PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

BANDA DESEÑADA CON GOCHI NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE REDONDELA

O venres, 5 de outubro acudimos á Biblioteca Pública de Redondela, no Pavillón Multiusos da Xunqueira, a unha actividade para profes: Banda deseñada con Gochi.



Gochi (David Prieto) é un deseñador galego, creador entre outros do personaxe Trasmallo e principal impulsor da editorial Cerditos de Guinea:


A primeira parte do obradoiro tratou sobre os distintos ámbitos e xéneros de banda deseñada: Superheroes americanos, manga xaponés, BD franco-belga...


E na segunda parte explicounos os materiais que usan as/os profesionais do cómic para deseñar: Lapis, pinceis e rotuladores, gomas, tintas, tramas adhesivas...



Todo isto está recollido nun Manual de Emerxencia de Banda Deseñada que podedes descargar na web de Cerditos de Guinea, así que non deixedes de visitala!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario