Leticia e Raúl, unha parella tipo, anguriada polas continuas voltas de torca que ameazan a súa escasa estabilidade familiar, refliten o afogo dos menos afortunados, o mundo obreiro obrigado a loitar e sufrir todas as crises.«O operario da construcción lembra o que lle sucedeu. Sen nómina. Con muller. Con embarazo. Sen contrato. Sen futuro. Con abafo...».
Jaureguizar mestura diálogo, narración e crónica (comentario periodístico que inclúe unha explícita denuncia social) a través dun narrador interesado e contextualizadas por editoriais de prensa que condensan unha visión do mundo como productor de carnaza —obreiros— flotando nun mar de tiburóns famentos e avarentos. «Uns cen millóns de nenos no mundo viven e traballan na rúa...7,5 millóns de pícaros en todo o globo desempeñan empregos cualificados como de semiescravitude... A cidade máis rendible para practicar a mendicidade nas rúas en Asia é a capital de Tailandia, Bangkok».
No hay comentarios:
Publicar un comentario