MIGUEL HERNÁNDEZ
Os momentos máis emotivos foron cando Bea nos explicou as circunstancias en que escribiu Miguel Hernández as Nanas de la Cebolla: A elección deste entenrecedor poema, que oculta nunha fermosa cantiga de berce a crueldade da Guerra Civil española e a súa realidade, vén xustificada pola gran forza humana e o arrebato emocional que Miguel Hernández imprime nestes versos que configuran un poema cargado de gran riqueza léxica e sentimental.
Preme aquí para ler o texto escollido...
CELSO EMILIO FERREIRO
Andrea escolleu os textos de Celso Emilio:
- Longa noite de pedra: poema que transmite inquedanza pero sen deixar de ser fermoso.
- Espranza: transmite o apoio do autor ás persoas que loitaban pola liberdade na época do franquismo. Xera sentimentos mesturados de optimismo e tristura.
- María Soliña: Poema moi sonoro, semellante a un estribillo. Sinxelo pero bonito.
Preme aquí para ler o texto escollido...
JORGE LUIS BORGES
Moncho escolleu algúns textos do libro Los Conjurados, de Jorge Luis Borges. Un dos fíos principais do libro é a idea de que toda vida é unha secuencia de momentos grandiosos e insignificantes, racionais e absurdos, privados e cósmicos... e que todos eles teñen a máxima importancia para que o mundo chegue a ser o que é, para que cada quen cheguemos a ser quen somos. As contradicións gobernan a nosa vida, o asasino e o asasinado son imaxe un doutro no espello. O paso do tempo, como un río, goberna o que sucede. Cando cremos que somos quen de explicar o universo vemos que o único que facemos é atopar nel as nosas obsesións e prexuízos.
Os poemas escollidos foron:
Preme aquí para ler un dos textos escollidos...
CHARLES BAUDELAIRE
Víctor seleccionou un poema de Charles Baudelaire do seu libro Las flores del mal: El amor y el cráneo – VIÑETA ANTIGUA (nº 140).
Víctor di: "O poema chamoume a atención pola súa forma, pola sencillez dos seus versos e a facilidade da lectura destes. Comentamos cal é o criterio polo que, nun libro cheo de poemas, eliximos un determinado para comezarmos a lectura. A propia distribución espacial dos versos na folla é xa moi importante porque nos dá unha idea sobre o seu ritmo e sobre a súa estrutura".
Hajar recomendounos El palimpsesto, de Los Paraísos Artificiales de Baudelaire. Chamoume a atención o nome, “palimpsesto”, saber que é o que hai detrás deste título. Comentamos as voltas que dá o sentido. Efectivamente, moitas veces os palimpsestos son importantes polo que se trasluce neles, o que se ve tachado, por detrás, ou quizais reescrito por riba.

- Doomsday
- La trama
- Son los ríos
- La suma
- Alguien sueña
- Milonga del infiel
- 1982

No hay comentarios:
Publicar un comentario