As letras hispánicas están de noraboa xa que o premio Nobel de literatura foi concedido este ano, 2010, a Mario Vargas Llosa, que se une así a unha longa lista de persoeiros latinoamericanos gañadores do premio pola súa contribución á literatura (Octavio Paz, Gabriela Mistral, García Márquez e outros), á loita pola paz e os dereitos humanos (Rigoberta Menchú ou Adolfo P. Esquivel, etc.) e ao desenvolvemento das ciencias (como A. Houssay).
Mario Vargas Llosa, escritor peruano nacionalizado español, foi quen de escribir cunha voz propia en castelán servíndose de distintos subxéneros (novela, teatro, ensaio, artigos xornalísticos…), botando unha mirada directa e mostrando sen pexas esa abrupta realidade que nos rodea, facéndonos partícipes do que acontece, evitando que pasemos sen decatarnos ollando cara a outro lado. Comprometido e compromentendo co noso mundo. Noraboa.
Picando na fotografía podedes acceder á súa páxina persoal en internet, e máis abaixo podedes ver algunhas fotografías de portadas das obras súas que temos na biblioteca do noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario