O desexo de ler
Suxerida por este libro, o Departamento de Matemáticas propón unha actividade de lectura que se fixo en PDC de 4º ESO na segunda quincena de setembro do 2010.
Ao principio de curso na materia de Ámbito Científico traballouse con este libro a modo de introdución dalguns conceptos propios da materia.
O alumnado tivo que ler o libro e responder a unha serie de cuestións (e reflexionar sobre as mesmas) sobre determinados conceptos matemáticos e a súa aplicación na vida cotia. Tamén serviu para facer papiroflexia e estudar algunhas propiedades da estrela de cinco puntos ademais das distintas aplicacións do número áureo.
Nesta ligazón podes consultar o material (cuestionario, estrela, número áureo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario