O IES P. FLORIANI CELEBRA NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE REDONDELA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil, o alumnado de 3ºESO B e 1º PDC do IES Pedro Floriani realizou unha lectura pública na Biblioteca Pública de Redondela. Seguimos aunando esforzos despois xa dalgúns anos de colaboracións. Pretendimos reunir a reflexión e a emoción cunhas lecturas á vez clásicas pero moi de actualidade: O ruiseñor e a rosa de Oscar Wilde, conto sobre a pureza do verdadeiro amor, e Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, reflexión filosófica sobre un mundo condenado a ser feliz sen libros, desprovisto da lectura que provoque calquera forma de pensamento crítico.
Elena, a bibliotecaria da Biblioteca Municipal, contounos anécdotas sobre a publicación de ámbalas dúas obras literarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario