Sumámonos a tan importante conmemoración a través das seguintes actividades:
EXPOSICIÓN FAHRENHEIT: QUE LIBRO SALVARÍAS?
Aventurámonos a pensar nun sórdido mundo sen libros e, reflectindo a temática de Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, escollemos o libro que salvariamos e xustificamos a nosa elección. Para que os demais saiban dos nosos gustos, penduramos as nosas opinións nun taboleiro-expositor da Biblioteca.
Nestas imaxes podedes ver con detalle os libros que os nosos alumnos salvarían:
CERTAME: I CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
O alumno Daniel Domínguez Rodríguez (2º Bach. Tecnolóxico) foi o gañador do certame que vén de convocar o Equipo de Dinamización Lingüística; o concurso consistiu no deseño de polo menos unha páxina dunha banda deseñada de creación orixinal e de temática e deseño libre. O premio consistiu nun cheque de 75 euros a gastar en material nunha libraría do noso Concello e fixo entrega do diploma a presidenta da ANPA.
OBRADOIRO CO ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO
O venres 1 de abril o Club de Lectura de 4º de ESO recibiu a visita de Abraham Carreiro. Co ilustrador de Contos que len outros nenos do mundo aprendemos técnicas para a creación de personaxes, obxectos e situación que podemos utilizar na comprensión visual dos cómics ou mesmo empregar nas nosas futuras creacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario