PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

SESIÓN DE FORMACIÓN DE USUARIOS COS PROFESORES

As/os profes tamén aprenden

No IES Pedro Floriani estamos dedicando algúns recreos a formarnos como usuarias/os de MEIGA.
Todo mundo que utilice o programa ten que aprender a prestar e devolver libros, buscalos na base de datos por título e/ou por autor/a, localizalos nos andeis e detectar erros na ficha ou na localización.
Outras tarefas están divididas: Dar de alta e borrar rexistros, catalogalos coa CDU e Materias da nosa biblioteca para facilitar a busca en OPAC, organizar o expositor e a caixa das novidades, ordear as revistas, cómics e prensa...
E todo o mundo colabora nas actividades de animación: mochilas, clubes de lectura, presentación da biblioteca, etc.
E, por fin, todo o claustro participa na HORA DE LER.

Moncho , o coordinador, explícanos as características do programa, aínda que hai xente que xa as coñece porque traballou na biblioteca en anos anteriores, neste ou noutro centro:


Mercedes, Lily, Rosa, Sira, Vitorio (e Susa e Antón detrás de Vitorio, e Elena, que saca as fotos) buscan un libro na base de datos. Algún criterio que non hai que esquecer? SI: Sempre mellor datos de menos que de máis. E buscar por "Texto e frase" salvo que saibamos moi claro o que buscamos.

Marga, enMEIGAda:


Mercedes e Rosa encárganse da catalogación:

Susa e Sira fan préstamo nos recreos. Pero unha parte fundamental do seu labor é manter a biblioteca ordeada, renovar o expositor e a caixa de novidades e facilitar o acceso á prensa, as revistas e os cómics:

E, sempre, ATENCIÓN AOS NÚMEROS DA CDU, tanto ao buscar como, sobre todo, ao devolver os fondos aos andeis!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario