PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Maleta de lectura - Departamento de Filosofía

Que hai para ler?

As seguintes consideracións están suxeridas pola estética do libro O desexo de ler, de Víctor Moreno, que lembra a dos deseños de John Tenniel para os libros de Alicia de Lewis Carrol. A lóxica e a estética, pontes de unión entre filosofía e matemáticas, servirannos para atopar lecturas filosóficas no catálogo da biblioteca
(Se queres saltarte “todo o rollo”, ao final hai un resumo).

Preguntámonos:
Que hai para ler...?
...de filosofía?
...que teña que ver con filosofía pero que non sexa filosofía?
...que teña que ver con outros saberes?
...e como atopalo na biblioteca?


Buscamos no Currículo Lector de 1º Bach.

Comecemos polo currículo lector de filosofía de 1º Bach. No Floriani temos nel moitas obras de Platón, Aristóteles, Descartes, etc., pero outras están escritas por escritoras/es non consagradas/os como filósofas/os, como G. Orwell, M. Crichton, J. Boyne... Como podemos saber as obras que hai dun e outro grupo na biblioteca? A través do buscador MEIGA. Preme a tecla “Control” e pica aquí e abrirase a páxina do noso Centro na Rede de Bibliotecas de Galicia. Nela poderás buscar fondos na nosa base de datos indicando o tipo de busca (Buscar por), o campo (En) e o texto de busca (nun cadro en branco). Estes conceptos básicos están explicados no blog e na páxina web.

Para buscar obras de filósofas/os, por exemplo, de Platón fai a seguinte busca:
...Buscar por: Frase ou texto // En: Autor // (Criterio de busca): platon

Escribe sen tiles, xa que o buscador funciona mellor así. Picando aquí obtés o resultado sen que teñas que teclear todo. Ves que aparecen varias obras e que a Localización é 87/PLA. Isto quere dicir que están no andel de Literatura Clásica, correspondente ao número 87 da Clasificación Decimal Universal (CDU). Proba o mesmo con Aristóteles. Descartes, porén, está localizado en 1/DES. No número 1 temos as obras das/os principais filósofas/os (excepto as/os da Grecia Clásica).

Para atopar narrativa filosófica fai a busca:
...Buscar por: Lista alfabética // En: CDU // (Criterio de busca): 1(82)

ou pica aquí. O nº 1 da CDU corresponde a filosofía, o 82 a literatura e os parénteses indican a forma da obra, de xeito que 1(82) significa Filosofía en forma de literatura.

Ao facermos a busca por Lista alfabética atopamos todos os fondos nos que o código CDU comeza por 1(82), pero se buscásemos por Frase ou texto (pica aquí) atoparíamos máis libros. A razón é que agora aparecen non só os que empezan por 1(82) senón todos os que teñen a secuencia 1(82) na CDU, e isto inclúe o número 51(82), que podemos ler Matemáticas en forma de literatura porque o 51 é o código das matemáticas.


Máis cousas de filosofía para ler

Por exemplo, cómic e libro xuvenil ilustrado, como a colección Documentos Ilustrados, con títulos como Anarquismo para principiantes, Freud para principiantes, etc. Podes buscalos polo nome da serie:
...Buscar por: Frase exacta // En: Serie // (Criterio de busca): documentales ilustrados

Isto é difícil se non o coñeces o nome da colección de antemán, así que podes buscar no título a frase para principiantes:
...Buscar por: Frase ou texto // En: Título // (Criterio de busca): para principiantes

Agora o malo é que aparecen títulos que non son deste tema. Proba esta solución:
...Buscar por: Lista alfabética // En: Materia // (Criterio de busca): comic

Así aparecen todas as combinacións de materias que empezan por COMIC, e podes elixir algunhas nas que quizais non pensaras, como COMIC PSICOLOXÍA e outras. É esta solución perfecta? Non, porque a palabra COMIC podería non estar ao principio (como en ANTROPOLOXIA COMIC). O mellor é sempre coñecer moitos criterios e facer a busca de varios xeitos.


Pelis

No currículo de filosofía temos tamén películas. Para buscalas, suxerímosche que busques por materia (ética, filosofía, psicoloxía, socioloxia...), que a continuación fagas o Desglose por soportes, idiomas e seccións e que finalmente piques en Audiovisuais (non podemos poñer unha ligazón directa a ese resultado: tes que ir picando ti nas opcións).

Aquí si que temos unha opción mellor: a busca avanzada. Con ela podes “cruzar” criterios de busca, como
Tema: psicoloxia // Soporte: 4. Películas, vídeos, etc.

(Aquí tampouco podemos poñer unha ligazón directa).


Resumo

Resumindo, fixemos as seguintes buscas:

Formación de lectoras/es no blog
Formación de lectoras/es na web da biblioteca

Buscador MEIGA
Busca avanzada

Obras de Platón
Obras de Aristóteles
Obras de Descartes

Narrativa filosófica
Narrativa filosófica ou matemática

Serie "Documentales ilustrados"
Obras "...para principiantes"
Criterios que inclúen "cómics"

Pelis (desglosar: Audiovisuais) sobre ética, filosofía, psicoloxía, socioloxía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario