PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

S. JAUREGUIZAR: A cova das vacas mortas

Sipnose:

Xoel e a súa nai, de orixe alemá, viven nunha comuna na aldea de Foxo. Soña con poder marchar e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda cando o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín. Trae consigo unha chea de fitas de cine e unha cámara super 8. O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar. Entre eles nacerá unha historia de amor enfrontado; Iria defende o dereito dos antigos propietarios de Foxo a recuperaren as súas propiedades e ademais representa a crítica ao nazismo e a calquera tipo de colaboración con ese réxime, mesmo a que mantiña o avó de Xoel ao axudar na filmación de escenas nazis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario