LOGO DE PARTICIPAR NO CONCURSO DA REBORAINA DÚAS ALUMNAS DE 4º B DE ESO OBTEÑEN PREMIO

Dúas alumnas do noso instituto obteñen premio no concurso de narrativa DA REBORAINA, organizado polo colexio Santo Paio de Abaixo de Reboredo na súa 13ª edición.

Patricia Luis Figueroa obtivo o segundo premio na categoría de ESO (150 euros) e Aída Darriba Fernández o terceiro premio na mesma categoría, ambas as dúas de 4º B de ESO.

Os nosos parabéns ás escritoras e que a sorte as acompañe en vindeiros certames.

A continuación podes ler a noticia publicada en prensa (Faro de Vigo, 12-4-2011) do fallo do concurso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario