PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

S. JAUREGUIZAR: Comendo espaguetis diante da televisión

Sipnose:

As moscas axudan a descompoñerse aos mortos que quedan ao aire libre. As do grupo califórido depositan os seus ovos nos orificios naturais e nos pregamentos da pel; logo deixan o traballo ás do grupo sarcofaguino, que chegan atraídas polo recendo do cadáver e viven nel durante seis meses, é dicir, durante doce das súas vidas.

Debe ser estraño vivir nun cadáver e irse alimentando del, os homes tamén o facían coas baleas. Logo puxeron grandes casas para facelo; agora moitas desas casas están abandonadas porque se lles están acabando as baleas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario