PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CLUB LECTURA MIXTO 5ª SESIÓN: METAARTE

O mércores 16 de marzo reunímonos o clube de lectura co fin de analizar a obra de Ken Follet titulada Os alicerces da Terra.


A nosa xuntanza comezou cunha breve presentación que sintetizaba dun xeito claro os elementos fundamentais da novela: a etapa histórica na que se sitúa a trama, os personaxes da novela xerarquizados atendendo os distintos grupos sociais, as relacións que manteñen entre eles, o proceso de construción da catedral e, finalmente, fixemos fincapé nuns cantos conceptos arquitectónicos de importancia para comprender o estilo gótico ao que pertence a catedral erixida.

Deseguido, visualizamos unhas oitos escena significativas da serie televisiva baseada nesta novela de Ken Follet, o cal permitínuonos iniciar un debate moi enriquecedor. Así comezamos analizando a impresión que a serie creou naqueles que leron o libro, pois amosáronnos que a serie dá moita axilidade á trama argumental reflectida na novela; mais deixa algunhas cuestións peor tratadas, tal é o caso do simplismo co que Alfred ou o Bispo Waleran aparecen retratados na serie, ou ben o maior peso que a cuestión de sucesión dinástica ten na novela fronte a serie.

Por outra banda, a nosa compañeira Andrea resaltou a importancia da novela e, principalmente, da serie para comprender a organización e a estructuración da sociedade medieval (pobo, nobres e clero) e tamén para visualizar o proceso de construcción das catedrais góticas e as súas características arquitectónicas.

Os comentarios sobre a novela e a serie foron nutridos, pero acabaron derivando noutras cuestións moi interesantes, pois estableceuse unha comparativa con outras novelas do mesmo estilo como foron O nome da Rosa de Umberto Eco, O médico de Noah Gordon, A Catedral do Mar de Ildefonso Falcones ou A man de Fátima do mesmo autor. Este último libro permitiunos abordar o tema das relixións. En xeral, obras de novela histórica, como a que actualmente se anuncia: Una diosa para el rey, de Mari Pau Dominguez, son recomendables, se ben non deben lerse acriticamente.

Terminamos esta entrada do noso blog facendo unha valoración positiva do noso último encontro literario e cinematográfico sobre Os alicerces da Terra; mais tamén concluindo, como ben destacou Moncho, que os lectores actuais somos máis críticos á hora de analizar as producións cós meros consumidores de televisión, o que se nota na imaxe máis piadosa e comercial que a serie dá do Bispo Waleran.


MATERIAIS para descargar
(Preme Ctrl. + Click para abrir a ligazón sen perder esta páxina)

Presentación: Trama, personaxes, conceptos arquitectónicos.
Wikipedia – Artigo sobre a serie de televisión cunha comparación coa novela moi precisa e documentada


Guión de man para a/o monitor/a con datos históricos, resumo e motivación para o comentario:


Resumo minutado dos 4 DVDs para visualizar nuns 40 min. aprox.:


Todos os materiais son utilizados soamente con fins educativos. Para solicitar a súa retirada do blog pódese facer a través do cadro de diálogo "Comentario", ao final deste artigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario