PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

S. JAUREGUIZAR: A rutina corsaria

Sipnose:

Expósito Vindeira leva quince anos de fareiro na illa Pancha, na bocana da ría de Ribadeo. Un día decide mudar a súa vida, porque está canso de subir e baixar por unha torreta e facer os mesmos cambios de sinais. Nace así o Capitán Thunderskin. A nova vida que pretende levar requirirá dunha vestimenta axeitada, dunha arracada na orella dereita, dun barco veleiro de iroso navegar, O Repoludo, e unha tripulación de corsarios, con quen viaxar ata atopar o seu soño: coñecer o máis importante e temido pirata de todos os tempos: Sir Francis Drake. A rutina corsaria é unha emocionante novela de piratas, enchida de toda a fantasía e sabedoría dos mellores relatos do xénero, nela hai anacronismos deliberados, pois conviven nesta odisea sereas, dragóns e criaturas fantásticas con teléfonos móbiles, supermercados e parques temáticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario