PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

ACTIVIDADE DE BUSCA E FOMENTO DE LECTURA EN BIBLIOTECAS DIXITAIS EN 2º DA ESO

O martes 23 de marzo o alumnado de 2º da ESO levou a cabo unha actividade cuns claros obxectivos: coñecer o manexo de diversas bibliotecas virtuais e localizar nelas textos pertencentes aos diversos xéneros literarios.


Nun primeiro momento, comezamos identificando as características básicas dos tres grandes xéneros literarios (narrativo, lírico e dramático) e recoñecendo a importancia de distinguilos para poder facer, posteriormente, unha busca de textos nas bibliotecas virtuais.



Unha vez superada esta fase, introducímonos xa no manexo de dúas bibliotecas dixitais, citadas deseguido, ao tempo que fixemos unha comparativa do funcionamento destas novas bibliotecas co das bibliotecas tradicionais.

O último punto deste proceso consistiu nunha actividade de localización e comprensión textual. Deste xeito, os alumnos tiveron que localizar o conto El Eclipse de Augusto Monterroso na Biblioteca Ciudad Seva. Así que este foi o momento de pór en práctica todo o aprendido até este momento.



  1. Entrar na Biblioteca Ciudad Seva.
  2. Buscar o texto, atendendo ao xénero e ao subxénero literario pertencente.
  3. Posteriormente, localizar ao autor e o relato.
  4. Deseguido, ler a versión dixital de “El Eclipse”.
  5. Finalmente, responder as seguintes cuestións:
a.A que xénero literario pertence o texto? Xustifica a túa resposta.
b.Quen son os personaxes?
c.En que época se sitúa a historia? Aporta datos do texto para xustificalo.
d.En que lugar se sitúa a trama? Aporta datos que amosen a veracidade da túa resposta.
e.Indica por que intenta salvarse o protagonista e por que fracasa.
f.Resume o argumento do texto anterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario