PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto 19-21: Novas tecnoloxías. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto 19-21: Novas tecnoloxías. Mostrar todas las entradas

CIANOTIPIAS


 COIDANDO A MEMORIA DA FOTOGRAFÍA 

En colaboración co Clube  de Letras o pasado martes 22 ofertamos este interesante obradoiro de cianotipia a todos os grupos de 1º e 2º ESO.

Anna Atkins é considerada a primeira fotógrafa da historia e a primeira botánica que plasmou imaxes de plantas e algas utilizando a cianotipia. Esta técnica foi anteriormente desenvolvida polo científico Sir John Herschel que utilizando unha impregnación química a base de citrato de amonio férrico e ferricianuro potásico poido reproducir o proceso fotográfico a través de obxectos reais .

Para saber máis sobre o fenómeno da cianotipia preme AQUÍ

María Xosé Martínez foi a encargada de ensinarnos o proceso que tivo lugar en dúas fases:

1º reproducimos as imaxes dun negativo en papel 


2º  fotografiamos a composición que cada un de nós fixo sobre o papel con ramas de tulla, plumas e outros obxectos.


E este foi o resultado: 



CHARLAS FILOSÓFICAS

SER HUMANO E TECNOLOXÍA



Este ano facemos as charlas filosóficas nas aulas porque non podemos xuntar os dous primeiros de bacharelato, pero facémolas coa mesma ilusión de sempre aínda que non teñamos a contorna privilexiada da biblioteca.

Dentro do tema deste ano, traballamos as seguintes obras:

En 1º A: 1984, Señor das moscas, Frankenstein.

En 1º B: Black mirror, O home bicentenario, Sociedade e tecnoloxía (Eros e civilización, Señor das moscas, 1984).

 Aquí tendes un exemplo das presentacións:


CHARLA ARQUITECTURA

  A nosa compañeira Marta  Guirado licenciada en arquitectura, arqueóloga e pedagoga compartiu co alumnado de 1º ESO o seu saber sobre os orixes das cidades e a sostenibilidade das actuais.



CHARLA SOBRE ENXENERÍA E IGUALDADE DE XÉNERO

A directora da EME ( Escola de Mineria e Enerxía ) Elena Prieto da Universidade de Vigo viu falarnos da enxenería da enerxía e as súas saídas profesionais.
Unha parte importante da charla levounos a reflexionar sobre conceptos como o autosesgo no que ás propias mulleres tenden a prever que acadan peores resultados dos reales.

A INTELIXENCIA ARTIFICIAL

O noso compañeiro en prácticas Camilo Prieto deunos unha charla sobre os usos máis novedosos da IA e así de cómo o seu funcionamento a través de algoritmos.

REFLEXIONANDO SOBRE A TECNOLOXÍA

COMO PROXECTO INTERDISCIPLINAR DA BIBLIOTECA PROPUXEMOS A INFLUENCIA DA TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS. EMPEZAMOS TRABALLANDO A PARTIR DUN INTERESANTE DOCUMENTAL SOBRE AS REDES SOCIAIS "SOCIAL DILEMMA". ESTA FOI A NOSA PROPOSTA PARA GRUPOS COLABORATIVOS.

FORMACIÓN USUARIOS 1º BAC

A primeiros de outubro tivemos a presentación da biblioteca para os dous grupos de 1º Bach. para entregar os carnés á xente que vén doutros centros e para aprendermos a buscar fondos e pedilos emprestados. Fumos seguindo as instrucións que xa estaban publicadas no blog (Pica na imaxe para ir ao post):


Agora poñémosvos algunhas imaxes para contarvos como foi. Primeiro decatámonos de que a biblioteca ten carteis con número e cores correspondentes ás distintas seccións, por temas ou polo tipo de fondo.


Despois continuamos pola clasificación CDU e os datos que veñen nos tellolos dos fondos (que non hai que confundir co número de rexistro do fondo, que está no interior e se utiliza para rexistrar o préstamo):


A continuación buscamos os libros e as películas no buscador OpacMeiga:


E, finalmente, atopamos os libros nos andeis a través das sinaturas do tellolo:


Exito total! Ao final tanto en 1º A como en 1º B atopamos todos os fondos que tiñamos que buscar!





ACTIVIDADES

 PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O CURSO 2019-20

PREME AQUI PARA VELAS.

FORMACIÓN USUARIOS 1º ESO

AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Este é noso proxecto multidisciplinar para o curso 2019-20. En torno a este tema organizamos a formación de usuarios para o novo alumnado de 1º curso de ESO.


Cun pequeno xogo que puso a todo o mundo en funcionamiento: tiñan que topar autores de libros de ciencia ficción, sobre inteligencia artificial no Opac Meiga e despois de localizar os libros resolver una pequeno enigma procurando información no libro.




PROCURA DOS LIBROS

GRUPO 1

1. O LIBRO QUE TENDES QUE PROCURAR ESTÁ EN FILOSOFÍA. CHÁMASE GÉNESIS. PROCURADE O SEU AUTOR NO BUSCADOR.

PISTA

Suma as catro cifras do nacemento do autor e multiplica ese número por catro. Agora busca esa páxina: que personaxes aparecen mencionados?

Solución: Arte, Anaximandro, Adán e o Examinador.



GRUPO 2

O LIBRO CUXO AUTOR TENDES QUE PROCURAR TITÚLASE DUNE E TRÁTASE DUN CLÁSICO DA CIENCIA FICCIÓN. ATÓPASE NA SECCIÓN DE LITERATURA CASTELÁ.

PISTA:

Se les o ano de nacemento do autor “á inglesa” e sumas as dúas partes, obterás un número. Multiplícao por catro e súmalle 25. Nesa páxina aparecen dous personaxes, como se chaman?

Solución: Jessica e Paul (páxina 353)


GRUPO 3

O LIBRO QUE TENDES QUE PROCURAR CHÁMASE SOLARIS E TRÁTASE DUN CLÁSICO MODERNO DA CIENCIA FICCIÓN.


PISTA: O capítulo cuxo título ten que ver cuns seres imaxinarios aos que temen os nenos comeza co protagonista falando con alguén: quen é esa persoa?

Solución: Harey (páx. 159; Los Monstruos)

GRUPO 4

ESTE LIBRO INSPIROU A PELÍCULA BLADE RUNNER. PROCURADE NO BUSCADOR O TÍTULO E O AUTOR. SECCIÓN LITERATURA.

PISTA: ¿En que cidade está o protagonista ao comezo do capítulo que coincide coa última cifra do ano de nacemento do autor?

Solución: San Francisco (capítulo 8)

GRUPO 5

O TÍTULO DESTE LIBRO É PROXECTO CÓSMICO PROCURADE O SEU AUTOR, UN PROFESOR DA UNIVERSIDADE DE NEWCASTLE. O LIBRO ATÓPASE NA SECCIÓN DE FÍSICA E QUÍMICA.

PISTA: Ao comezo do capítulo co título máis curto de todo o libro, aparece o nome dun río e dun país. Cítaos.

Solución: Nilo, Exipto (capítulo 4: “Caos”)



GRUPO 6

LO INEVITABLE É O TÍTULO DO LIBRO CUXO AUTOR TENDES QUE PROCURAR.
ATÓPASE NA SECCIÓN DE TECNOLOXÍA.


PISTA: Busca o capítulo cuxo título ten que ver coa mellor maneira de conseguir respostas. Na segunda páxina do capítulo comezando polo final aparece o nome dun famosísimo físico. ¿De quen se trata?

Solución: Einstein



GRUPO 7

O LIBRO CUXO AUTOR TENDES QUE PROCURAR TITÚLASE ROBOTS E IMPERIO.É UN BEST SELLER DA CIENCIA FICCIÓN E O SEU AUTOR UN DOS MÁSI RECOÑECIDOS MUNDIALMENTE. ATÓPASE EN FILOSOFÍA.


PISTA: Que dúas partes do libro teñen como título un sinónimo de “alba” e canto capítulos teñen cada una?

Solución: Aurora 1ª e 4ª parte; catro capítulos



GRUPO 8

O LIBRO QUE TENDES QUE PROCURAR TITÚLASE 36. ESTÁ ESCRITO POR UNA AUTORA ESPAÑOLA. ATÓPASE NA SECCIÓN DE CÓMIC.

PISTA: Na páxina que se corresponde coas dúas últimas cifras do ano de nacemento da súa autora deberedes buscar o nome dun rapaz que se fixo amigo da protagonista.

Solución: Marcos.


GRUPO 9

O LIBRO CUXO AUTOR TENDES QUR PROCURAR ATÓPASE NA SECCIÓN DE TECNOLOXÍA E TITTÚLASE INTELIGENCIA ARTIFICIAL.


PISTA: Nome do matemático inglés que en 1950 escribiu sobre a cuestión de se un ordenador pode “pensar”. A clave para atopar a resposta tela no índice do libro.



Solución: Alan Turing
 

Noraboa as/os gañadorar/es!!!

Presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato 19-20 - Documentación

Benvidas e benvidos ao novo curso no Floriani, especialmente todo o alumnado de 1º Bach. que vén doutros centros. Esperamos que vos atopedes moi a gusto aquí!
No traballo de hoxe colaboramos a Biblioteca Escolar e o Departamento de Filosofía, xunto cos seus blogs Bibliofloriani e A vella na cova. Neste post tedes os materiais para a presentación da biblioteca, na que aprenderemos a
  • buscar "fondos" (libros, películas...) no buscador OpacMeiga,
  • atopalos nos andeis e
  • pedilos emprestados.
Ademais, aprenderemos a localizar os fondos máis útiles para a materia de filosofía.

CDU e distribución dos fondos nos andeis
A clasificación CDU está explicada nun post de 2014-15 ao que podedes acceder picando nesta imaxe:


Probade a atopar as seguintes seccións (se xa estabas o ano pasado neste centro busca tamén, porque algunhas cambiaron de sitio):
  • Literatura xuvenil (etiqueta vermella) en galego (821.134.4) e castelán (821.134.2),
  • Literatura xeral (mesmos números, etiqueta branca) en galego e castelán,
  • Cine (791.43). Aquí están moitas das películas para a actividade de Cine-fórum;
  • Literatura clásica (87), especialmente cultura clásica e novela (807:008),
  • Historia (93),
  • Cómic (82-C), Manga (82-C) e Cómic feminista (82-C:141.72)

Buscar e atopar fondos
Para buscar fondos da biblioteca utilizaremos a páxina de Bibliotecas Escolares de Galiza (Pica na imaxe para acceder):


Nela hai un buscador:


O máis recomendable é buscar por "Frase exacta" no "Título". Quere dicir unha secuencia exacta de palabras dentro do título, non necesariamente ao principio (así evítanse problemas como o dos artigos ao principio, que non se sabe se forman parte do título ou non):


Aparece unha ficha na que consta a sinatura do libro, que utilizaremos para buscalo nos andeis:


Despois só habería que facer o préstamo, dicíndolle á profesora ou profesor de garda o teu número de carné da biblioteca e o número de rexistro do fondo, que adoita estar nun lugar visible (nos libros, por exemplo, na primeira páxina), e anotar o préstamo no caderno que está ao lado do ordenador principal.
Probade agora, por grupos, a atopar estes fondos. Veredes que hai libros de filosofía en moitos lugares da biblioteca. Así aprenderedes a buscar os libros e películas do currículo de filosofía de 1º Bach.:
  • R. Descartes: El tratado del hombre,
  • I. Asimov: Eu, robot (na colección A Fundación),
  • M. Crichton: Next,
  • P.K. Dirk: Blade runner,
  • M. Shelley: Frankenstein,
  • F. Nietzsche: Así habló Zaratustra (Filosofía en cómic)
  • M. Chalmers: Que es esa cosa llamada ciencia?,
  • J.M. Auel: El clan del oso cavernario,
  • Platón: República,
  • El hombre bicentenario (Película),
  • Gattaca (Película).