PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

2ª SESIÓN DO CLUB DE LECTURA 2011-12

O pasado 5 de decembro reunímonos para comentar a lectura do diario secreto de Adrian Mole. Analizamos as persoaxes principais lendo extractos do libro e estivemos botando unha chea de risas.

Información xeral sobre submarinos

Estructura General del un Submarino Convencional

Casi todos los submarinos actuales presentan una estructura de doble casco: un casco interno de acero, resistente a la presión y que resguardaría los elementos vitales del submarino (tripulación, maquinaria y equipos especiales).Un segundo casco, menos resistente, cubre total o parcialmente el casco resistente de acero.
El espacio que hay entre ambos cascos se halla dividido en varios compartimentos que se pueden llenar o vaciar: son los tanques de lastre principales, que permiten la emersión-inmersión del submarino.
Entre los dos cascos se aloja asimismo el combustible.
Entre los tanques de lastre secundarios podemos encontrar: tanques de nivelación de popa y de proa, tanques de aceite, de agua sucia, de agua dulce, de regulación, de compensación de torpedos de combustible de compensación y otros
Algunos submarinos presentan un único casco, resistente a la presión, en cuyo interior se instalan los tanques (minisubmarinos de ataque o los submarinos nucleares).
Los submarinos modernos suelen tener forma ahusada. Este diseño, usado ya en los submarinos más primitivos, se inspiró en el cuerpo de las ballenas y reduce significativamente el arrastre hidrodinámico sobre el submarino bajo el agua, pero empeora su comportamiento frente al oleaje e incrementa el arrastre en superficie. Dado que las limitaciones de los sistemas de propulsión en los primeros submarinos militares le obligaban a operar en superficie la mayoría del tiempo, el diseño de sus cascos era un compromiso. Debido a las bajas velocidades subacuáticas de estos submarinos, normalmente muy por debajo de 10 kt (18 km/h), el mayor arrastre bajo el agua se consideraba aceptable. Sólo al final de la Segunda Guerra Mundial, cuando la tecnología permitió operaciones submarinas más rápidas y prolongadas y la mayor vigilancia aérea enemiga obligó a los submarinos a permanecer sumergidos, volvieron los diseños de los cascos a tener forma ahusada, reduciendo el arrastre y el ruido.
En los submarinos militares modernos, el casco exterior está recubierto por una gruesa capa de goma especial o placas anecoicas para absorber el sonido y hacer más silencioso el submarino
En la parte central, separada de los compartimentos de proa y popa y separados por unos mamparos, se colocan las baterías, debajo de las cámaras de gobierno y de mando del barco. En estas cámaras se hallan instalados los sistemas de control remoto de los motores, los cuadros eléctricos y los sistemas de regulación de los tanques, los equipos de orientación y de gobierno de la nave, los controles de los timones, y los de detección y dirección de tiro y el control de los diferentes sensores del submarino.
Por encima de la parte central y sobresaliendo del casco, encontramos la Vela, una estructura no resistente que envuelve a la Torreta (la estructura interna y resistente que se encuentra ligada al casco) y que es hidrodinámica y que tiene la función de proteger a la torreta, los mástiles y los apéndices de esta zona del buque, alojando los peroscopios, el radar, el snorkel y las diferentes antenas.
Mientras que la torreta se utiliza para embarcar, desembarcar y salir al exterior navegando en superficie, la vela tiene una plataforma que hace las funciones de puesto de mando cuando el submarino navega en emersión. En muchas clases primitivas de submarinos, la sala de mando se ubicaba en esta torreta, conocida como «torre de control». Sin embargo, desde entonces la sala de mando se ha ubicado dentro del casco del submarino. No debe confundirse dicha sala con el «puente», que es una pequeña plataforma abierta situada en lo alto de la vela y usada para observaciones oculares mientras se opera en superficie. Puede haber también una plataforma cerrada adicional bajo ésta con ventanas y limpiaparabrisas para el mal tiempo.
En el compartimento de proa y siempre en el interior del casco, se hallan los equipos de la dotación: cocinas, duchas, WC, literas de marineros y de suboficiales, armarios, zonas de relax... En el espacio que hay en proa entre los dos cascos se disponen los tubos lanzatorpedos y el sonar.
A popa y en el interior del casco resistente se hallan situados los mecanismos propulsores: motores Diesel, eléctricos, engranajes de los timones, combustible...

1ª SESIÓN: LA EDAD DEL PAVO

ACTIVIDADE 1 . “La edad del pavo”. Alejandra Vallejo-Nájera. Ediciones temas de hoy.

Os integrantes do club fixemos unha lectura previa dos capítulos un , dous e tres do libro. Para o que cada integrante levou o material para a súa casa tres semanas antes.

Realizamos unha posta en común principiando polos aspectos que máis nos chamaron atención do texto, entre eles o estilo directo e non sen falta de gracia, as fases da adolescencia, informacións que rachan certos prexuízos,etc.

Entre eles, foron debatidos de xeito intenso:

. Adolescencia non é sinónimo de salvaxe

. O grupo de amigos non ten porque ser prexudicial

. Aínda que pareza o contrario os pais e as nais inflúen nos adolescente, sendo fundamentais como guías

. Os adolescentes necesitan poucas regras pero moi claras, teñen por outra banda moita necesidade de xustiza

. Qué pautas temos de seguir para establecer normas, unha alternativa a autoridade a comunicación e a negociación

. Etapas de desenvolvemento do adolescente

O miolo da charlas xirou o redor das dificultades de comunicación entre o mundo adulto e o dos adolescentes e das pautas necesarias para unha boa comunicación. Fixemos fincapé na interesante pasaxe que trata da arte de escoitar, clave para unha axeitada conversa con quen queira que sexa.

O estilo de libro cheo de diálogos permitiunos tamén ler en voz alta algúns diálogos que aportaron diversión e axilidade a esta posta en común, poñemos un exemplo bastante suxestivo:

- Qué tal Lucía? Qué fas?

- Vexo o concurso da tele, papá

- A ver? Ummmmmm.... Qué parvada! Qué perda de tempo!....

- A mín. gústame papá . Atópoo divertido

- Non me estraña miña filla. A túa idade a min tamén me divertía pérdelo tempo en parvadas. So despois comprendín que na vida paga a pena ser un pouco máis selectivo e culto.

-Queres que o cambie papá?

- Si, miña filla, quítao. Toma este libro , verás como te divirtes mais. Lee un pouco filliña. Xa verás.

- Gracias papá. Si non fose por ti, só vería cousas para chouchos.

Como di a autora esta conversa é un soño que xamais se producirá. Sería algo moi ideal esta apertura a reflexión con tan poucas resistencias. Na vida cotiá as conversas entre pais/nais e fillos/as nútrense de mandatos, advertencias, interese polas actividades e sentimentos dos outros, críticas, consellos, etc.

É moi normal que nunha conversa con adecuado diálogo haxa puntos de non acordo e alí e onde é máis necesaria unha postura de aceptación para o cal é preciso cumprir unha sería de regras para que este flúa e se converta nunha ferramenta para a comprensión entre os seres humanos. Para o cal precisamos ter en conta que cando iniciamos un dialogo non sempre temos razón, temos a obriga de rectificar e asumir aquelas cousas que razoablemente o interlocutor nos fai ver. Rectificar ou pedir perdón non nos fai inferiores senón que moitas veces o outro empeza a respectarnos máis xa que amosamos responsabilidade por nos mesmos.

E nesta tónica continuamos a falar durante dúas horas. Dúas horas de animada conversa chea de intervención e suxestións . Animamos a todos/as a ler o libro na súa totalidade, vale a pena!!!

INAUGURACIÓN DO CLUBE DE LECTURA

CLUB DE LECTURA 2011-12
O pasado luns día 7 de novembro inauguramos o club de lectura deste ano coa presenza das nais e profesorado. Limos os tres primeiros capítulos do libro La edad del pavo de Alejandra Vallejo Nájera. Se queres ler máis sobre os temas que se trataron preme aquí.

OS SUBMARINOS

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL E BUSCA DE INFORMACIÓN
Queres saber as partes dun submarino? Como se constrúen? … O alumnado de Tecnoloxía de 2º da ESO mostran os seus traballos de busca documental que levaron a cabo na biblioteca do centro. Preme aquí para saber máis.

CORSARIO NEGRO

ACTIVIDADES DE AMBIENTACIÓN Y LECTURA NA BIBLIO FLORIANI

“ O CORSARIO NEGRO”
Durante as últimas tres semanas de novembro os alumnos e alumnas de 1º ESO A e B estiveron convertindo a biblioteca nunca guarida de piratas para logo ler dous capítulos do Corsario Negro de Emilio Salgari.
AMBIENTACIÓN

LECTURA NA BIBLIO
Para ler os capítulos preme aquí.

CAPÍTULOS DO CORSARIO NEGRO




CELEBRACIÓN DÍA DA BILBIOTECA ESCOLAR

O pasado luns 24 de outubro celebramos con lecturas e música en directo o día da biblioteca escolar. Para ver o vídeo preme aquí.

PEQUENA BIBLIO-BIOGRAFÍA DE PEPE CARREIRO
Xosé Carreiro Montero
(1954, Vigo), máis coñecido como Pepe Carreiro, é un humorista gráfico, ilustrador e deseñador de BD. Comezou en 1977 coa banda O fillo de Breogán no voceiro comunista A Voz do Pobo. Foi un dos fundadores de Can sen Dono, revista que chegou a dirixir, e XO! "a voz que para a bestas". Ten colaborado con publicacións como Teima (na sección "O galo Camilo"), Hoja del Lunes de Vigo, Faro de Vigo ("Maxistérico"), Faro do Luns (“Canle privado”), El Pueblo Gallego ("O galo Camilo"), A Peneira ("Robinsón"), La Voz de Galicia, Diario de Galicia, A Nosa Terra, Mundo Obreiro, Televisión de Galicia (“O anano do tesouro”), El Mundo, A trabe de Ouro, Tempos novos, kkrak.net, Novas de Galiza ou La Codorniz.
Publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (1997, Laiovento) e Peor que onte, pero mellor que mañán (2004, Fervenza). Como debuxante e guionista de cómic publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns (2003, Toxosoutos), unha revisitación asterixiana: Baroña ou morte, No solpor da prehistoria, A noite de Samaín e A noite das cacharelas; e Os Pequenos Barbanzóns, en colaboración con Abraham Carreiro; un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore na primeira etapa da revista Golfiño, que despois foi recompilada en formato álbum por Xerais no 2002.
Como debuxante e ilustrador infantil foi o creador da serie Os Bolechas, Os Fomigón, Contos do Miño (as tres editadas por A Nosa Terra), Merlín (Xerais), Árbore e A chalupa (ambas en Galaxia), etc . Ten desenvolvido a publicación infantil "Bule bule" e publicou o álbum Compostela, historia dunha lenda (ed. Toxosoutos, 2003) da que se tiraron dez mil exemplares.
A través das súas humorísticas páxinas reflectiu a súa opinión sobre a historia, facendo fincapé nos nosos acontecementos históricos: Historia de Galicia infantil, Historia da lingua galega: do latín ao galego cordial.Versión para xente madura, Historia da lingua galega: do latín ao acento de Burgos. Versión para xente nova, Historia universal, e coñecemos a moitos persoeiros galegos a través da súa colaboración na serie Protagonistas da Historia.

Traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia propia e ten un estudo propio desde os anos 90.

Palmarés

Foi terceiro premio ex aequo con Xan González do Concurso Nacional O Facho de Cómics para nenos no 1980 por A illa dos carballos. Por toda a súa traxectoria recibiu en 2003 o Premio Ourense de Banda Deseñada, que recoñece cada ano unha iniciativa ou persoeiro relevante da novena arte en Galicia.

FORMACIÓN USUARIOS PROFES

Estabamos presentes a maioría dos que formamos o equipo da biblioteca. Moitos deles profesorado que se incorpora por primeira vez a él.
Informouse sobre cuestións prácticas como:

1. o novo programa de autoempréstito
2. as líneas prioritarias da xestión básica (busca usuarios, asignación de carnés, préstamo e devolución…)
3. fixéronse practicas de busca de libros no catálogo da biblioteca a través do OPAC- MEIGA .
E outras máis teóricas como a nova estandarización do etiquetado e os códigos da CDU.
FORMACIÓN USUARIOS PROFES
O día 20 de outubro tivo lugar a formación de usuarios para o profesorado. Preme aquí para saber máis.

Presentación da biblioteca para 1º BAC

Na última semana do mes de outubro tivemos as presentacións da biblioteca para os dous cursos de 1º BAC.
Na clase de filosofía aprendemos a buscar información en internet sobre os libros de lectura da materia e atopalos nos andeis. Para isto tivemos que aprender antes algúns conceptos sobre a distribución da biblioteca e as normas, a Clasificación Decimal Universal e o blog de filosofía.

Ao principio estivemos familiarizándonos cos espazos: os andeis de libro científico, os de literatura xuvenil, os de idiomas, o de películas, o de cómics..., o recanto dos ordenadores, o de lectura informal... Adrían foi o primeiro en usar as butacas deste último recanto.
Xunto aos andeis dos cómics, á entrada, está o cartel da CDU. Folleamos un pouco os libros dos nosos personaxes favoritos e buscamos algúns dos códigos máis frecuentes.
Agora toca baixar o arquivo de ACCESS coa información dos libros de filosofía que podemos ler este ano. Pablo amósanos como facelo na pantalla e as/os demais dicímoslle que obras que nos poidan gustar: por título, por autor, por tema...

E a continuación buscamos en Opac Meiga e, mediante o Localizador, atopamos o libro ou película no andel correspondente.

Ao final utilizamos o programa de autopréstamo para levar as nosas preferencias, como nos ensinaron nos recreos, ou tamén para devolvelas ou renovalas.

FORMACIÓN DE USUARIOS. Presentación da biblioteca para 1º BAC

Na última semana do mes de outubro tivemos as presentacións da biblioteca para os dous cursos de 1º BAC. Para saber máis preme aquí.
NOVO PERCORRIDO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa comenzaron a súa andaina entre as familias de 1º e 2º da ESO.
Este ano incluimos un diario para que as familias nos dean a súa opinión, suxerencias ...

Autoempréstito

O AUTOEMPRÉSTITO: UN ÉXITO
O programa de autoempréstito empeza o curso cunha moi boa aceptación entre o alumnado da ESO e BAC.

CLUB LECTURA MIXTO 8ª SESIÓN: ROTEIRO LITERARIO

A PRAIA DOS AFOGADOS
Hai materiais para descargar ao final

Como este ano nos portamos ben, tivemos un premio para acabar o curso: O roteiro literario da novela A Praia dos Afogados, de Domingo Villar.
Víñamos desde Redondela e desde Vigo, así que decidimos quedar xa en Panxón, e onde, se non no Refuxio do Pescador?


No “Bar de Tavo”, como o chama a xente da vila, é o propio Gustavo quen nos explica como está reconstruído o lugar na novela, conservando detalles actuais xunto con outros que agora xa desapareceron. Xunto á fiestra hai xente botando a partida de dominó, pero dentro hai outro espazo que agora é un comedor e que antes era a carpintería de ribeira do libro, onde traballaba o seu propio pai. Por fóra está pechado agora, pero el amósanos o interior, no que ten fotos aparelladas de Panxón como era antes, cando as dunas ocupaban toda a praia, e como é na actualidade, cando foron substituídas pola arquitectura racionalista que Domingo Villar comenta no seu libro.

A continuación dimos un paseo para ver, aos lados do Refuxio do pescador, a lonxa e o club náutico, que ten forma de ponte de mando dun barco...


..., a rampla que chega ata a auga e os barcos de remo, entre os que aparece algún mastro...



..., o peirao no que algúns (e algunhas!) están probando coa cana de pescar, as gamelas e lanchas auxiliares, as nasas amoreadas...


Despois chegou Miguel, a auténtica estrela da nosa visita, un amigo percebeiro que nos acompañou explicándonos todo o que ten que ver coa pesca e os lugares da novela.


Primeiro vimos o barco no que el estivo varios anos pescando con nasas, e outro que saía nese momento (sen nasas, porque só se levan á noite). Coma estes debía ser o do Rubio.


Despois achegámonos a unhas nasas e Miguel contounos como se ceban e se preparan e como se pescan con elas a nécora, o camarón e mesmo o polbo e moitos outros peixes.

As nécoras non poden saír polo peso; os camaróns si, pero non saben atopar a saída. Os polbos son moito máis intelixentes e atópana ben, así que hai que collelos mentres están distraídos comendo.

Subimos agora ao Templo Votivo do Mar. Pasamos xunto ao arco visigótico que o arquitecto Palacios conseguiu indultar a cambio de facer os planos da nova igrexa, na que entramos.

Os mosaicos e as imaxes son como os describe o noso autor, pero o párroco, que tamén se chama Fernando, non é o velliño que el pinta.


Atendemos á explicación da simboloxía da imaxe da Virxe do Carmen, que baixa do ceo para rescatar aos mariñeiros protexidos co escapulario. Está tamén a reprodución da carabela La Pinta e moitos outros símbolos que mesturan as crenzas, a superstición e o poder dunhas persoas sobre outras nos mesmos graos que se contan no relato.


Seguinte parada: a praia da Madorra. Detrás de Maite, Bea e Víctor está a esquina da praia onde atoparon o corpo de Xusto Castelo, e na esquina contraria vese a península de Monteferro, aínda milagrosamente a salvo da especulación e da cultura do ladrillo.


A subida entre árbores e o monólito da cima sóannos estrañamente coñecidos.

E agora xa escoitamos as explicacións de Miguel sobre os lugares. Estas son as Illas Estelas: A Estela de Terra e a Estela de Fóra. Por alí queda Punta Lameda, da que teño oído que fala o libro. Fixádevos nesa lancha que vai aí: para pasar por aquí hai que ir moi pegado á Estela de Terra, porque do lado de acó hai acantilados e só quen os coñece ben pode pasar, e moi despacio.

E unha e outra vez, a pesca. Con tristura comenta a frase dos pescadores: Empezou a entrar robaliza (ou sardiña, polbo, nécora, percebe...) e non deixei nin unha! Nós, os legais, somos os peores furtivos!

A punta que se ve ao fondo é Cabo Silleiro, e aínda seguen unha rochas que entran no mar. Alí, a tres cuartos de hora andando e nadando, é o lugar preferido de Miguel, que é percebeiro a pé e non pode ir en barco ata as illas. A miña confradía é a de Baiona. A eles non lles interesa Monteferro, e deixan as rochas de aquí para os furtivos.

Ao final, sesión fotográfica.

Agora tocan as despedidas. Volvemos a Panxón e alí, no bar en que Estévez comía unha ensalada, despedímonos pensando que leremos o ano que ven.

Felices vacacións a todo o mundo!


MATERIAIS PARA DESCARGAR

Como vós tamén vos portastes ben, merecédesvos estas presentacións sobre
A Praia dos Afogados. Pero... COIDADO!, aínda que ata agora nada do que contamos revela ningún dato importante da trama, nestes materiais si que hai moitos "escaralladoiros" (spoilers). Lede primeiro a novela e mirade as presentacións despois.
Tratan sobre os mapas, a música, a gastronomía e algúns lugares (xeográficos ou virtuais) relacionados coa novela. Picando (Ctrl. + Click) nas ligazóns ou nas iconas accederedes a Google Docs e alí, picando en Download, poderedes ver as presentacións ou descargalas no voso ordenador.



As iconas e os materiais tomados de internet para a presentación utilízanse só para fins educativas. Para pedir a súa retirada, enviar unha mensaxe a través do cadro de diálogo que aparece ao final deste post.
Recensión e materiais elaborados por Ramón Soler, profesor do Departamento de Filosofía e Biblioteca.