A presentación da biblioteca para o alumnado de 1º da ESO, novo este ano no centro, fixémola coa axuda de SIMBAD, O MARIÑEIRO, que nos acompañou nesta aventura, Sucando os sete mares.
Ven con nós e participa tamén. Pica nas fotos se queres velas ampliadas, ou no cofre:se queres descargar materiais (Ao final hai un resumo para o profesorado).
1. Presentación da biblioteca
Ao chegarmos, recibimos un agasallo: o marcapáxinas da biblioteca. Despois sentámonos.
A continuación, limos con Pilar as normas da biblioteca e comentámolas.
A biblioteca está dividida en seccións e cada unha ten un número da Clasificación Decimal Universal (CDU):2. Os enigmas do cofre do pirata
(Formación de usuarios / Educación documental)
Agora comeza a aventura! Nun recanto hai un cofre cheo de enigmas, abandoado por un vello pirata.
Achegámonos a ver que contén: Un rolo de pergamiño e sete cartas con enigmas que prometen viaxes e emocións!
Lemos o pergamiño.
Cada un dos sete grupos, cos nomes dos sete mares, nos que onte dividimos a clase deberá resolver un enigma, buscando as obras nos andeis ou buscando a información en fontes fiables de internet.
Cando o consigamos dirémoslle a resposta a Pilar e se é correcta daranos un dos nosos barcos.
Pegaremos o barco no noso mar e iremos coller outro enigma no cofre.
Á abordaxe!!!
Comeza a busca. Quen creou o persoaxe Corto Maltés? Cales son as últimas palabras do capitán en Trazo de Tiza? Termos que lembrar onde estaba a banda deseñada.
Álvaro Cunqueiro sobre Simbad? Vázquez Montalbán sobre os mares do sur? Acolá resopran as seccións de Literatura Galega e Literatura Castelá. Coidado, corsaria, detrás de ti!
- Por que non aparecen os libros de Francisco Castro?
- Estará na sección de Literatura Xuvenil?
- Aquí! A resposta é Chamádeme Simbad!
- Xa temos o primeiro barco!
- Si. É que os capítulos da Ilíada chámanse "Cantos".
- Moncho, a Galipedia é unha fonte fiable?
- Normalmente si, pero sempre con coidado.
- A ver se poñendo Simbad o mariñeiro...
- Mira, As mil e unha noites! Pica aquí!
- Pero tamén pregunta quen é a narradora.
- Douvos unha pista: Fixádevos no pé da foto.
Vamos contar os barcos!
- Nós somos quen máis temos! Seremos as primeiras en facernos fotos cos chapeus!
- Xa se acabou?
- Son sempre así as actividades da biblioteca?
-Cando hai máis?
3. Materiais para o profesorado
Todos os materiais tomados de internet utilízanse soamente con finalidade educativa e, para solicitar que se retiren deste blog, basta con indicárnolo nun "comentario" na caixa de diálogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario