PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CLUB LECTURA 4º ESO. 3ª SESIÓN: A IMAXE E A PALABRA

Nesta terceira sesión do club de lectura introducimos @s clubeir@s no mundo do cómic. Nun power point ollamos os elementos que os debuxantes empregan á hora de crear unha banda deseñada e mesmo como facer nós un cómic cuns poucos elementos básicos de debuxo.



Aproveitando que leron Maus na sesión anterior do club (podes premer aquí para ler máis), analizamos as características visuais deste libro. Preguntámonos porque o autor empregou un debuxo tan sinxelo e que finalidade oculta. Deducimos que imaxe e texto están fortemente vencellados, de aí que caracterice aos personaxes en animais tentando simbolizar a través das cualidades destes (porcos, gatos e ratos) a problemática social da época (polacos, nazis e xudeus).




Unha temática tan comprometida impide un debuxo realista e promove a sinxeleza do trazo para non entrar en competencia coas profundas reflexións que xera a temática social desta banda deseñada.

Feito por Santiago Piovene (4º ESO B)


Hai unhas semanas a profesora de Historia Andrea Moreno falounos da Segunda Guerra Mundial.

Recomendounos ler un libro, chamado Maus, que trataba deste tema, dos nazis e de Hitler, un ditador alemán que acabou coa vida de un millón de xudeus. Os personaxes do cómic eran animais, cada un representando a unha determinada raza ou grupo social, por exemplo: os xudeus viñan representados como ratas, os nazis como gatos, os polacos, como porcos, etc.

Uns días despois, veu a profesora de plástica Liliana Vázquez, cunha presentación no ordenador, foinos ensinando como facer un cómic, explicando ata o máis mínimo detalle. Deunos algúns consellos e tácticas e ofreceuse a axudarnos persoalmente a facer algún.


O que me pareceu máis importante foi a charla da 2ª Guerra Mundial, xa que non se estuda con tanto detalle na ESO e é un tema bastante importante e fainos reflexionar sobre algunhas cousas, que aínda seguen pasando agora no mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario