a situación compraría un saneamento integral da ría a través de plans específicos: Plan de Usos Deportivos, Plan Urbanístico e Plan de Protección Medioambiental. A través destes plans poderiase acadar unha notable mellora do noso litoral e unha recuperación das zonas máis contaminadas e estragadas polos recheos e os verquidos. VOLTAR

DEBATE CON ANGEL LUSQUIÑOS

O alumnado de 3º ESO mostrouse moi interesado e concienciado polo problema. Velaiquí as súas preguntas:

1. “Por que non se multa ás empresas que fan verquidos?”
Xustifícanse porque as empresas crean postos de traballo. Nembargantes, según un estudo cada posto do mar crea 7 indirectos en terra.
A celulosa de Pontevedra, por ejemplo, ten só 100 traballador@s e matou a ría de Pontevedra, unhas das zonas máis ricas de marisqueo de Galicia.

2. Se non poden estar ( as industrias) perto do mar, por que están?
Porque teñen a concesión da autoridade portuaria de Vigo.

3. Se o goberno e a Xunta sabenno, por que non fan nada?
Se un concello como o de Vigo permite que o 50% das súa augas vertan na ría por falta dunha depuradora en condicións. Esta situación lévase dando 6 ou 7 anos e a Xunta o permite. Hai unha multa da CEE pendente de moitos millóns se non se resolve a situación.
A Administración prima máis o que a industria que a propia conservación da ría.

4. Pódese voltar a recuperar o litoral despois de trasladar a todas as empresas lonxe do litoral e parar os verquidos?
Rexenéranse con moita facilidade. Despois do Prestixe, a zona de Muxía foi cuberta polo chapapote: os bancos marisqueiros , os pesqueiros a Praia. Como é una parte moi aberta as correntes son mpoi fortes e actualmente é zona A.

5. As illas Cíes son un Parque Natural, por que non se protexen?
Faltan medios para sanear e eliminar os focos de verquidos de orixe industrial ao mar. A Xunta pode ser multada con 200 millóns de euros.

6. Os verquidos non poden ser depurados internamente nas industrias?
Sae máis barato pagar por contaminar. En 2010 houbo unah denuncia polos verquidos das obras do Ave na ría e a sanción imposta á empresa foi de 15.000 euros.

7. Cando se orixinou a contaminación?
Ven de lonxe, cando Pontesa verquía todo en Arcade.

8. No se poñen ás etiquetas a orixe do producto?
Non son moi fiables, hai que dicir que algunas conserveiras traen o meixillón, o berberecho, as ameixas de Chile . Esto supón o 90% do seu producto envasado.

9. Non se obliga ao mantemento das depuradoras?
O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo é o Presidente dunha importante empresa hormigonera.

É preocupante a falta de concienciación do problema. En xaneiro a cofradía de pescadores de Cesantes organizou una protesta contra os verquidos foi frustrante : só asistiron 200 persoas.
VOLTAR

CHARLA COFRADÍA

O xoves 26 de abril contamos coa presencia de Angel Lusquiños, secretario da Cofradía de Pescadores de Cesantes, que nos falou da situación medioambiental na que se atopa o noso litoral máis cercano: a ensenada de San Simón. Para saber de que foi a charla preme aquí. Preme aquí para saber cales foron as preguntas do alumnado.
Achegounos imaxes sobre os verquidos na ensenada de San Simón, se queres velas preme aquí.

Un bico de amor e vida

O mércores o alumnado de 3º ESO e 4º de PDC leron un conto fermosísimo de Xose Neira Cruz: Un bico de amor e vida con música da Orquesta Filarmónica de Galicia de fondo.

O vello e o mar, Moby Dick


Seguindo coas celebracións da Semana do Libro, o martes 24 de abril alumn@s de 4º ESO e 1º BAC leron extractos de O vello e o mar de Ernest Hemingway e da versión adaptada de Moby Dick de Hermann Melville.

Entrega premios concurso caricaturas

O luns 23 de abril fíxose entrega do premio do 1º Concurso de Caricaturas de Autores Literarios. O gañador resultou ser Fernando Darriba de 2º de Bacharelato. Noraboa!! 

LUNS 23 DÍA DO LIBRO

O luns 23 de abril, Día do Libro, tivemos múltiples actividades: repartimos agasallos e chocolates a tod@s aquel@s que se achegaron onda nós para emprestar un libro.