Como este ano coincidiu o Día do Libro en sábado e en plena Semana Santa, o Equipo de Biblioteca decidiu desenvolver a Semana do Libro xusto á volta das vacacións e xa descansadiños.
Así que do 26 ao 29 de abril, durante os recreos e na entrada principal interior e exterior do centro Tod@s Lemos. E o noso alumnado apreciou os nervios lectores dos seus profes de matemáticas, educación física, FOL, filosofía, música, historia, latín, inglés, francés, castelán, galego... e mesmo o conto Zen co que nos deleitou a orientadora do centro.
Ademais, tivemos o inmenso pracer de escoitar a lectores expertos: dous pais, unha nai e unha marabillosa avoa. Impresionante foi o discurso “Gloria” de Castelao do pai Eduardo Reguera (Concelleiro de Cultura), profesionalísima a dobre recitación (literaria e pedagóxica-divertida) de “Campanas de Bastabales” do pai Roberto Darriba , sentida a lectura de “Deitado frente ao mar” da nosa querida presidenta da ANPA Flora Álvarez e fascinante exemplo de literatura popular oral o da avoa Purificación Placer.
Desde o Equipo de Biblioteca dámoslles calorosamente as grazas aos profes pola súa colaboración. Aos marabillosos pais/nai e á avoa, alén da nosa gratitude, queremos comunicarlles a pedagóxica envexa que nos transmitiron; envexa do ben que len e recitan, pedagóxica por ser motivadora da nosa superación recitadora/lectora en vindeiras xornadas.
Martes 26 de abril
Eduardo Reguera (pai de alumno e Concelleiro de Cultura de Redondela). Discurso Gloria de Castelao.
Purificación Placer (avoa dunha alumna). Recitou contos e romances populares.
Mércores 27 de abril
María Fontela (profesora de Lingua Castelá). El mal de Montano de E.Vila-Matas e Ácido sulfúrico de A. Nothomb.
Mercé Barrientos (profesora de Educación Física). Galicia, Galicia de Manuel Rivas.
Cocha Pazos (orientadora do centro). O valor das cousas, unha historia zen.
Andrea Moreno (profesora de Historia). Muerte de Antonio Camborio de Federico García Lorca.
Xoves 28 de abril
Victoriano Cabaleiro (profesor de inglés). The Call of the Wild by Jack London.
Rosa Ligero (profesora de Lingua Galega) As mil e unha noites.
Sira Salgueiro, Susa Cortegoso e Pilar Sáenz (profesoras de FOL, Latín e Francés). Un millón de vacas de Manuel Rivas.
Lorenzo Suárez (profesor de música). Prosa del observatorio de J.Cortázar.
Venres 29 de abril
Roberto Darriba (pai de alumna) Campanas de Bastabales de Rosalía de Castro
Flora Álvarez (nai de alumno e presidenta da ANPA). Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro.
Margarita Tovar (profesora de Historia). A marquesiña de Cousas de Castelao
Ramón Soler (profesor de Filosofía e coordinador da biblioteca). Las filofábulas de Miquel Piquemal.
Alberto Callejo, Fátima Estévez e Rosa Armesto (profesores de Química e Matemáticas). El hombre que calculaba de Malba Tahan
No hay comentarios:
Publicar un comentario