O 11 de maio pola tarde, o alumnado de PROA estivo a traballar a prensa na Biblioteca. O seu profesor e a Dinamizadora de Biblioteca explicáronlles as distintas seccións nas que se divide un xornal e preguntáronlle sobre os nomes dos xornais que coñecían e sobre as seccións que máis lles gustaban.
Case todos se interesan polos DEPORTES, aínda que hai algún que le os SUCESOS e mesmo as NECROLÓXICAS. Coñecen máis os xornais deportivos, os galegos e da zona (Marca, As, La Voz de Galicia e o Faro de Vigo), pero hai quen ten máis bagaxe xornalística (Xornal, El País e El Mundo).
Despois de ter claro as cinco preguntas que un bo xornalista debe contestar na súa noticia (Que?, Cando?, Onde?, A quen? e Por que?), só nos queda facer nós mesmos de xornalistas e redactar a nosa propia noticia. Pero, como o tempo bótasenos enriba, rematarémola na casa e traerémola o próximo venres á clase para ver quen ten certamente madeira de xornalista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario