Actividade realización de Algario e exposición algas e mar

Grupos participantes 1º bacharelato Ciencias e colaboración 4º ESO Ciencias

Sesións : 7 totais . 6 sesións en 1º Bach, 3 para realización do algario e clasificación das algas e outras 3 para a montaxe da exposición e una sesión en 4º ESO para montar parte da exposición.

Elaborouse información sobre os diferentes tipos de algas. Para saber preme aquí.

Bibliografia utilizada:
- Guía de macroalgas de Galicia. Ed Baía
- Guía de campo de la Flora y Fauna de las costas de España y de Europa. Ed Omega
- Artes de pesca da Ría de Arousa. Xunta de Galicia



algas doc

XOGOS POPULARES

A biblioteca colaborou co proxecto interdisciplinar: os xogos populares e tradicionais e facilitou bibliografía en colaboración co departamento de Educación Física. O resultado foi unha serie de fichas onde o alumnado compilou os xogos populares máis importantes: o pañuelito, as chapas, a comba, os bolos, o castelo de carozos e a carreira de carozos.

CHARLAS FILOSÓFICAS NA BIBLIO

O alumnado de 1º Bacharelato participou na biblioteca nunha serie de charlas filosóficas sobre os principais autores da historia da filosofía. Para ver máis a sesión dobre Platón e Aristóteles preme aquí. Para a sesión sobre Descartes, Hume e Kant preme aquí e para a sesión sobre Darwin, Freud, Marx, Sartre e Berkeley preme aquí.

MOBY DICK

Moby Dick é unha novela do escritor norteamericano Herman Melville (1819 - 1891) con gran contido filosófico. Os grupos de 1º de Bacharelato fixemos a actividade que agora vos presentamos nas materias de Lingua inglesa e literatura e Filosofía.


   Índice

1. A novela e os titoriais
2. Os personaxes
3. Os temas
4. A exposición
5. Descarga os materiais

XOGOS POPULARES

Poemas de ARTE na biblio

Charlas filosóficas - 4

4ª sesión: Darwin, Freud, Marx, Sartre e Berkeley
Existe o mundo que nos rodea? Ou todo sucede na conciencia?

Rematamos con dous científicos, Darwin e Freud, e dous filósofos, Marx e Sartre, da Idade Contemporánea,  e unha reflexión sobre o autor central do noso libro: Berkeley.
Nandi fai as presentacións: hoxe as nosas poñentes son Estela, Ana, Yasmina, Marta e Laura.

Darwin foi naturalista, teólogo, viaxeiro, escritor... Estela cóntanos a súa viaxe no Beagle que fixo cambiar as súas ideas e propoñer a doutrina evolucionista.
Para a súa investigación foron moi importantes as observacións que fixo sobre os bicos dos pinzóns e os descubrimentos recentes sobre os fósiles.
Tamén Freud foi un científico que cambiou a nosa concepción do ser humano. Ana explícanos as súas teorías sobre o inconsciente e a estrutura da personalidade: o Iso, o Eu e o Supereu.
Para concluír, uns exemplos sobre como facer interpretación dos soños.
Marx foi, xunto con Freud e Nietzsche, foi chamado filósofo da sospeita porque pensou que as leis que oprimen á clase traballadora son unha superestrutura que se constrúe sobre a base real da sociedade: o reparto inxusto da riqueza.
Marta resúmenos os detalles da súa vida e o seu compromiso coa loita revolucionaria.
É a quenda de Yasmina. Con ela coñecemos os cafés de París nos que os (E AS!) existencialistas de mediados do s. XX facían a filosofía na rúa sobre o significado da expresión ser humano.
Sartre e Simone de Beauvoir son dúas figuras representativas destas preocupacións que, hoxe en día, son centrais no noso pensamento.
Laura fai as despedidas por este ano.
O autor que Jostein Gaarder elixíu como centro de gravidade de O mundo de Sofía foi Berkeley e Laura explícanos por que, formulándonos preguntas que nos fan pensar e animarnos a repasar pasaxes desta obra que non é soamente moi enganchante senón que ademais é unha preparación excelente para a materia de historia da filosofía do ano que vén.



Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:


Charlas filosóficas - 3

3ª sesión: Descartes, Hume e Kant
Non vemos o mundo como é, vemos o mundo como somos

Descartes e Hume, principais representantes das escolas racionalista e empirista na Idade Moderna, mantiveron posicións extremas incapaces de explicar a nova ciencia ata que Kant, o filósofo da Ilustración, fixo unha síntese dambas.

As súas filosofías chégannos presentadas por Anxo Lois, Cynthia e Santi. Mestra de cerimonias, coma sempre, Nandi.

Anxo Lois introdúcenos ao pensamento cartesián, dualista e racionalista. A súa escola, á que pertencen Spinoza e Leibniz, fundamenta o éxito da ciencia de Galileo no método e a matematización.


Cynthia, pola súa parte, introdúcenos ao de Hume, representante da escola empirista, á que tamén pertenceron Locke e Berkeley. Os éxitos da ciencia de Galileo e agora tamén de Newton débense á observación, á experimentación e ao uso de instrumentos como o telescopio e outros.
A síntese dambas correntes fíxoa Kant, o autor que nos presenta Santi. Este autor decatouse de que hai unha diferencia entre o mundo tal e como é e o mundo tal e como o vemos; por exemplo: cando un obxecto cae por un plano inclinado nós vemos vectores e frechiñas que explican o seu movemento. Pero este autor non se ocupou só da ciencia natural: tamén foi un renovador da moral e do pensamento político na Ilustración.





Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes: