O luns, 9 de maio celebrouse no CEIP de Santo Paio de Abaixo o III Encontro das Bibliotecas Escolares e Municipais de Redondela.
Tratáronse moitos temas, entre os que destacamos a elaboración dunha proposta de lecturas para verán, que entregaremos ao noso alumnado e as familias a final de curso. Como liña de traballo interesante, a continuación do traballo de formación do profesorado no eido da banda deseñada comezado xa na sesión con GoChi a principio deste curso.
Tamén consideramos a desregulación que existe sobre a situación administrativa do traballo de
biblioteca, que non está recoñecido como pode estalo o de titoría ou xefatura de departamento, e sobre o que convén informar aos claustros para participar en iniciativas que soliciten este recoñecemento.
Manifestamos o noso agradecemento a Amparo, coordinadora da BE de Santo Paio de Abaixo, coordinadora desta reunión e amabilísima anfitrioa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario