PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

1ª FEIRA DO LIBRO DO IES PEDRO FLORIANI

Durante os recreos do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro vimos de facer a 1ª Feira do Libro do IES Pedro Floriani. Previamente a Biblioteca recolleu material (libros, vídeos, CD, etc) que o alumnado e o profesorado doou para esta actividade ou ben fondos que os nosos usuarios estaban interesados en intercambiar.

E, para dar ambiente, compartimos o espazo co alumnado de 1º de Bacharelato. Neste posto, coa finalidade de xuntar cartos para a súa excursión a Londres, vendíase de todo: roupa, xoias, libros, CD, louza, etc.

O noso alumnado remexía procurando libros, vídeos ou CD que lles interesasen a eles ou para levar como agasallo aos seus pais.

E o noso profesorado, ademais de pensar neles mesmos, tentaban atopar algo de xeito para os seus fillos.

E o libro máis cotizado por ser lectura obrigatoria da 2ª avaliación, A coroa de Napoleón, foi intercambiado por Galván en Saor entre o Departamento de Lingua Galega e Noelia Amoedo de 1º de bacharelato (foto inferior esquerda, a do pano vermello); a cal vendeuno no seu “stand” a Alexandre Gil, un alumno de 2º da ESO (foto inferior dereita, o que le sen sacar as mans do peto) polo módico prezo de 3 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario