PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
AS MOCHILAS VIAXEIRAS... COMENZAN A SÚA VIAXE
En 1º e 2º da ESO comezan a viaxar as mochilas. E este ano van un pouquiño máis cargadas! Cun libro para a xente pequena da casa, con dous para as nais e os pais e tres para nós, con revistas con temas variados para xente xove (e unha é en inglés!), con películas para vermos xuntas/os, con cómics para todo o mundo, cunha noveliña en inglés e outra en francés (faciliñas, ei?) e cun libro sobre Redondela ou unha guía de viaxe de Galicia.Esta é unha das actividades máis bonitas da biblioteca. Chegamos coa mochila a casa e vemos o contido. Só podemos botar unha olladiña a tantas cousas, pero lemos algo, vemos a peli, folleamos por aquí e acolá... Despois escribimos na libreta da mochila as nosas impresións, o que nos pareceu mellor, o que propoñemos que se cambie (e por que) e o xeito en que lemos na casa. E o luns pedimos prestado na biblioteca o que máis nos gustou e recomendámosllo á xente que coñecemos.Boa viaxe!
Ben surtidiña :-)
ResponderEliminarsalgo con cara de compunjida T_T
ResponderEliminarP.s.:soi la de arriba