PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

SALVANDO LIBROS - DIA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas 2011 participamos na actividade de Bibliotecas Escolares Salvando Libros. Moitos dos centros de ensino de Galicia e moitos persoeiros da nosa cultura eliximos cadanseu libro para salvar, indicando o motivo e seleccionando un fragmento para memorizar, como fan os Homes-Libro (e mulleres!) de Fahrenheit 451, a novela de Ray Bradbury.

No IES Pedro Floriani salvamos dúas obras: Os dous de sempre, de Castelao, na ESO e Na noite estrelecida, de Ramón Cabanillas, en Bacharelato.




Aquí podedes ver ao alumnado de 1º Bach. recitando o seu "fragmento salvado":



Con todo o material dos distintos centros fíxose unha exposición virtual que podedes consultar en ISSUU:



Queremos agradecer a Jaime Eizaguirre Santillán a elaboración dos cartaces e a todas as persoas que colaboraron con Bibliotecas Escolares para facer posible este traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario