PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

LOIS PEREIRO

Feito por Nerea Fernández Ramos e Andrea Vilaboa González (4º A de ESO)

Nacido en Monforte de Lemos (1958), de familia procedente do Incio (Lugo). Estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con cinco anos.

Tras rematar o COU , marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Ao cabo duns anos regresará a Madrid a estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.

Cara 1981 marcha vivir a A Coruña, onde se une á revista La Naval. Entrará en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane e Francisco Salinas, participando en varias antoloxía como De amor e desamor I (1984)e De amor e desamor II (1985).

En 1983 e 1987 viaxou por Europa xunto con Fernando Saco. Traballou como tradutor de alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema, tanto convencional como porno.

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 e Poesía última de amor e enfermidade (1995)

Doente de SIDA, faleceu en 1996 a causa do envelenamento por aceite de colza desnaturalizado, o mesmo día que se coñeceu a sentenza.

No ano 1996, ano da súa morte a mans da SIDA, saíu á luz, postumamente, Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica cunha cíclica historia universal da infamia, publicado no número 27 de Luzes de Galicia, revista na que colaborou activamente.

O 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de dedicarlle a Día das Letras Galegas no 2011.

Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse», reclamaba na Modesta proposición. Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemarios e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.

Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995. Obra que fará de Lois Pereiro un autor de referencia na literatura galega. En palabras do propio autor: “é produto de case catro anos de vida, pero escrito en menos de seis meses. Supoño que no meu interior había unha necesidade de expresarme, de expresar non só eses catro anos, senón os 37 case 38 xa que teño, e de aí viña esa urxencia. E por iso o título do libro é un pouco esa busca de contradición, entre as palabras, entre as sensacións, e de que todo forma parte da vida, tanto o amor como o sufrimento, como a morte, como o desexo,… o libro divídese en tres partes, só 2 poemas ao principio escritos no ano 92, un longo silencio ata o ano 95, e vou intentar explicar o que houbo neses espazos de silencio…”


Poemas 1981-1991. Poesía do amor e da morte, da experiencia núa, da contundencia, da fatalidade, do sufrimento; son poemas cheos de vitalidade. É poesía inquieta, que invade e nos emociona. A poesía clásica dos tempos modernos, poemas sempre actuais, eternos.



1 comentario: