O TITORIAL DAS VIAXES DE ULISES

Primeiro adornamos a Biblioteca con tiras de cores da CDU diante do estante correspondente á cada sección. Unha banda marrón diante de enciclopedias e diccionarios, unha banda azul clariño diante de Filosofía, unha de cor vermello diante de Relixión, unha de cor verde diante de CC.NN etc….
Cando o curso chegou a Biblioteca explicouselle os códigos de cor da CDU , así como as diferentes seccións da Biblioteca : cómics, pelis. Deronselle indicacións para a busca no OPAC meiga do catálogo da nosa Bilioteca. Despois da pequena charla dixemoslles que tiñamos uhna sorpresa que viña de moi lonxe e que estaban agardanda na sá de profes.
A sorpresa eran dúas alumnas de 4º da ESO que están a estudar Cultura Clásica: Pilar Álvarez e Maria de la Fuente quenes viñeron da antiguedade para colaborar con nós nesta tarefa.
Co seu atuendo greco-romano explicáronlle aos rapaces e rapazas quen foi Ulises e como foi a súa travesía e peripecias polo Mediterraneo.
Para que fora máis ilustrativo elaboramos un mapa onde cada unha das paradas de Ulises correspondía a unha cor da CDU, de maneira que o mesmo tempo que aprendiamos sobre as desventuras da persoaxe mitolóxica tamén aprendiamos a identificar as diferentes seccións da Biblioteca.
Despois da pequena introducción viu o máis divertido: o xogo da busca de libros relacionados co mar en todas as seccións da biblio.
En grupos de tres ou catro persoas rapaces tiñan que facer unha busca exhaustiva dos libros, ben utilizando o OPAC Meiga no ordenador, ben facendo a propia busca na Biblioteca.
Para elo, Pili e María, as nosas invitadas, dispuñan dunha serie de pistas que ian proporcionando pouco a pouco a cada grupo.
Unha vez atopados os libros ( cada grupo tiña que atopar dous) dábaselles a pieza dun puzzle que representaba a Ulises. O xogo remataba se todos os grupos atopaban os títulos e o puzzle completábase.

AS VIAXES DE ULISES

A Formación de Usuarios deste ano contou coa colaboración do Departamento de Latín e eleximos unha temática que tiña que ver co proxecto da biblioteca: o mar.
Escollemos as viaxes de Ulises como fío conductor da sesión para alumnos de 1º da ESO. Se queres saber como foi a nosa viaxe preme aquí.

Para ver as pistas do xogo preme aquí.

“O DIARIO SECRETO DE ADRIAN MOLE” de Sue Townsend.

“O DIARIO SECRETO DE ADRIAN MOLE” de Sue Townsend.

TEMAS

1. MUNDO ADULTO

1.1. Nai/pai: relación con cada un e proxeccións personais.

1.2. Avoa: influencia na vida familiar

1.3. O señor Lucas: a figura distorsionadora.

1.4. O señor Bert Baxter: o xubilado inglés.

2. MUNDO ADOLESCENTE

2.1. O seu primer amor: Pandora. As súas primeiras experiencias amorosas.

2.2. Colexio: acoso (Barry Kent) e presión escolar.

2.3. Tanteando as perspectivas de futuro

2.4. Crítica ao mundo adulto: camiñando cara a madurez.

3. A IRONÍA E O HUMOR COMO EXPRESIÓN DAS PROBLEMÁTICAS SOCIAIS E PERSONAIS.


PRESENTACIÓN A VIDA SECRETA DAS ABELLAS

Picando nas imaxes podedes descargar unha presentación para o comentario (en Google Docs, picando en Arquivo-Descargar orixinal) e un titorial (en PDF) para preparar a lectura (este titorial vai orientado máis ben ao profesorado que queira preparar esta actividade en grupo).



TERCEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA: A VIDA SECRETA DAS ABELLAS


Inaguramos o ano 2012 coa terceira sesión do club de lectura na que falamos da novela de Sue Monk Kidd:
A vida secreta das abellas e a súa versión cinematográfica, a película de Gina Prince-Bythewood. Para saber máis preme aquí.

PRESENTACIÓN DO LIBRO "DOBLANDO LAS MATES" de Miguel Ángel Vidal Martín

O 20 de decembro do 2011 tivo lugar no multiusos de Redondela a presentación do libro do noso compañeiro Miguel Ángel Vidal Martín Doblando las Mates. No acto asistiron o concelleiro de cultura, a concelleira de cultura, Xosé Antonio Perozo en representación de Editorial e o debuxante Luis Alonso Villar. Se queres ver algunhas reseñas periodísticas e o vídeo preme aquí.

POWERPOINTS DOS SUBMARINOS POR 2º DA ESO

Despois de facer a busca documental os/as rapaces e rapazas de 2º da ESO elaboraron estes traballos.
VOLTAR

FOTOS PEPE CARREIRO

Moitos de nós quixemos que nos dedicara os nosos libros de lectura. E compartiu as súas personaxes máis populares.

VISITA PEPE CARRREIRO AO FLORIANI

O luns 7 de novembro, á segunda hora da tarde, visitou o IES Pedro Floriani Pepe Carreiro. Un debuxante, escritor e ilustrador, que ademais de crear "Os Bolechas", fixo unha morea de libros.
Veu ao instituto a impartir un obradoiro de cómic e a analizar e a falarnos sobre o libro Historia da lingua galega. Versión para xente madura. Contounos que o fixo o ano pasado e tamén nos comentou un resumo básico del.
Nós miramos con atención a facilidade deste artista. Debuxounos moitas cousas, a maioría eran personaxes do libro que escribiu; pero tamén nos debuxou a Zapatero, a Rajoy e a moitos máis. Nós propuxémoslle que intentase debuxar a Patricio, un personaxe dunha serie de debuxos animados, pois saíulle bastante ben.
Quedamos bastante abraiados ao ver como facía para idear eses personaxes con tan poucos trazos e a maneira de ver o mundo da caricatura.
Pasámolo bastante ben e, ao terminar o obradoiro, Pepe Carreiro asinounos os libros que trouxeramos para iso. Debuxounos a todos algún animal e asinounolo.
Xa me gustaría a min debuxar tan ben e rápido coma el... Ver máis fotos.Andrea Míguez Collazo 2º B de ESO

VISITA A EXPOSICIÓN “ A BIODIVERSIDADE AOS TEUS PÉS”

1. No mapa do concello de Redondela, localiza a zona na que vives e indica que hábitat ten asignado.
2. Que son as pradarias de seba? E cales son as especies típicas destas zonas?
3. Busca o nome de dúas especies típicas das chairas, un invertebrado e un vertebrado.
4. En que zonas do concello atopamos a marisma salobre?
5. Busca o nome dun alga.
6. Busca o nome científico de raposo, miñato, corvo mariño, gaivota.
7. Nome de dúas árbores autóctonas.
8. Cita unha árbore “ exótica”, non procedente de Galicia e que abunda.
9. Que son os corredores ecobiolóxicos e cal é a súa importancia?