PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

SESIÓN DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA PARA 1º BACHARELATO (FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN DOCUMENTAL)

Este ano fixemos a presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato en colaboración co Departamento de Filosofía. Tratábase de familiarizármonos co currículo lector de filosofía e de avanzar no usa das ferramentas MEIGA que xa coñeciamos de 4º ESO. Ao mesmo tempo, servía para que o alumnado que chegou ao centro o presente ano coñecese este punto vital que é a biblioteca.

Primeiro lemos e comentamos as normas da biblioteca e o sistema de clasificación CDU.

A continuación descargamos a base de datos do itinerario lector de filosofía na páxina web do centro.

Despois aprendemos a buscar por autoras/es, títulos e materias nas diversas ferramentas: a base de datos de filosofía, o OPAC do público e o OPAC da Rede de Bibliotecas.

Hai que fixarse no localizador do fondo que buscamos...

...e atopalo nos carteis da biblioteca.

O número 1 e a cor marrón son de filosofía.

Pero tamén hai obras do itinerario en...
...narrativa: 82=134.4 en galego, 82=134.2 en castelán
...cómics: 82-36
...antropoloxía: 591.5
...historia da ciencia: 50(091)
...literatura clásica: 87
...(por suposto) películas: 791.43

No hay comentarios:

Publicar un comentario